Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica das Ciencias Experimentais, Didáctica das Ciencias Sociais
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprender os conceptos, teorías e principios que lles permitan dispoñer de marcos interpretativos para a aprendizaxe-ensinanza das áreas de Ciencias da natureza e ciencias sociais.
- Analizar e valorar a estrutura curricular das áreas de Ciencias da natureza e Ciencias sociais na educación primaria.
- Analizar e valorar recursos e materiais didácticos propios das áreas de Ciencias da natureza e Ciencias sociais.
- Buscar información, elaborar e presentar, de forma oral e escrita, informes sobre diferentes contidos propios das áreas de Ciencias da natureza e Ciencias sociais.
- Elaborar propostas de ensinanza fundadas nas devanditas teorías, utilizando adecuadamente diferentes recursos didácticos propios das áreas de Ciencias da natureza e Ciencias sociais.
Tema 1. O coñecemento científico e social. Implicacións didácticas
Tema 2. As Ciencias da natureza e as Ciencias sociais na Educación Primaria
Tema 3. Relacións Ciencia-Tecnoloxía e Sociedade
Tema 4. Recursos educativos e propostas de ensino e aprendizaxe
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cañal, P. (Ed.) (2016). Didáctica de las Ciencias Experimentales en Educación Primaria. Paraninfo.
Pagès, J. e Santiesteban, A. (Eds.) (2011). Didáctica del Conocimiento del Medio Social y Cultural en la Educación Primaria. Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
de Pro, A. (Ed.) (2010). El desarrollo del pensamiento científico-técnico en Educación Primaria. MEC.
Díez, F. (Ed.) (2004) Perspectivas para las ciencias en la educación primaria. MEC
Gómez Carrasco, C. J. e Sobrino López, D. (2018). Métodos activos de aprendizaje y adquisición de competencias en la clase de historia. En Pedro Miralles Martínez e Cosme Jesús Gómez Carrasco (coords.) La educación histórica ante el reto de las competencias: métodos, recursos y enfoques de enseñanza (111-126). Octaedro.
Gómez Carrasco, C. J., Ortuño Molina, J., e Miralles Martínez, P. (2018). Métodos y estrategias de enseñanza de las ciencias sociales. En Pedro Miralles Martínez e Cosme Jesús Gómez Carrasco (coords.) Enseñar ciencias sociales con métodos activos de aprendizaje. Reflexiones y propuestas a través de la indagación (79-127). Octaedro.
Lemke, J. L. (1977). Aprender a hablar Ciencia. Lenguaje, aprendizaje y valores. Paidós
Martí, J. (2012). Aprender ciencias en la educación primaria. Graó.
Martín, R. (2007). Aprender para enseñar Ciencias en Primaria: una propuesta para la formación del profesorado. Díada.
Miralles-Sánchez, P., Sánchez-Ibáñez, R., e Moreno-Vera, J.R. (eds.) (2024). Aprender historia en el siglo XXI. Octaedro. https://octaedro.com/libro/aprender-historia-en-el-siglo-xxi/
Novo, M. (2006). El desarrollo sostenible. Su dimensión ambiental y educativa. UNESCO/Pearson Educación.
Rodríguez Pérez, R.A., Trigueros Cano, F.J., e Antolinos Sánchez, A. (eds.) (2024). Mirando al futuro: educación histórica y valores cívicos. Octaedro. https://octaedro.com/libro/mirando-al-futuro-educacion-historica-y-valo…
Sánchez-Fuster, M.C., López-García, A., e Monteagudo-Fernández, J. (2024). Tecnologías emergentes y alfabetización digital para enseñar historia. Octaedro. https://octaedro.com/libro/tecnologias-emergentes-y-alfabetizacion-digi…
Revistas: Alambique, Aula de Innovación Educativa, Eureka e Enseñanza de las Ciencias, Didáctica de las Ciencias Sociales. Geografía e Historia (Graó), Aula de Innovación Educativa (Graó), Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado (RIFOP), Revista Electrónica Interuniversitaria de Formación del Profesorado (REIFOP), Didáctica de las Ciencias Experimentales y Sociales, Revista de Investigación en Didáctica de las Ciencias Sociales (REIDICS).
