Por Pamela Cabarcos, do Incifor
Enmarcada na actividade transversal Reactiva a túa Química, o 3 de decembro na Facultade de Química terá lugar a conferencia ‘Sexo, drogas e saúde: a verdade sobre o ChemSex’ impartida por Pamela Cabarcos Fernández, investigadora do Incifor.
A conferencia, ás 13.00 horas na Aula Magna da Facultade, está recoñecida con 1 crédito ECTS ao estudantado dos Graos en Química, Bioloxía, Biotecnoloxía, Enxeñaría Química e Farmacia.
Licenciada e doutorada en Química pola USC, posúe o título de doutora europea con premio extraordinario. Bolseira da Fundación Segundo Gil Davila durante a súa etapa predoutoral no INCIFOR da USC, realizou varias estancias internacionais na etapa pre e posdoutoral.
Desde 2010 é investigadora do INCIFOR, onde realiza a pericia xudicial xunto con labores de investigación no campo da Toxicoloxía Forense. Autora de máis de 40 publicacións científicas e coautora de varios capítulos de libros científicos, coordina a sección de Toxicoloxía Forense da Asociación Española de Toxicoloxía (AETOX).