Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Matemática
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Coñecer o tratamento curricular da matemática na Educación Primaria e as implicacións cara á súa ensinanza e aprendizaxe.
- Adquirir unha formación matemática básica que capacite aos estudantes para levar a cabo o seu labor docente, con énfase nos contidos que atinxen á numeración e ao cálculo.
- Coñecer elementos necesarios para intervir no proceso de ensinanza/aprendizaxe da aritmética: dificultades e erros, estratexias, recursos e métodos didácticos.
- Interrelacionar as nocións matemáticas con situacións reais, tentando fomentar no futuro docente de Primaria unha idea positiva sobre a ensinanza da matemática e a matemática en xeral.
- Acadar e demostrar competencia en lingua galega.
Temas a desenvolver:
1. A matemática na Educación Primaria
- Especificidade do saber matemático
- Teorías sobre a aprendizaxe da matemática
- O currículo de matemáticas en Educación Primaria
2. Números naturais e sistemas de numeración
- O concepto de número natural
- Formas de representar os números: Sistemas de numeración. Bases de numeración
- O Sistema Decimal
3. Tratamento didáctico do cálculo aritmético
- As operacións aritméticas elementais
- Os algoritmos
- Cálculo mental
4. Ampliación do campo numérico: Fraccións e números decimais. Números enteiros.
- Distintas interpretacións da noción de fracción
- Fraccións equivalentes e operacións con fraccións
- Expresión decimal dunha fracción. Números decimais
- Erros e obstáculos frecuentes en relación coa noción de número decimal
- Introdución aos números enteiros
5. Problemas aritméticos escolares. Estratexias para o seu tratamento
Contidos recorrentes:
Resolución de problemas Materiais e recursos
Currículo escolar de matemáticas
Bibliografía básica
Os capítulos relacionados co programa das seguintes referencias son un recurso básico para o desenvolvemento da materia:
- ALBARRACÍN, L. et al. (2018). Aprender a enseñar matemáticas en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
- CARRILLO, J. et al. (Eds.) (2016). Didáctica de las matemáticas para maestros de educación Primaria. Madrid: Paraninfo.
- FLORES, P., RICO, L. (Coords.) (2015). Enseñanza y aprendizaje de las matemáticas en Educación Primaria. Madrid: Pirámide.
- SEGOVIA, I., RICO, L. (Coords.) (2011). Matemáticas para maestros de Educación Primaria. Madrid: Pirámide. Bibliografía complementaria
- ALSINA, Á. (2004). Desarrollo de competencias matemáticas con recursos lúdico-manipulativos para niños y niñas de 6 a 12 años. Madrid: Narcea.
- BINIÉS, P. (2008). Conversaciones matemáticas con Mª Antònia Canals o Cómo hacer de las matemáticas un aprendizaje apasionante. Barcelona: Graó.
- CASTRO, E. (Ed.) (2001). Didáctica de la matemática en la educación primaria. Madrid: Síntesis.
- CASTRO, E., RICO, L., CASTRO, E. (1995). Estructuras aritméticas elementales y su modelización. Bogotá: Grupo Editorial Iberoamérica.
- CHAMORRO, M. C. (Coord.)(2003). Didáctica de las matemáticas para primaria. Madrid: Pearson.
- CORBALÁN, F. (2007). Las matemáticas de la vida misma. Barcelona: Graó.
- ESTEPA, A. (2006). Reconstrucción de una organización matemática: Sistema de numeración posicional. Bases y relaciones entre ellas. En RUIZ- HIGUERAS, L., ESTEPA, A. E GARCÍA, J.A. (Eds.), Sociedad, escuela y matemáticas: aportaciones de la teoría antropológica de lo didáctico (pp. 339-358). Servicio de Publicaciones de la Universidad de Jaén.
- KAMII, C. (1986). El niño reinventa la aritmética: Implicaciones de la teoría de Piaget. Madrid: Visor.
- LUCEÑO, J. L. (1999). La resolución de problemas aritméticos en el aula. Archidona (Málaga): Aljibe.
- NCTM (2003). Principios y Estándares para la Educación Matemática. Sevilla: SAEM Thales.
Dentro da colección "MATEMÁTICAS: CULTURA Y APRENDIZAJE" da editorial Síntesis, os seguintes volumes constitúen un bo recurso para afondar nos temas tratados:
- CASTRO, E. et al. (1987). Números y operaciones.
- CENTENO, J. (1988). Números decimales. ¿Por qué? ¿Para qué?
- GÓMEZ AFONSO, B. (1993). Numeración y Cálculo.
- LLINARES, S. Y SÁNCHEZ, M.V. (1988) Fracciones.
- MAZA, C. (1991a). Enseñanza de la suma y de la resta.
- MAZA, C. (1991b). Enseñanza de la multiplicación y división.
- PUIG,L. Y CERDÁ, F. (1988). Problemas aritméticos escolares.