XERAIS:
G1.- Coñecer as áreas curriculares da Educación Primaria, a relación interdisciplinar entre elas, os criterios de avaliación e o corpo de coñecementos didácticos en torno aos procedementos de ensino e aprendizaxe respectivos.
G2.- Deseñar, planificar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, tanto individualmente como en colaboración con outros docentes e profesionais do centro.
G4.- Deseñar e regular espazos de aprendizaxe en contextos de diversidade e que atendan á igualdade de xénero, á equidade e ao respecto aos dereitos humanos que conforman os valores da formación cidadá.
G7.- Colaborar cos distintos sectores da comunidade educativa e do contorno social. Asumir a dimensión educadora da función docente e fomentar a educación democrática para unha cidadanía activa.
G9.- Valorar a responsabilidade individual e colectiva na consecución dun futuro sostible.
G10.- Reflexionar sobre as prácticas de aula para innovar e mellorar o labor docente. Adquirir hábitos e destrezas para a aprendizaxe autónoma e cooperativa e promovela entre os estudantes.
G11.- Coñecer e aplicar nas aulas as tecnoloxías da información e da comunicación. Discernir selectivamente a información audiovisual que contribúa ás aprendizaxes, á formación cívica e á riqueza cultural.
ESPECÍFICAS:
E26/E32.- Coñecer o currículo escolar das ciencias experimentais e sociais.
E29.- Recoñecer a mutua influencia entre ciencia, sociedade e desenvolvemento tecnolóxico, así como as condutas cidadás pertinentes, para procurar un futuro sostible.
E30/E37.- Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover a adquisición de competencias básicas nos estudantes.
BÁSICAS:
B1.- Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e que se adoita atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
B2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
B4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
B5.- Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
TRANSVERSAIS:
T1.- Coñecemento instrumental de linguas estranxeiras.
T2.- Coñecemento instrumental da lingua galega.
T3.- Coñecemento instrumental das tecnoloxías da información e da comunicación.
T4.- Competencia informacional.
- A metodoloxía baséase na participación activa do alumnado e no seu protagonismo na aprendizaxe, intentando que o profesorado desenvolva basicamente o papel de mediador e guía no proceso de comunicación, interacción e creación de significados, estratexias, destrezas e actitudes na aula.
-As sesións expositivas (24 horas) consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia por parte do profesorado, de modo que esta explicación se converta nun elemento importante cara á súa integración no proceso de construción de coñecementos por parte dos estudantes, que deberán empregar 35 horas de estudo autónomo para dominar os fundamentos da materia.
- As sesións interactivas (24 horas) procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada fundamentalmente na resolución de problemas, o desenvolvemento de experiencias de laboratorio e no contorno, e o estudo de casos. Estas actividades requirirán 45 horas de traballo persoal do alumnado, coa fin de propiciar unha aprendizaxe autónoma, cooperativa e que desenvolva a capacidade de expoñer publicamente os resultados do traballo realizado. Como parte do programa de sesións interactivas da materia poderán realizarse unha ou varias prácticas de campo.
- Todas as tarefas do alumnado (estudo, traballos, uso de ordenador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas,…) serán orientadas polo profesorado, tanto na aula como nas titorías. Nestas sesións atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumnado relacionada coa materia.
- Na medida do posible utilizarase o campus virtual da USC como ferramenta de comunicación.
- Ao pretender unha metodoloxía participativa é indispensable a asistencia habitual ás sesións.
- O alumnado terá garantida a accesibilidade dos materiais que figuran na bibliografía básica. Na aula virtual estarán dispoñibles os materiais, tanto das sesións expositivas como interactivas, así como enlaces a recursos. Para o correcto funcionamento da materia é imprescindible consultar de forma habitual a información proporcionada no curso habilitado a tal efecto.
