Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 51
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Xeografía
Áreas: Análise Xeográfica Rexional
Centro Facultade de Xeografía e Historia
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A rexión constitúe un concepto esencial da Xeografía. Falamos de rexións en cada abordaxe e/ou mediante cada escala pola que optemos, denomínense estas barrios, biomas, comarcas, bacías hidrográficas, concellos, continentes, países, rexións consideradas como tales dentro do sistema político-administrativo dun país dado ou unidades ambientais e paisaxísticas, por mencionar só unha escolma. Velaquí o primeiro obxectivo da materia: comprender o(s) significado(s) de rexión desde múltiples perspectivas xeográficas.
En liña co anterior, a materia proponse achegar tamén as chaves de historia do pensamento xeográfico para dar correlacionada a evolución da disciplina coa do concepto que nos ocupa. Resulta imposíbel desligar a rexión en Xeografía da súa traxectoria de tres milenios de pasado -nos primeiros momentos dese longo lapso nace, de feito, o proprio vocábulo-, aínda que interese máis fixar a atención na historia dos últimos dous séculos e medio, cando se conforma a disciplina como tal. Neste segundo obxectivo cobra especial relevancia a reformulación conceptual acontecida desde a década de 1970: biorrexións, rexións fronteirizas, etc. Tamén se porá o fincapé na liña de reflexión que defende sostidamente que a aproximación rexional permite axuntar as abordaxes xeográficas centradas na perspectiva físico-ambiental-natural, dunha banda, e as que o fan na humano-socio-cultural, da outra.
Finalmente, un terceiro grande obxectivo persegue determinar algunhas das dimensións aplicadas da rexión, das que escollemos dúas. A primeira ten que ver coas políticas territoriais (integradas e/ou sectoriais), que requiren de rexións -ás veces denominadas zonas, sectores, ámbitos ou outras expresións concomitantes- para a súa implantación; a segunda, co campo das divisións territoriais político-administrativas mediante as que se estruturan os Estados.
Contidos recollidos na memoria do grao:
A Xeografía como coñecemento integrado. Os conceptos chave da Xeografía. As distintas tradicións xeográficas. O concepto de rexión e a súa evolución en Xeografía. Xeografía aplicada: a Ordenación do Territorio. As rexións político-administrativas: a organización do territorio.
Os contidos precedentes desenvolveranse nos seguintes temas:
Tema 1. A Xeografía como coñecemento integrado e transversal. A rexión, concepto xeográfico chave
Tema 2. As rexións no seo da longa historia da Xeografía
Tema 3. As Novas (Novas) Xeografías Rexionais: o concepto de rexión desde os anos 1970
Tema 4. A Xeografía aplicada: a Ordenación do Territorio
Tema 5. As rexións político-administrativas dos Estados: a organización do territorio
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
- García Álvarez, J. (2006): «Geografía regional», en Hiernaux, D. & Lindón, A. (dirs.): Tratado de Geografía Humana. Iztapalapa/Rubí: Universidad Autónoma Metropolitana/Anthropos, pp. 25-70.
- Holt-Jensen, A. (1988): Geography: History and Concepts. A Student’s Guide. London: Paul Chapman. [Trad. esp.: Holt-Jensen, A. (1992): Geografía. Historia y conceptos. Barcelona: Vicens Vives.]
- Lewis, M. W. & Wigen, K. E. (1997): The Myth of Continents. A Critique of Metageography. Berkeley: University of California Press.
- Murphy, A. B. (2018): Geography. Why It Matters. Cambridge: Polity Press. [Trad. esp.: Geografía. Por qué importa. Madrid: Alianza.]
- Paasi, A.; Harrison, J. & Jones, M. (eds.) (2018): Handbook on the Geographies of Regions and Territories. Cheltenham/Northampton: Edward Elgar.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
- Beucher, S. & Reghezza, M. (2017): La Géographie : pour quoi ? comment ? Paris: Hatier.
