Skip to main content

Relatorio ‘Análise da complexidade do tecido urbano a partir do caso de Madrid’ Seminario de Futuros Urbanos

12.03.2025 | 18.30h

Santiago de Compostela
Sala de Xuntas do Decanato

A sesión será na Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite
A sesión será na Facultade de Xeografía e Historia. Foto: Santi Alvite

O Seminario de Futuros Urbanos do Idega desenvolve o mércores 3 a súa sexta edición co relatorio de David García titulado ‘Análise da complexidade do tecido urbano a partir do caso de Madrid’, que será seguido por unha discusión aberta a todas as persoas presentes. A sesión será ás 18:30 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.

David García Álvarez é  xeógrafo e profesor axudante doutor do Departamento de Xeografía da Universidade Complutense de Madrid. Previamente traballou nas Universidades de Granada e Alcalá de Henares e no Joint Research Centre da Comisión Europea. As súas liñas de investigación céntranse na análise e modelización do cambio de usos e coberturas do solo, especialmente en espazos urbanos; a análise espacial de dinámicas urbanas contemporáneas, como os procesos de turistificación;  e o ensino da xeografía en niveis universitarios e preuniversitarios.

The contents of this page were updated on 12.02.2025.