Tres egresadas da USC, entre as dez mellores notas das probas PIR
A Facultade de Psicoloxía da USC demostra un ano máis estar á cabeza dos centros universitarios desta disciplina en España, situando a tres das súas egresadas entre os dez primeiros postos do exame PIR (Psicólogo/a Interno/a Residente).
As tituladas da USC destacadas neses primeiros postos son Diana Cabañas Rivera, graduada en Psicoloxía e Mestrado en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola USC, que quedou en sexa posición; Sandra Golpe Ferreiro, licenciada en Psicoloxía, na oitava; e Alba Burgos Mirón, décima na lista, mestrado en Psicoloxía Xeral Sanitaria.
A estas probas PIR presentáronse arredor de 3.000 persoas procedentes de preto de 40 facultades de Psicoloxía que existen en España.