Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Inorgánica
Áreas: Química Inorgánica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Coñecer as propiedades dos compostos de coordinación, relacionándoas coas características dos seus compoñentes.
• Poder realizar procedementos normais nun laboratorio inorgánico.
• Coñecer riscos e normas de seguridade no manexo de substancias químicas.
• Saber resolver problemas químicos
Programa de teoría
Tema 1. Aspectos termodinámicos dos compostos de coordinación
Tema 2. A ligazón nos compostos de coordinación
Tema 3. Propiedades espectroscópicas dos complexos dos metais de transición
Tema 4. Propiedades magnéticas dos complexos dos metais de transición
Programa de prácticas de laboratorio
Síntese de compostos de coordinación e estudo dalgunha das súas propiedades.
Básica (manual de referencia)
- Housecroft C.E., Sharpe A. G., “Química Inorgánica” 2º Ed.; Prentice Hall, 2006: capítulos 6 e 20.
Complementaria
- Shriver D. F. & Atkins, P. “Química Inorgánica” 4ª ed.; McGraw-Hill, 2008: capítulo 19 e 20.
- Huheey J.E., Keiter E.A., Keiter R. L. “Química Inorgánica“. 4ª Ed. Harper Collins College Publishers. 1993
- Ribas Gispert, J., Química de Coordinación; Edicións Universitat de Barcelona, 2000. Ribas Gispert, J. Coordination Chemistry, Weinheim: Wiley-WCH, 2008.
1. COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1.- Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2.- Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecemento da Química.
CG3.- Que poidan aplicar tanto os coñecementos teórico-prácticos adquiridos como a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na procura de solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4.- Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5.- Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos, novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
2. COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT1. Adquirir capacidade de análise e síntese.
CT2. Desenvolver capacidade de organización e planificación.
CT3- Adquirir coñecementos dunha lingua estranxeira.
CT4- Ser capaz de resolver problemas.
CT5- Ser capaz de tomar decisións.
3. COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE7.- Coñecer as propiedades dos compostos orgánicos, inorgánicos e organometálicos.
CE13.- Ser capaz de demostrar o coñecemento e comprensión dos feitos esenciais, conceptos, principios e teorías relacionadas coas áreas da Química.
CE14.- Ser capaz de resolver problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE18.- Ser capaz de levar a cabo procedementos estándares de laboratorio implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos.
CE23.- Recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria.
A) Clases expositivas en grupo grande: Lección impartida polo profesor que pode ter formatos diferentes (teoría, problemas e/ou exemplos xerais, directrices xerais da materia…). O profesor pode contar co apoio dos medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os estudantes non necesitan manexalos na clase.
B) Clases interactivas en grupo reducido: Clase teórico/práctica na que se propoñen e resolven aplicacións da teoría, problemas, exercicios… O alumno participa activamente nestas clases de distintas formas: entrega de exercicios ao profesor (algúns dos propostos en boletíns de problemas que o profesor entrega aos alumnos coa suficiente antelación); resolución de exercicios na aula, etc. O profesor pode contar con apoio de medios audiovisuais e informáticos, pero, en xeral, os estudantes non os manexarán na clase. Inclúense as probas de avaliación se as houbese.
C) Clases prácticas de laboratorio: Inclúense aquí as clases que teñen lugar no laboratorio de prácticas. Nelas o alumno adquire as habilidades propias dun laboratorio de química e consolida os coñecementos adquiridos nas clases de teoría. O traballo persoal do alumno nesta actividade é moito máis reducido. Para estas prácticas, o alumno disporá dun manual de prácticas de laboratorio, que incluirá consideracións xerais sobre o traballo no laboratorio, así coma un guión de cada unha das prácticas a realizar, que constará dunha breve presentación dos fundamentos, a metodoloxía para seguir e a indicación dos cálculos a realizar e resultados a presentar. O alumno deberá acudir a cada sesión de prácticas co contido deste manual lido e preparado. O alumno realizará individualmente as experiencias e cálculos necesarios para a consecución dos obxectivos da práctica, recollendo no diario de laboratorio o desenvolvemento da práctica e os cálculos e resultados que procedan, presentando o mesmo día, ou cando o profesor o indique, os resultados, que serán avaliados.
A asistencia a estas clases é obrigatoria. As faltas deberán ser xustificadas documentalmente, aceptándose aqueles casos contemplados na normativa universitaria vixente. As prácticas non realizadas recuperaranse de acordo co profesor e dentro do horario previsto para a materia.
D) Titorías en grupo moi reducido: Titorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, supoñerán para cada alumno 2 horas por cuadrimestre e materia. Propóñense actividades como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos.
E) O alumno poderá atopar material de apoio, novidades e anuncios relacionados coa materia na aula Virtual da materia.