Asistencia a clase: o programa da materia axustarase ao especificado no Regulamento de asistencia a clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024. En concreto, seguirase a opción c, e por tanto, a asistencia ás sesións será preceptiva para superar a materia, sendo obrigatorio asistir ao 80% das sesións. Neste sentido, controlarase a asistencia a través de múltiples vías: listados de sinaturas, chamamentos, recollida de actividades, actividades online nas que haxa que introducir un nome de usuario para realizalas, etc. A xustificación de faltas terase en conta para non perder o dereito a superar a materia sempre que estea correctamente motivada e non supoña a ausencia sistemática. As persoas que non superen o 80% non poderán aprobar a materia na convocatoria de xaneiro, publicándose unha lista antes do exame coas persoas que se atopan nesta situación.
Combinarase a avaliación continua coa realización dunha proba final.
Parte 1. Avaliación continua (60%):
a. Participación e seguimento activo das actividades expositivas e interactivas que se organicen na aula e no laboratorio (10%). Neste apartado valorarase a participación nas actividades que se programen na aula e no laboratorio en función da implicación do estudantado nas sesións, tanto a nivel de resolución das actividades, cumprimento coas normas de aula e de laboratorio, puntualidade, comportamento, etc.
b. Elaboración de traballos individualmente ou en pequenos grupos (40%), que comprendan unha reflexión didáctica sobre as actividades realizadas nas sesións interactivas, e/ou deseño de actividades para educación primaria.
c. Presentacións orais (10%): consistirá na presentación de traballos grupais ou individuais.
Parte 2: Proba final (40%)
d. Proba final individual, complementaria á avaliación continua, dos contidos correspondentes á programación das partes expositiva e interactiva.
Na primeira e segunda oportunidade da primeira convocatoria é necesario obter como mínimo un 50% (5 sobre 10) na Parte 2 (apartado d) para que se lle poda sumar a puntuación da Parte 1 (apartados a, b, e c), que tamén debe de estar aprobada no seu conxunto. Se o alumnado non supera unha desas partes poderá ser avaliado de ambas na segunda oportunidade.
Estes criterios de cualificación aplicaranse por separado para cada un dos dous bloques da materia (Bloque de Ciencias da Natureza e Bloque de Ciencias Sociais), e para superar a materia deberán superarse por separado ambos bloques. A cualificación final será unha media da obtida para cada bloque.
O alumnado de segunda convocatoria e posteriores así como aquel con exención de docencia deberá falar cos docentes en horario de titorías nas dúas primeiras semanas do semestre no primeiro caso, e na mesma semana de concesión da solicitude da exención no segundo, a fin de concretar o plan de traballo.
AVALIACIÓN DO ALUMNADO CON EXENCIÓN DE DOCENCIA:
O alumnado con exención de docencia ás clases expositivas será avaliado das partes 1 e 2 de igual modo que o alumnado de convocatoria ordinaria, agás no que se refire á participación nas clases expositivas, sobre as que deberá entregar unha reflexión persoal dun folio sobre os contidos que se abordaron en cada sesión. Na avaliación do apartado b, requirirase igualmente a entrega de traballos/actividades desenvolvidas nas sesións expositivas. Estas actividades serán colgadas na aula virtual.
Realización fraudulenta de exercicios ou probas: (Normativa de avaliación do rendemento académico dos/as estudantes e de revisión de cualificación - Aprobada en Consello de Goberno o 15 de xuño de 2011 e modificada o 5 de abril de 2017-). Os traballos individuais ou grupais deberán ser orixinais. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba esixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o/a estudante infractor. Considerarase fraudulenta, entre outras, a realización de traballos plaxiados ou obtidos de fontes accesibles ao público sen reelaboración ou reinterpretación e sen citas aos autores e das fontes.
O uso de ferramentas de intelixencia artificial para a elaboración das actividades de aula deberá ser referido, identificando as ferramentas e a finalidade de uso. En ningún caso, o uso destas ferramentas poderá substituir ou suplantar os coñecementos obxecto de avaliación. De ser o caso suporía un suspenso na materia.
