Pegadas de 5 anos. Unha proposta para traballar a medida.
Autoría
M.C.A.A.
Curso Ponte do Grao en Mestre de Educación Infantil (2ªed) [L]

Data da defensa
15.09.2025 10:00
15.09.2025 10:00
Resumo
Oxalá puidese entender aos nenos e nenas como o fai Francesco Tonucci. Debemos permitirlles ser autónomos, explorar e xogar. Con este traballo, fundamentado nas matemáticas en Educación Infantil, preténdese ter unha visión da aprendizaxe matemática a través da experiencia, o xogo e a manipulación. Partindo dos intereses do alumnado e da súa participación activa. Esquecendo a produción de fichas que se observa no día a día de moitas aulas. Preséntase unha proposta para a ensinanza da medida, fomentando: o desenvolvemento do pensamento e da linguaxe matemática, o desenvolvemento de habilidades de comparación e estimación e a resolución de problemas.

Dirección
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titoría)
Tribunal
GONZALEZ SEQUEIROS, PABLO (Titor do alumno)

A Actividade física no alumnado de Educación Primaria e a sua influencia no rendemento académico
Autoría
R.F.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
R.F.G.
Grao en Mestre en Educación Primaria (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2025 17:15
12.09.2025 17:15
Resumo
Este Traballo de Fin de Grado consiste nunha revisión sistemática da literatura científica sobre a relación entre a actividade física no alumnado de Educación Primaria e a sua influencia no rendemento académico. Para ello, seleccionaronse 12 estudios relevantes en base aos criterios específicos (idioma, actualidade, grupo de idade, entre outros), tras unha búsqueda profunda nas bases de datos coma Scopus e Google Académico. Os resultados mostran que, na sua maioría, existe unha asociación positiva entre a práctica da actividade física e o rendemento académico, ainda que alguns estudios non atoparon unha relación significativa. A metodoloxía empregada permitiu analizar distintas variables como a frecuencia da práctica, a influencia dos factores sociodemográficos e o papel da Educación Física. Concluiuse que, ainda que non existe unha unanimidade, a tendencia xeral é favorable a considerarla actividade física coma un factor que pode contribuir ao éxito académico na Educación Primaria.

CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titoría)
Tribunal
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
CONS FERREIRO, MIGUEL (Titor do alumno)
Unha proposta didáctica a través do conto para a mellora das competencias emocionais en 4º de educación infantil
Autoría
C.M.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.M.B.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
15.09.2025 12:00
15.09.2025 12:00
Resumo
O presente traballo ten como obxectivo deseñar una proposta educativa empregando o conto para a mellora das competencias emocionais. Para iso, preséntase una fundamentación teórica que recolle os conceptos relacionados co ámbito emocional: a definición de emoción, a intelixencia emocional, a competencia emocional e a educación emocional. Así mesmo, o marco teórico recolle tamén o concepto de conto infantil e as súas posibilidades, así como otras experiencias sobre como o conto inflúe no desenvolvemento da educación emocional. Finalmente, preséntase una proposta educativa que, aínda que non levouse a cabo, está dirixida ao alumnado de 4º de educación infantil. Esta inclúe una serie de sesión nas que, tras a lectura do conto, se realizan actividades para coñecer e atender ás emocións propias.

LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titoría)
LOPEZ CASTRO, LETICIA (Titoría)
Tribunal
GARCIA PEDREIRA, MARIA DEL ROCIO (Presidente/a)
GARCIA ROMERO, DAVID (Secretario/a)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Vogal)

Ensinando primeiros auxilios desde la infancia Unidade didáctica Pequenos héroes al rescate
Autoría
L.M.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
L.M.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
12.09.2025 13:00
12.09.2025 13:00
Resumo
A finalidade deste traballo de fin de grao é demostrar a importancia dos coñecementos, habilidades e actitudes básicas en canto aos primeiros auxilios, especialmente desde a infancia. Tamén analizará a actual falta de coñecementos básicos sobre emerxencias no ámbito educativo. O obxectivo principal é crear unha intervención para a prevención e introdución dos primeiros auxilios na infancia a través do xogo, a arte, a literatura e a expresión musical. Esta proposta centrarase no segundo curso de educación infantil, abarcando de 3 a 6 anos. Para iso, impartironse un total de 9 sesións a un grupo de nenos de 5 e 6 anos no colexio concertado Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo. Galicia. O resultado foi unha proposta motivadora, divertida e significativa que permite ao alumnado adquirir novas habilidades que lles axudarán nun futuro próximo.

