11.06.2025-11.07.2025
O Grupo Quevedo organiza o Congreso Internacional 'Las tres musas últimas de Quevedo', que se desenvolverá na Sala de Graos da Facultade de Filoloxía os días 6 e 7 de novembro. Intervirán especialistas de universidades españolas e estranxeiras (Italia, Francia e Estados Unidos), que disertarán sobre unha das partes menos coñecidas e estudadas da lírica quevedesca: a segunda edición póstuma promovida polo seu sobriño, Pedro Aldrete, e publicada en 1670.
O encontro científico forma parte das actividades de difusión programadas no proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación e titulado 'Edición crítica y anotada de la poesía completa de Quevedo, 2: Las tres musas', cuxo período de execución remata en 2026.