- SEGOVIA, I. et al. (1989). Estimación en cálculo y medida
Revistas españolas de investigación e experiencias en Educación Matemática:
- Epsilon, publicada pola Sociedad Andaluza de Profesores de Matemáticas THALES.
- Gamma e Lemniscata, publicadas pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA).
- Números, da Sociedad Canaria de Profesores de Matemáticas Isaac Newton.
- Suma, editada pola Federación Española de Profesores de Matemáticas (FESPM).
- Uno, editada por Graó.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o/a estudante debe adquirir:
Competencias básicas (B):
B1. Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudio que parte da base da
educación secundaria xeral, e se soe atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda de su campo de estudo.
B2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que soen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3. Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5. Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores con un alto grao de autonomía. Competencias xerais (G):
G1. Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinaria entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos ao redor dos procedementos de ensinanza e aprendizaxe respectivos.
G2. Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensinanza e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4. Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conformen os valores da formación cidadá.
G11. Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
Competencias específicas (E) da materia:
E38. Adquirir competencias matemáticas básicas (numéricas e de cálculo). E39. Coñecer o currículo escolar de matemáticas.
E40. Analizar, razoar e comunicar propostas matemáticas. E41. Formular e resolver problemas vinculados coa vida cotiá.
E42. Valorar a relación entre matemáticas e ciencias como un dos alicerces do pensamento científico.
E43. Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes. Competencias transversais (T):
T2. Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3. Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
A distribución semanal das clases constará dunha sesión de 1,5 horas en grupo expositivo e unha de 1,5 horas en grupo interactivo de laboratorio. Cada estudante contará así mesmo con 3 horas de titorías programadas, distribuídas ao longo do transcurso da materia en dúas sesións de 1,5 horas debidamente fixadas no horario.
As actividades formativas en grupo expositivo están concibidas para presentar o itinerario formativo que se seguirá e desenvolver, aclarar e comentar os contidos que ofrecen maior dificultade de comprensión, incidindo nos aspectos básicos e máis relevantes (ao tempo que se resolven os problemas de aprendizaxe iniciais que poida presentar o alumnado). O profesorado utilizará a exposición e o debate en gran grupo, promovendo a reflexión do alumnado sobre determinados supostos de acordo cos contidos abordados. Permiten desenvolver fundamentalmente as seguintes competencias: G1, G11; E38, E39, E40, E41, E42, E43; B1, B4; T2, T3.
As actividades en grupo interactivo de laboratorio desenvolveranse no marco de métodos de resolución de problemas matemáticos e didácticos, preferentemente, implicando tamén un importante traballo autónomo individual e en grupo. O debate, a lectura e comentario de documentos e a exposición de traballos, requirirán unha porcentaxe elevada de horas de traballo persoal do alumnado, co fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Isto propiciará o desenvolvemento das competencias máis ligadas ao pensamento crítico, ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación e en xeral a boa parte das competencias citadas (G1, G2, G4, G11; E38, E39, E40, E41, E42, E43; B2; T2, T3).
Así mesmo, o alumnado poderá acudir ás sesións de titoría, tanto ás programadas no horario da materia como ás ordinarias fixadas polo profesor no seu horario, para ser atendido individualmente ou en grupos moi reducidos tratando de orientar o seu traballo e de dirixir a súa aprendizaxe, co fin de desenvolver as competencias G1, G2, G11; E38, E39, E40; B1, B2, B3; T2, T3.
A materia contará con aula virtual, a través da cal se realizarán as comunicacións oficiais e se procurará proporcionar todo o material necesario para a realización das actividades propostas.
Se as circunstancias o permiten, contemplarase a realización de relatorios, prácticas de campo ou experiencias prácticas de ApS con centros e institucións que manteñan vinculación coa Universidade de Santiago de Compostela, que axuden a consolidar as aprendizaxes pretendidas na materia.
A avaliación levarase a cabo en función do seguinte esquema:
Parte 1:
A) PARTICIPACIÓN NAS SESIÓNS PRESENCIAIS (G11, E38, E39, E40, E41, E42, E43, B1, B2, B3, T2, T3): 10%
B) INFORMES E OUTRAS PRODUCIÓNS ESCRITAS OU ORAIS (G1, G2, G4, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, T2, T3): 30%
C) PRESENTACIÓNS ORAIS (G1, G2, G11, E38, E39, E40, E41, E43, B1, B2, B3, B4, T2, T3): 10%
Parte 2:
D) PROBAS ESPECÍFICAS (G1, E38, E39, E40, E41, B1, B2, B3, T2): 50%
Para superar a materia será necesario:
- Superar as dúas partes, isto é, obter en cada unha delas polo menos o 40% da cualificación máxima posible.
- Que a suma das cualificacións obtidas nas dúas partes sexa igual ou superior a 5.
Para obter cualificación no apartado A será necesaria a asistencia ás sesións interactivas. En virtude do Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela (aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024 e que producirá plenos efectos a partir do curso académico 2025-2026), entenderanse cumpridas as obrigas de asistencia sen necesidade de aportar xustificación cando as faltas de asistencias non superen o 10% das horas programadas. Así mesmo, consideraranse como causas xustificadas as recollidas en dito regulamento.