Moure Rodríguez, Lucía (Titoría)
Moure Rodríguez, Lucía (Titoría)
Tribunal
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Coordinador)
GOMEZ GOMEZ, MARIA CARMEN (Coordinador)
Atención á diversidade cultural nas aulas galegas: análise teórico e práctico dende tres realidades lucenses.
Autoría
C.P.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
C.P.P.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
15.09.2025 16:00
15.09.2025 16:00
Resumo
Este Traballo Fin de Grao trata a atención á diversidade cultural no ámbito educativo galego. O estudo parte do crecemento do alumnado de orixe estranxeira no sistema educativo galego, analizando como a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades aborda este reto mediante documentos chave como o Plan de Acollida do 2005, o Decreto 150/2022 ou o recente Programa Galego de Acollida e Apoio ao Alumnado Estranxeiro, e coa análise das respostas do profesorado de tres centros escolares nun cuestionario que aborda a mesma temática para coñecer como se poñen en práctica as medidas teóricas ofrecidas pola administración. Os resultados mostraron unha intención para avanzar cara a inclusión por parte da institución, mais tamén evidencia debilidades que persisten ao longo dos anos as cales semellan ser ignoradas debido ao papel secundario que se lle outorga á educación intercultural, algunha delas son a escasa implicación real das familias, a falta de propostas e recursos específicos que atendan as necesidades do alumnado de orixe estranxeira, profesorado cunha escasa formación en educación intercultural, abordaxe do carácter intercultural do alumnado só en días puntuais, etc.

OCA GONZALEZ, LUZIA (Titoría)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Titoría)
Tribunal
OCA GONZALEZ, LUZIA (Titor do alumno)
OCA GONZALEZ, LUZIA (Titor do alumno)
Aprendendo xeometríaa través do xogo: O mercado das matemáticas
Autoría
I.R.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
I.R.F.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
15.09.2025 11:00
15.09.2025 11:00
Resumo
Este Traballo de Fin de Grao presenta unha proposta didáctica dirixida a nenos e nenas de 4 a 5 anos, co obxectivo de traballar contidos xeométricos mediante a psicomotricidade. A proposta parte da necesidade de desenvolver unha aprendizaxe significativa, práctica e lúdica das matemáticas en Educación Infantil, onde o corpo, o movemento e a experiencia directa teñan un papel central na construción do coñecemento. Recóllense achegas de diferentes autores que destacan a importancia de respectar os ritmos evolutivos da infancia, potenciar a manipulación de materiais concretos, utilizar o medio próximo como recurso didáctico e empregar o xogo como ferramenta principal de aprendizaxe. Así mesmo, revísase en profundidade a proposta de Martínez Recio e Juan Rivaya (1989), que defenden a introdución da xeometría desde a acción corporal e sensorial, a través do traballo de nocións espaciais básicas como a orientación, a proximidade, a interioridade ou a direccionalidade, xunto coa exploración de figuras e corpos xeométricos. A proposta didáctica contextualizase nun mercado relacionado co momento da merenda do alumnado no que se combinan actividades psicomotrices, xogo, expresión plástica e dramatización. O deseño busca favorecer unha aprendizaxe activa, manipulativa, lúdica e adaptada as necesitades da etapa, contribuíndo ao desenvolvemento global do neno e respectando a súa natureza exploradora e creativa. Esta metodoloxía didáctica permite que o alumnado mellore a súa organización lóxica do espazo, tomando conciencia do seu propio corpo e adquirindo unha base sólida de pensamento xeométrico mediante a adquisición das nocións de situación e nocións xeométricas básicas.

LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titoría)
Tribunal
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titor do alumno)
LOIS PRADOS, CRISTINA (Titor do alumno)
Introdución ao Pensamento Histórico en Educación Infantil: unha Proposta Didáctica a través do Patrimonio Galego
Autoría
J.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
J.R.V.
Grao en Mestre de Educación Infantil (2ª ed) [L]
Data da defensa
15.09.2025 13:00
15.09.2025 13:00
Resumo
O presente traballo intenta probar a posibilidade de introducir o pensamento histórico en crianzas de 5-6 anos, empregando o patrimonio galego como ferramenta educativa principal. A pesar de que o pensamento histórico está reservado para etapas máis avanzadas, diferentes estudos demostran a súa viabilidade na Educación Infantil a través dunhas metodoloxías óptimas. O patrimonio galego oferta un camiño próximo e significativo que evoque o interese polo pasado e consolide a identidade cultural. Este traballo está dividido en dúas partes ben diferenciadas: un marco teórico que fundamenta o traballo; un proxecto educativo con diferentes propostas e actividades lúdicas para traballar o pensamento histórico, fomentando unha educación crítica, propia e conectada coa realidade das crianzas.

VEIGA ALONSO, JOSE RAMON (Titoría)