- Claval, P. (2006): Géographie régionale. De la région au territoire. Paris: Armand Colin.
- Farinós, J. & Olcina, J. (eds./coords.) (2017): Geografía regional de España. Espacio y comunidades. Bases para una regionalización renovada del territorio español. València: Tirant Humanidades.
- Farinós, J. (coord.) (2018): Territorio y Estados. Elementos para la coordinación de las políticas de ordenación del territorio en el siglo XXI. València: Tirant Humanidades.
- Lacoste, Y. (1985 [1ª ed., 1976]): La géographie, ça sert, d’abord, à faire la guerre. Paris: La Découverte. [Trad. esp.: Lacoste, Y. (1977): La Geografía, un arma para la guerra. Barcelona: Anagrama.]
- Lencioni, S. (2009): Região e Geografia. São Paulo: Universidade de São Paulo.
- Unwin, T. (1992): The Place of Geography. Harlow: Longman. [Trad. esp.: Unwin, T. (1995): El lugar de la geografía. Madrid: Cátedra.]
Coñecementos
Coñ1: Historia e pensamento da disciplina xeográfica
Coñ2: Grandes rexións e xeopolítica do mundo
Coñ3: Xeografía humana
Coñ4: Xeografía física e medio ambiente
Coñ5: Ordenación do territorio e urbanismo
Coñ7: Métodos e traballo de campo da disciplina xeográfica
Habilidades ou destrezas
H/D1: Xestionar a complexidade xeográfica
H/D2: Entender os problemas xeográficos de forma multidimensional, interrelacionando o medio físico-natural e ambiental coa esfera humana e social
H/D3: Interrelacionar os fenómenos a diferentes escalas territoriais
H/D4: Buscar, xerar, ordenar e sintetizar información xeográfica
H/D5: Expor e transmitir coñecementos, métodos e resultados xeográficos de forma autónoma
H/D7: Xerar acordos en equipos interdisciplinares en ordenación do territorio, entendendo a linguaxe e as propostas doutros especialistas
Competencias
Comp1: Coñecer, comprender, analizar e interpretar o territorio, o medio físico-natural, o medio ambiente e a paisaxe
Comp5: Aprender a coñecer e interpretar directamente o territorio, o medio e a paisaxe a través do traballo de campo
Comp6: Elaborar e interpretar información cuantitativa e cualitativa en Xeografía
Comp7: Explicar a diversidade de lugares, ambientes, cidades e rexións
A materia desenvólvese nas aulas expositivas, de seminario e de laboratorio. Asemade, prevese a realización de traballo de campo, condicionado ás posibilidades orzamentarias.
No que fai á docencia expositiva, o profesorado abordará de xeito presencial na aula os contidos distribuídos por temas, apoiándose en presentacións multimedia e nunha escolma de textos, mapas e gráficos, con recurso a actividades tales como aulas invertidas. Para o seguimento da materia, ademais da bibliografía recomendada, o alumnado disporá do material docente empregado no Campus Virtual.
Polo que respecta á docencia de seminario, esta ten por obxectivo apoiar a consolidación dos coñecementos estabelecidos na memoria do grao, nomeadamente comprender, en textos xeográficos varios e en cartografías diversas, de que forma se foi consolidando ao longo do tempo o estudo xeográfico (rexional) e, no seu seo, de que xeito se tenderon a combinar os contidos físico-ambientais-naturais e os humano-socio-culturais que fan referencia a rexións a distintas escalas. Isto inclúe a consideración crítica dos resultados da IA en Xeografía.
En relación coa docencia de laboratorio, contribúe a acadar as competencias e as habilidades/destrezas fixadas na memoria do grao. Lévase a cabo neste sentido un manexo introdutorio e simple dun programa de SIX libre para a produción de mapas de localización e de divisións territoriais a distintas escalas.
