Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 12 Total: 38.25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Campus Lugo
Áreas: Escola Universitaria de Enfermaría [L]
Centro Escola Universitaria de Enfermaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, dende unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
2. Comprender dende unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes.
3. Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría.
4. Aplicar a lexislación aplicable e ao código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría. Presta coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia.
5. Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
6. Basear as intervencións de enfermaría na evidencia científica e nos medios dispoñibles. 7. Desenvolver aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Módulo I. Introdución aos fundamentos históricos e teóricos da profesión.
Módulo II. Historia da Enfermaría a través das súas diferentes etapas.
Módulo III. A historia da enfermaría en España e Galicia.
Módulo IV. Modelos e teorías enfermeiras.
BLOQUES I, II Y III
Lectura obligatoria:
- Siles González J. Historia de la Enfermería. Alicante, Aguaclara, 1999.
Lectura recomendada:
- Donahue M. Historia de la Enfermería, Barcelona; Doyma; 1987.
- Doval,G. Nuevo diccionario de historia. Términos, acontecimientos, instituciones: Madrid,
Temas de Hoy; 1995.
- Eseverri Chaverri, C. Historia de la Enfermería española e hispanoamericana, Madrid; Ed.
Universitas, S.A. ; 1995.
- García Barrios, Calvo Charro. Historia de la Enfermería, Malaga: Secretariado de Publicaciones
e Intercambio Científico de la Universidad de Málaga; 1996.
- Germán Bes, G., Martínez Santos, Y., Mas Espejo, M. Las primeras enfermeras laicas españolas. Ed. Prensas de la Universidad de Zaragoza. 2020.
- Henderson V. Principios Básicos de los Cuidados de Enfermería, Ginebra: Consejo
Internacional de Enfermeras; 1971.
- Hernández Conesa, J. M.ª. Un Análisis Histórico de los Cuidados de Enfermería, Madrid:
Interamericana McGraw – Hill; 1995.
- Hernández Martín, F. Historia de la Enfermería en España, Madrid: Síntesis; 1996.
- Mas Espejo, M. Las damas enfermeras de la Cruz Roja Española durante el reinado de Alfonso XIII (1914-1931). Ed. Dykinson. 2018
- Mazzeo, Tilar J. Los niños de Irena; Mexico; Aguilas; 2017.
- Nigtingale F. Notas sobre Enfermería. Qué es y qué no es, Barcelona: Salvat; 1.990.
- Vázque Gallego, J. Los hospitales del camino francés en Galicia. Sada (A Coruña) Edicións do Castro; 2001
- Villares, R. Historia de Galicia, Vigo, Galaxia; 2004.
- Ventosa F. Historia de la Enfermería Española, Madrid: Ciencia 3; 1983.
- Martínez Martin, ML., & Rebollo, E.C. Historia De La Enfermería: Evolución Histórica Del Cuidado Enfermero. Elsevier; 2017.
- Navarro, Ibáñez, V., & Bofill, I. Enfermeras invisibles: inventoras, invencibles, increíbles. Penguin Random House; 2021.
BLOQUE IV.
- Benavent Garcés et al. Fundamentos de Enfermería, 2ª ed. Madrid: Difusión Avances de Enfermaría; 2003
- Berman et al. et al. Fundamentos de Enfermería. Conceptos, proceso y práctica, 8ª ed. (2 vol.). Madrid: Pearson; 2008.
- Castell, A. Conceptos de Enfermería. Madrid: UNED. 1980
- Fernandez Ferrin, C. Enfermería Fundamental. Barcelona: Masson. 1995.
- Henderson V. La naturaleza de la enfermería. Reflexiones 25 después. Madrid: Interamericana. 1994.
- Henderson V. Nite. Enfermería Teoría y Practica. México: Prensa Médica Mexicana. 1987.
- Hernández Garre et al. et al. Fundamentos Teóricos de Enfermería. Teorías y Modelos, 1ª ed. Murcia: DM; 2010.
- Kozier. Enfermería Fundamental. Concepto. Procesos y Practicas. Madrid: Interamericana. 1993.
- Marriner-Tomey. Modelos y Teorías de Enfermería. Barcelona: Elsevier. 2011.
- Nightingale, F. Notas sobre enfermería. Barcelona: Salvat; 1990
- Potter, P. Fundamentos de la Enfermería. Madrid: McGraw-Hill Interamericana. 2005.
- Riopellel. Cuidados de Enfermería. Un proceso centrado en las Necesidades de la Persona. Madrid: Interamericana. 1989.
- Roper. Modelo de Enfermería. Barcelona: Interamericana. 1987.
COMPETENCIAS BÁSICAS
- CB3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
- CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
COMPETENCIAS XERAIS:
- CG3. Coñecer e aplicar os fundamentos e principios teóricos e metodolóxicos da enfermaría.
- CG7. Comprender sen prexuízos ás persoas, considerando os seus aspectos físicos, psicolóxicos e sociais, como individuos autónomos e independentes, asegurando o respecto ás súas opinións, crenzas e valores, garantindo o dereito á intimidade, a través da confidencialidade e o segredo profesional.
- CG12. Coñecer o código ético e deontolóxico da enfermaría española, comprendendo as implicacións éticas da saúde nun contexto mundial en transformación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS:
- CT1. Capacidade de aplicar os coñecementos á práctica.
- CT3. Motivación. - CT4. Compromiso ético.
- CT6. Coñecementos básicos da profesión.
- CT15. Apreciación da diversidade e a multiculturalidade.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
- CE11. Identificar, integrar e relacionar o concepto de saúde e os coidados, desde unha perspectiva histórica, para comprender a evolución do coidado de enfermaría.