Consideracións xerais sobre o sistema avaliación
1. A asistencia ao 100% das clases prácticas de laboratorio é obrigatoria. As prácticas non realizadas por causas xustificadas deberán ser recuperadas, de acordo co profesor. As ausencias deberán estar debidamente xustificadas e documentadas.
2. A avaliación consistirá en dous partes:
2.1. Avaliación continua (30%), que constará á súa vez de:
i. Exercicios e cuestións entregados ao profesor. Resolución de exercicios na aula por parte do alumnado.
ii. Prácticas laboratorio
2.2. Exame final (70%)
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final (primeira ou segunda oportunidade) nin á da media ponderada coa avaliación continua.
3. Cada subapartado do apartado 2.1 contabilizará para a nota final do alumno da seguinte maneira:
i: 20%
ii: 10%
4. Para a avaliación das prácticas de laboratorio, os ítems a avaliar serán os seguintes:
• Organización e pulcritude no laboratorio
• Execución da práctica
• Cuestións das prácticas
Non será posible superar a materia sen superar as prácticas de laboratorio.
5. Aos alumnos repetidores que superasen a parte práctica da materia en anos anteriores conservaráselles a nota de prácticas por un máximo de 3 cursos académicos (incluído o curso no que se superaron as prácticas) e terán a opción de non repetir as prácticas de laboratorio nese período.
6. Avaliación de competencias
Clases de seminarios: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT3, CT4, CT5, CE7, CE13, CE14, CE23
Clases prácticas de laboratorio: CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CE7, CE13, CE14, CE23
Exame final (primeira e segunda oportunidade): CG1, CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT5, CE7, CE13, CE14, CE18, CE23
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas de avaliación será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA
a) Clases expositivas en grupo grande. HORAS: 23
b) Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios). HORAS: 8
c) Titorías. HORAS: 2
d) Prácticas de laboratorio. HORAS: 20
TOTAL HORAS TRABALLO PRESENCIAL NA aula Ou LABORATORIO: 53 HORAS
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO
a) Estudo autónomo individual ou en grupo. HORAS: 46
b) Resolución de exercicios, ou outros traballos. HORAS: 24
c) Preparación das presentacións orais, escritas, elaboración de exercicios propostos. Actividades en biblioteca ou similar. HORAS: 12
d) Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria de prácticas. HORAS: 15
TOTAL HORAS TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO: 97 HORAS
• É importante asistir ás clases expositivas.
• É importante manter “ao día” o estudo da materia.
• É importante a participación nas clases, especialmente as de seminario, nas que se resolverán os exercicios expostos, comentando as dificultades cos compañeiros de seminario.
• Unha vez finalizada a lectura dun tema no manual de referencia, é útil facer un resumo dos aspectos importantes, identificando os puntos fundamentais e as relacións básicas que se deben lembrar, e asegurándose de coñecer tanto o seu significado como as condicións nas que se poden aplicar.
• A resolución de problemas é importante para a aprendizaxe desta materia. Pode resultar de axuda seguir estes pasos: (1) Facer unha lista con toda a información relevante que proporciona o enunciado. (2) Facer unha lista coas cantidades que se deban calcular. (3) Identificar as ecuacións para utilizar na resolución do problema e aplicalas correctamente.
• É imprescindible a preparación das prácticas antes da entrada no laboratorio. En primeiro lugar, débense repasar os conceptos teóricos importantes en cada experimento e, a continuación, é necesario ler con atención o guion da práctica, tentando entender os obxectivos e o desenvolvemento do experimento proposto. Calquera dúbida que puidese xurdir deberá ser consultada co profesor.
Recomendacións de cara á avaliación:
O alumnado debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas. O grao de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumnado para afrontar o exame final da materia. Aquel alumnado que encontre dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver as devanditas dificultades.
Recomendacións de cara á recuperación:
O profesor analizará con aquel alumnado que non supere con éxito o proceso de avaliación, e así o desexe, as dificultades encontradas na aprendizaxe dos contidos da materia.
Maria Matilde Fondo Busto
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814231
- Correo electrónico
- matilde.fondo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Antonio Sousa Pedrares
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814240
- Correo electrónico
- antonio.sousa.pedrares [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Isabel Garcia Santos
Coordinador/a- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881814956
- Correo electrónico
- isabel.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Miguel Vazquez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Teléfono
- 881815736
- Correo electrónico
- miguel.vazquez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Isabel Velo Heleno
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- mariaisabel.velo.heleno [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Diego Sanchez-Brunete Gayoso
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- diego.sanchez-brunete [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Maria Del Carmen Gimenez Lopez
- Departamento
- Química Inorgánica
- Área
- Química Inorgánica
- Correo electrónico
- maria.gimenez.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Mércores | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Xoves | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
Venres | |||
11:00-12:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
13:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
20.12.2023 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
20.12.2023 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Analítica (2º andar) |
26.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |
26.06.2024 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Técnica (planta baixa) |