No caso do alumnado con dispensa de asistencia ás clases, a avaliación deste apartado realizarase por medio da entrega dunha serie de actividades, para as que se fixará un calendario de entregas, equiparables ás desenvolvidas nas sesións interactivas.
Os apartados B e C avaliaranse por medio dun traballo en grupo, a presentar nas sesións do grupo interactivo no tramo final do semestre (previsiblemente entre mediados de novembro e mediados de decembro). A asistencia a polo menos o 50% das sesións presencias poderá ser requisito para presentar o traballo.
O alumnado en situación de dispensa deberá acordar co profesorado unha data conveniente para a presentación do traballo.
As producións entregadas deberán ser orixinais; a entrega dun traballo copiado suporá o suspenso na materia. Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
O apartado D, parte 2, consistirá nunha proba final sobre os coñecementos de matemáticas e da súa didáctica traballados na materia.
Coa intención de que o profesorado poida avaliar o dominio por parte do alumnado da competencia T2 da USC (“coñecemento instrumental da lingua galega”, tanto a nivel oral como escrito), as e os estudantes normalmente presentarán en galego tanto as súas exposicións orais como os traballos escritos da materia. Paralelamente seranlles valoradas no apartado “participación nas sesións presenciais” as súas intervencións en galego.
Segunda oportunidade:
Ao estarmos a falar dunha avaliación continua, o alumnado que precisase acudir á oportunidade de xullo só terá dereito a realizar a proba final, manténdoselle as cualificacións obtidas nos restantes apartados.
Alumnado de 2ª convocatoria e posteriores:
O alumnado que xa cursou a materia e obtivo cualificación positiva nos apartados A, B e/ou C terá opción de que se lle garde a cualificación obtida, tendo que facer só o exame. Evidentemente, pode optar por implicarse en todas as actividades de xeito ordinario e neste caso estaría a todos os efectos dentro da casuística xeral. En calquera caso, deberá falar cos docentes en horario de titorías dentro das dúas primeiras semanas do semestre, a fin de concretar o plan de traballo a seguir para superar a materia.
HORAS PRESENCIAIS: 51 horas en función de
- ACTIVIDADES EN GRUPO EXPOSITIVO (24 horas)
Actividade expositiva Práctica en grupo clase
Presentación dun plan de traballo Realización de proba escrita
- ACTIVIDADES EN GRUPO INTERACTIVO (24 horas)
Resolución de problemas Estudo de casos Debates
Proxectos e traballos
- ACTIVIDADES EN PEQUENO GRUPO OU INDIVIDUAIS (3 horas)
Discusión e reflexión sobre o traballo en grupo
Diálogo sobre cuestións dubidosas ou temas de interese HORAS DE TRABALLO AUTÓNOMO: 99 horas
Lectura de documentos Estudo
Realización de exercicios Actividades de autoavaliación Resolución de dúbidas Preparación de proba escrita
Procura de información complementaria Traballo en pequeno grupo
Discusión e reflexión en pequenos grupos Elaboración de informes
Preparación e ensaio de presentacións Discusión de proxectos
HORAS TOTAIS: 150
A asistencia ás clases e o traballo nelas favorecerá a adquisición das competencias e a recollida de información. A inmersión na bibliografía recomendada axudará a avanzar nas aprendizaxes e consolidalas.
O alumnado que presente calquera tipo de diversidade funcional ou dificultade para un seguimento diario normal da materia, sexa esa dificultade permanente ou temporal, deberá xustificar a súa situación a través dun documento expedido polo servizo acreditado pola USC a estes efectos (Servizo de Promoción e Integración Universitaria) e informar do seu caso ao docente dentro das dúas primeiras semanas do semestre correspondente, a fin de que poidan acordar á maior brevidade o plan de traballo da/do estudante na materia e, se é preciso, as adaptacións curriculares e/ou avaliativas que fosen pertinentes para atender cada situación particular.
- O alumnado con dispensa de asistencia ás clases deberá respectar os prazos de entrega de traballos e demais requisitos establecidos, e será recomendable e necesario que manteña contacto co profesorado da materia a través das titorías e a plataforma virtual, para garantir o óptimo desenvolvemento da materia e a superación da mesma. En todo caso, dentro dos 15 días seguintes á concesión da dispensa, deberá falar co profesorado para determinar no seu caso a vía de avaliación alternativa ao apartado (A).
- Recoméndase facer uso dunha linguaxe inclusiva, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
- Recoméndase o emprego da conta de correo rai e das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Martes | |||
---|---|---|---|
09:00-10:30 | Grupo /CLE_02 | - | Aula 29 |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | - | Aula 29 |
16:00-17:30 | Grupo /CLIL_04 | - | Aula 21 |
21.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
21.05.2026 12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |
07.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_02 | Aula 29 |
07.07.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 29 |