Obxectivos
O CdL ten como finalidade facilitar o contacto lingüístico e cultural entre estudantes internacionais e alumnado da USC, promovendo a práctica de linguas estranxeiras e o intercambio de coñecementos lingüísticos en contextos informais. Esta actividade fomenta:
- A aprendizaxe activa e colaborativa
- O desenvolvemento das destrezas orais
- A competencia intercultural e social
- A integración dos estudantes internacionais na vida universitaria
Participación
A actividade está aberta a:
- Estudantes internacionais (incoming)
- Estudantes da USC que desexen practicar linguas ou prepararse para mobilidades (outgoing)
- Persoas maiores de 18 anos interesadas na práctica lingüística
A participación é gratuíta e pode formalizarse mediante
- Inscrición ao inicio do curso académico.
- Solicitude por correo electrónico a clm [at] usc.gal (clm[at]usc[dot]gal).
Calendario e lugar
O programa desenvólvese entre outubro e maio, segundo a dispoñibilidade do persoal coordinador e as preferencias das persoas participantes. Recoméndase que os encontros teñan lugar en cafetarías da USC, favorecendo un ambiente distendido e propicio para a práctica oral.
Coordinación e recoñecemento
O CdL está coordinado por:
- Estudantes en prácticas.
- Estudantes voluntarios inscritos no Programa de Voluntariado da USC, conforme á normativa institucional de participación social.
A USC contempla o recoñecemento académico destas actividades mediante créditos optativos, segundo os criterios establecidos polo Servizo de Participación e Integración Universitaria.
Vinculación institucional
O CdL complementa a oferta formativa do CLM e o programa Tándem, reforzando os obxectivos da USC en materia de:
- Internacionalización.
- Promoción da diversidade lingüística.
- Participación activa do estudantado.