Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencias da Comunicación
Áreas: Xornalismo
Centro Facultade de Ciencias da Comunicación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Estudo e análise dos desafíos para a regulación da comunicación multimedia.
2. Estudo e análise de estratexias de comunicación no ámbito dixital.
3. Execución de test de usuarios e análise estratéxica de produtos: mercado, audiencia, usabilidade, accesibilidade e experiencia do usuario.
CONTIDOS PRÁCTICOS
TEMA 1. Os desafíos para a xestión da comunicación multimedia
1.1. Tendencias na xestión da comunicación
1.2. Tendencias da comunicación multimedia
1.3. Novos formatos e novos soportes
1.4. IA na xestión da comunicación multimedia
TEMA 2. Estratexias de comunicación no ámbito dixital
2.1. Plan de comunicación dixital
2.2. Estratexias de difusión
2.3. Formatos
2.4. Ferramentas
TEMA 3. Análise estratéxica de produtos
3.1. Os estudos de mercado
3.2. Públicos e audiencias
3.3. Criterios de usabilidade e accesibilidade
3.4. Manexo de experiencia do usuario
3.5. Uso de recomendadores
CONTIDOS PRÁCTICOS
Revisión de exemplos e casos prácticos
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
García-Avilés, C. A. (2021). Review article: journalism innovation research, a diverse and flourishing field (2000–2020). El Profesional de la Información, 30(1), e300110. https://doi.org/10.3145/epi.2021.ene.10
García-Avilés, J. A., Carvajal-Prieto, M., & Arias F., et al. (2019). How journalists innovate in the newsroom. Proposing a model of the diffusion of innovations in media outlets. The Journal of Media Innovations, 5(1), 1-16. https://doi.org/10.5617/jomi.v5i1.3968
López-García, X., Rodríguez-Vázquez, A.-I., & Casás, J. (2025). Lecciones aprendidas de treinta años de transformación digital en el periodismo: se necesita más planificación y menos improvisación. Infonomy, 3(1), e25001. https://doi.org/10.3145/infonomy.25.001
Masip, P., Ruiz-Caballero, C., & Suau, J. (2019). Active audiences and social discussion on the digital public sphere. Review article. El Profesional de la Información, 28(2), e280204. https://doi.org/10.3145/epi.2019.mar.04
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Pavlik, J. (2000). The impact of technology on journalism. Journalism Studies, 1(2), 229-237. https://doi.org/10.1080/14616700050028226
Reyes-de-Cózar, S., Pérez-Escolar, M., & Navazo-Ostúa, P. (2022). Digital competencies for new journalistic work in media outlets: a systematic review. Media and Communication, 10(1), 27-42. http://doi.org/10.17645/mac.v10i1.4439
Rogers, E. (2003). Diffusion of Innovations. Free Press.
CON.1 – Comprender as características do xornalismo multimedia e os seus retos actuais.
CON.2 – Coñecer os principios e as técnicas de análise e de elaboración de produtos periodísticos multimedia.
HAB.2 – Aplicar estratexias para a xestión de proxectos periodísticos multimedia.
HAB.5 – Analizar produtos, estratexias e proxectos periodísticos do ecosistema comunicativo dixital.
COM.3 – Planificar, deseñar, implementar, xestionar e avaliar proxectos xornalísticos en diferentes medios e soportes
A metodoloxía comprende presentacións na aula, estudos de caso, prácticas na aula de informática, resolución de problemas e traballo tutelado. Os contidos teóricos (presentacións na aula e estudos de caso) atópanse estreitamente relacionados cos exercicios prácticos, que requiren de sesións grupais interactivas e titorizadas, onde se profundará sobre os conceptos e estratexias previamente presentados.
- Proba de coñecementos: 25 %
- Actividades de avaliación continua: 25 %
- Exercicios prácticos: 50 %
• A asistencia a clase é preceptiva para superar a materia e poder presentarse á proba de coñecemento. Tendo en conta o carácter experimental da materia, será necesario acudir, polo menos, ao 80% do total das aulas, agás as causas xustificadas recollidas no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela. Antes da entrega do traballo final e a realización da proba, publicarase unha listaxe do estudantado que satisfaga este requisito para poder examinarse.
• No caso de plaxio ou uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
• De acordo coa normativa de permanencia vixente na USC para os estudantes de Grao e Máster (art. 5.2), a mera asistencia, así como a participación en calquera das actividades realizadas nas clases interactivas, serán obxecto de avaliación e, por conseguinte, a nota final do/a estudante que os cumprimente en ningún caso será de “Non Presentado”.
• Réxime para o alumnado con exención de docencia:
Nesta materia non se pode eximir a asistencia ás aulas expositivas nin interactivas porque a explicación da teoría está directamente vencellada cos exercicios prácticos programados. Incluso é posible que, nalgún caso, nas clases expositivas sexa necesario explicar as características e o funcionamento dos exercicios prácticos.
Segunda oportunidade:
Neste caso avaliarase da mesma forma que na primeira. Se o alumno ten aprobada alguna parte, gardaráselle a nota para a segunda oportunidade. En ningún caso se conservará cualificación algunha para outro curso académico.
• Docencia teórica: 9 horas
• Docencia interactiva: 12 horas
• Titorización en grupo reducido: 3 horas
• Probas de avaliación: 3 horas
• Traballo persoal do alumnado: 48 horas
Recoméndase o seguimento e análise crítica das estratexias de comunicación implementadas non só por medios de comunicación, senón tamén por marcas de todo tipo. O alumnado debe seguir as actividades programadas e consultar produtos dixitais dispoñibles no campus virtual da USC.
Algúns recursos de interese:
PR Noticias
https://prnoticias.com/
Revista de Innovación en Periodismo
https://mip.umh.es/blog/
Ruben Rafael Rivas De Roca Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Ciencias da Comunicación
- Área
- Xornalismo
- Correo electrónico
- rubenrafael.rivasderoca [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Martes | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Mércores | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Xoves | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |
Venres | |||
16:00-20:15 | Expositivo 1 | Galego | Aula 6 |
16:00-20:15 | Laboratorio 1 | Galego | Aula de Informatica 3 |