Skip to main content

Dispoñible a edición 2025 de Journal Citation Reports

O informe anual de Clarivate, que analiza o impacto das citas académicas nas revistas científicas, xa está publicado cos datos correspondentes ao ano 2024. Entre as novidades desta edición destaca o cambio á hora de xestionar as retractacións para protexer o JIF de posibles distorsións.

Read more

Horario de verán na BUSC a partir do 2 de xuño

O luns 2 de xuño as bibliotecas comezarán a abrir as súas portas en horario de verán, o que non afectará a aquelas bibliotecas que teñen horarios extraordinarios co gallo dos exames do segundo semestre e segunda oportunidade. O día 5 activarase o préstamo de verán para alumnos de grao e máster.

Read more
  • USC

Día das Letras Galegas na BUSC

A BUSC únese á celebración do Día das Letras Galegas dedicado á poesía popular oral, personificada nas figuras das cantareiras Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e  Manuela Lema e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas tres das Pandeireteiras de Mens (Malpica).

Read more

Día do Libro na BUSC

Con motivo do Día do Libro, a BUSC convida á comunidade universitaria a crear, de xeito colaborativo, un panel no que cada persoa comparta a cuberta do seu libro favorito. O prazo para participar nesta actividade, promovida pola biblioteca da facultade de Bioloxía, será do 23 de abril ao 4 de maio

Read more