- CE12. Comprender desde unha perspectiva ontolóxica e epistemolóxica, a evolución dos conceptos centrais que configuran a disciplina de enfermaría, así como os modelos teóricos máis relevantes, aplicando a metodoloxía científica no proceso de coidar e desenvolvendo os plans de coidados correspondentes.
- CE14. Coñecer e aplicar os principios que sustentan os coidados integrais de enfermaría. - CE23. Coñecer a lexislación aplicable e o código ético e deontolóxico da enfermaría española, inspirado no código europeo de ética e deontoloxía de enfermaría. Prestar coidados, garantindo o dereito á dignidade, privacidade, intimidade, confidencialidade e capacidade de decisión do paciente e familia. Individualizar o coidado considerando a idade, o xénero, as diferenzas culturais, o grupo étnico, as crenzas e valores.
DOCENCIA EXPOSITIVA (24 horas)
O/a docente explicará os contidos con apoio de recursos dixitais.
DOCENCIA INTERACTIVA (12 horas)
levarán a cabo 6 sesións de seminarios de dúas horas de duración cada unha. Os seminarios están destinados a reforzar ou ampliar os contidos da docencia expositiva mediante a participación activa e traballo autónomo do estudante, fomentando a adquisición das diferentes competencias. As actividades específicas indicaranse ao comezo da actividade académica a través do campus virtual da materia e basearanse en aprendizaxe baseada en proxectos, aprendizaxe colaborativo, estudos de casos, foros de discusión e gamificación. Utilizaranse as ferramentas institucionais para o seguimento da materia e a comunicación co alumnado.
A avaliación realizarase de forma continua e global mediante os seguintes criterios e ferramentas:
DOCENCIA EXPOSITIVA
Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos da materia por medio de probas obxectivas ou ensaio individual. Terá un valor na nota final entre o 40% e o 70%. Este indicarase ao comezo da actividade académica a través do campus virtual da materia.
DOCENCIA INTERACTIVA:
valorarase a actitude, participación activa, capacidade de traballo en equipo, comportamento, calidade e adecuación das tarefas presentadas durante os seminarios.
Terá un valor na nota final entre o 30 e o 60%.
O tipo e número de tarefas, o valor de cada unha e os criterios de corrección especificaranse ao longo da docencia e serán visibles a través do campus virtual institucional.
Os períodos de entrega para cada tarefa comunicaranse ao longo da actividade académica con suficiente antelación. Non se recollerá ningunha tarefa que non sexa entregada a través da plataforma indicada (campus virtual, teams, etc.), dentro do período indicado (día e hora) e no formato requirido (pdf, .doc, etc.).
A materia podería ser susceptible de participar en proxectos de innovación docente (p.ex. Aprendizaxe-Servizo). Ademais, poderíase contar con actividades ou a colaboración puntual de profesionais clínicos convidados especialistas en contidos de interese para achegar ao alumnado á profesión.
- O ensino desta titulación é de tipo presencial, sendo obrigatoria a asistencia ás clases, tanto expositivas como interactivas. A non asistencia a clases expositivas ou a seminarios repercutirá na non superación da materia.
- Para que unha falta se considere xustificada debe presentarse ao profesor/a responsable da materia (nun prazo máximo dunha semana desde o día da ausencia) un documento que acredite debidamente a causa da falta. Cando a ausencia se deba a unha actividade programada o estudante deberá comunicarllo con antelación suficiente ao profesor/a responsable para tratar de recuperar a falta mediante unha sesión alternativa.
- Para aprobar a materia será necesario alcanzar un mínimo dun 50% da puntuación na avaliación tanto da docencia expositiva como interactiva. En caso de non alcanzar dita puntuación en cada unha das partes, non se superaría a materia.
- Na proba da 2ª oportunidade manterase a avaliación continuada da docencia interactiva.
- Aplicarase exención de docencia (nos casos determinados polo centro) nas clases expositivas, pero non nas interactivas. O alumnado que se atope nesta situación deberá contactar a principios de curso coa coordinación da materia co fin de programar as actividades de avaliación continua que serán obrigatorias para a superación da mesma.
- Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións da USC.
Tempo de estudo e traballo persoal
A materia consta de 4,5 ECTS.
Cada crédito ECTS equivale a 25 horas, das que 16,5 corresponden a traballo autónomo do estudante, polo que o tempo de estudo e traballo persoal asignado é de 74 horas.
Recomendacións para o estudo da materia
- Manexo da bibliografía recomendada para o estudo dos contidos.
- Procura e elaboración de información complementaria.
- Uso das titorías presenciais ou a distancia para resolver dúbidas e recibir orientación.
- Constancia no estudo e seguimento da materia, para mellorar o proceso de aprendizaxe, favorecendo unha mellor comprensión e asimilación de conceptos.
- Establecemento de nexos entre os contidos teóricos das clases expositivas e as observacións e actividades realizadas nas interactivas.
É obrigatorio o uso das ferramentas institucionais de comunicación (correo electrónico da USC, campus virtual, etc.). Identificarse no corpo do email e facer referencia á materia pola que se contacta.
Isidoro Rodríguez Pérez
Coordinador/a- Departamento
- Campus Lugo
- Área
- Escola Universitaria de Enfermaría [L]
- Correo electrónico
- isidoro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Non Aplicable
Martes | |||
---|---|---|---|
17:00-18:00 | CLE_01 | Galego | AULA 4 |
Venres | |||
15:00-16:00 | Grupo /TI-ECTS01 | - | AULA 4 |
16:00-17:00 | CLIS_02 | Galego | AULA 4 |
18:00-19:00 | CLIS_01 | Galego | AULA 3 |
10.01.2024 18:00-20:00 | CLE_01 | AULA 4 |
19.06.2024 18:00-20:00 | CLE_01 | AULA 4 |