Esta é unha materia de 6 ECTS (150 horas). Distribúese mediante unha carga lectiva presencial de 24 horas expositivas, 24 horas interactivas ou de laboratorio, e 3 horas de titorías.
Considérase que as 99 horas restantes deberían ser utilizadas polo alumnado para o estudo autónomo, lecturas recomendadas e actividades en biblioteca ou similares, preparación de debates e preparación de probas, programación de traballos prácticos, escritura de traballos, preparación de presentacións orais, preparación individual de probas escritas e de presentacións orais.
- A metodoloxía de traballo que se utilizará durante o curso supón a implicación do alumnado na súa propia aprendizaxe. Consecuentemente, recoméndase a asistencia a clase e a participación activa nas actividades propostas.
- A análise da problemática de aprendizaxe, así como a análise e a actualización dos contidos científicos, implican a busca de información nas fontes correspondentes e a súa atenta lectura.
Na saída ou saídas de campo que se realicen terase escrupuloso respecto pola contorna. Non se pode recoller ningunha mostra vexetal (follas de árbores, musgos, e outros seres vivos) agás as que estean caídas no chan. Evitaranse ruídos innecesarios que poidan molestar a outras persoas ou perturbar a calquera ser vivo. Non se deixará resto de ningún tipo. O medio sempre debe quedar mellor, ou como mínimo igual, do que o encontramos, nunca peor. Levarase unha bolsa para poder recoller algún lixo que se puidese encontrar e eliminar. Non se poderá utilizar teléfonos móbiles, nin outros artefactos, agás para realizar algún tipo de actividade de instrución relacionada coa actividade.
- O estudantado con necesidades educativas especiais deberá poñerse en contacto co SEPIU coa fin de que este emita unha resolución coas adaptacións que procedan realizarse dentro das dúas primeiras semanas do semestre.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual; en todo caso, o profesorado poderá solicitar a entrega por outros medios.
- Responsabilidade medioambiental. Se o docente da materia solicita a entrega en papel, debe cumprir os seguintes requisitos:
* Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
* Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
* Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
* Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
* Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
- Perspectiva de xénero:
* Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/cdn/ff/QKcBDjOX5QgeJQkeVe81BaV8Ho1…
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo. Asimesmo, os docentes poderán limitar o uso doutros dispositivos electrónicos, como os portátiles.
- Hai que ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Belén María Castro Fernández
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Teléfono
- 881812072
- Correo electrónico
- belen.castro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Paloma Blanco Anaya
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- paloma.blanco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Pablo Brocos Mosquera
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Correo electrónico
- pablo.brocos [at] usc.es
- Categoría
- PROFESOR/A PERMANENTE LABORAL
Julia Feijóo Outumuro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Sociais
- Correo electrónico
- julia.feijoo.outumuro [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Xunta
Irene Gonzalez Costa
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica das Ciencias Experimentais
- Teléfono
- 881812075
- Correo electrónico
- irenegonzalez.costa [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Luns | |||
---|---|---|---|
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19:00-20:30 | Grupo /CLIL_06 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Martes | |||
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 33 |
10:30-12:00 | Grupo /CLIL_02 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
16:00-17:30 | Grupo /CLE_02 + Dobre Grao 4º | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_04 + Dobre Grao 4º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
17:30-19:00 | Grupo /CLIL_04 + Dobre Grao 4º | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Mércores | |||
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 51 |
09:00-10:30 | Grupo /CLIL_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
10:30-12:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 24 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 52 |
12:00-13:30 | Grupo /CLIL_03 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
Xoves | |||
18:00-19:30 | Grupo /CLIL_07 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
18:00-19:30 | Grupo /CLIL_07 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
19:30-21:00 | Grupo /CLIL_05 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 12 |
19:30-21:00 | Grupo /CLIL_05 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 42 - LABORATORIO DE CC. EXPERIMENTAIS |
09.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 01 |
09.01.2026 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 03 |
23.06.2026 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 22 |