Pasar al contenido principal

Acto de recoñecemento ao profesorado e PTXAS xubilado da Facultade de Matemáticas

21.07.2025 | 12.30h-14.00h

A Facultade de Matemáticas renderá un emotivo homenaxe a seis docentes e PTXAS que se xubilaron ou xubilan neste curso académico. O acto terá lugar o vindeiro luns 21 de xullo, e servirá para recoñecer o labor desenvolvido ao longo das súas carreiras profesionais. Serán homenaxeados:

  • Julia Aneiros Peña
  • Celsa García-Píccoli Atanes
  • Pedro Faraldo Roca
  • María Ángeles Fernández Sotelo
  • Manuel Porto Canosa
  • Juan Manuel Viaño Rey

O evento contará coa presenza de parte do profesorado e PTXAS homenaxeados, entre os que estarán Pedro Faraldo Roca, María Ángeles Fernández Sotelo, Manuel Porto Canosa e Juan Manuel Viaño Rey. Por razóns persoais, Julia Aneiros Peña e Celsa García-Píccoli Atanes non poderán asistir. A cita será ás 12:30 h e contará coa intervención de docentes e PTXAS tanto xubilados como en activo, da Facultade de Matemáticas da USC. O acto finalizará cunha foto de familia ás 14:00 h.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 17.07.2025.