A saída de traballo de campo procura xerar un espazo de diálogo no que se dea transmitido de que xeito se leva a cabo a análise xeográfica e, no seo da Ordenación do Territorio, como funcionan os diagnósticos territoriais e a ideación de propostas de futuro. Prevese que sexa de dous días nas Montañas de Trevinca. A saída de traballo de campo ten natureza de actividade formativa obrigatoria de acordo co Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase.
Ao longo do curso, o profesorado estará dispoñíbel nas horas de titorías. Alén diso, na aula de titorías ao final do curso estabelecida pola Facultade preparase especificamente o exame.
A avaliación da aprendizaxe comprende tanto o proceso como o resultado obtido. Proponse unha avaliación continua formativa con proba final, que estimule o alumnado para ser axente activo da súa propia formación.
A avaliación aplicarase do seguinte xeito:
1. Realización e entrega das actividades propostas de avaliación continua derivadas das aulas de seminario, de laboratorio e da saída de traballo de campo (esta última de se producir), nomeadamente entregas de textos, proxecto cartográfico e/ou presentación oral: 50%. A entregar no Campus Virtual e/ou mediante exposición oral.
Dado que a saída de traballo de campo ten natureza de actividade formativa obrigatoria segundo o Acordo do Consello de Goberno do 25/11/2024 que aprobou o Regulamento de asistencia a clase, a posíbel falta de asistencia deberá ser expresamente xustificada de acordo co art. 3 do devandito Regulamento. No caso das faltas de asistencia xustificadas de forma conveniente, facultarase unha entrega alternativa que terá o mesmo peso.
De acordo co art. 1 do Regulamento devandito, a asistencia ás aulas ponderarase na cualificación parcial relativa ao ítem da avaliación continua, cunha porcentaxe máxima do 10%.
2. Proba final na data oficial estabelecida pola Facultade, relativa aos contidos e coñecementos das aulas expositivas e de seminario, e á lectura de Murphy (2018): 50%. Consistirá en preguntas curtas e/ou tipo test. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Se a cualificación non resultase por riba de 5 na primeira oportunidade, pódese afrontar a segunda oportunidade de avaliación. Nesta segunda oportunidade non se pode producir avaliación continua, polo que o exame abranguerá daquela a totalidade dos materiais dispoñíbeis en Campus Virtual e a lectura de Murphy (2018), coas porcentaxes indicadas máis arriba. Consistirá en preguntas curtas e/ou tipo test. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
O alumnado coa dispensa concedida preceptivamente pola Comisión Académica e de Validacións da Facultade será avaliado mediante un exame presencial na primeira oportunidade, que abranguerá a totalidade dos materiais dispoñíbeis en Campus Virtual e á lectura de Murphy (2018), coas porcentaxes indicadas máis arriba. Consistirá tanto en preguntas curtas e/ou tipo test como en preguntas a desenvolver. Nas preguntas tipo test, as respostas equivocadas restarán.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas, incluíndo o uso inaxeitado da IA, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento dos estudantes e de revisións de cualificacións, nomeadamente o seu art. 16, que estipula a cualificación global resultante. Expresamente nesta materia, a IA incorporarase no seu desenvolvemento docente (aulas de seminario), polo que que o seu uso ilícito hai que entendelo nos termos estabelecidos pola Normativa devandita.
- Docencia teórica: 24 h
- Docencia de seminario: 12 h
- Docencia de laboratorio: 12 h
- Titorización en grupo reducido: 3 h
- Traballo persoal do alumnado: 99 h
Para los casos de realización fraudulenta de ejercicios o pruebas será de aplicación lo recogido en la Normativa de evaluación del rendimiento académico de los estudiantes y de revisión de las calificaciones.
Jose Ignacio Vila Vazquez
- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Correo electrónico
- jose.vila.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Valerià Paül Carril
Coordinador/a- Departamento
- Xeografía
- Área
- Análise Xeográfica Rexional
- Teléfono
- 881812705
- Correo electrónico
- v.paul.carril [at] usc.gal
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |
Xoves | |||
15:00-17:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 14 |