Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Hidráulica
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Os obxectivos que se pretenden acadar nesta materia de acordo coa memoria de título son:
- Imbuír ao estudantado da importancia do medio litoral, a gran demanda de usos ós que está sometido —moitos deles en conflito entre si— e a súa vulnerabilidade.
- Coñecer os principios do funcionamento do sistema costeiro, facendo fincapé no seu carácter dinámico e na estreita interrelación entre os procesos litorais.
- Adquirir capacidades no emprego de ferramentas auxiliares esenciais ó servizo da Enxeñaría de Portos e Costas, tales como o modelado numérico.
- Coñecer os principios básicos das técnicas de deseño e cálculo das actuacións no medio litoral.
- Con base no coñecemento do sistema litoral e da interrelación entre os seus compoñentes, coñecer os conceptos fundamentais da Xestión Integral da Zona Costeira (XIZC).
A memoria de título contempla para esta materia os seguintes contidos:
Meteoroloxía e clima marítimo
Hidrodinámica
Morfodinámica
Obras de defensa de costas
Portos: Funcións. Usuarios. Tipoloxías
Obras de abrigo
Xestión Integral da Zona Costeira
Estes contidos desenvólvense segundo o temario que se presenta a continuación, indicándose de modo orientativo o tempo dedicado a cada tema tanto de docencia presencial (DP) como non presencial (DNP):
Temario teórico:
Tema 1. Circulación litoral (DP=4h; DNP=6h)
Circulación oceánica vs circulación litoral. Circulación inducida pola ondada. Circulación inducida pola marea. Circulación inducida por outros axentes.
Tema 2. Procesos sedimentarios costeiros (DP=2h; DNP=3h)
Características xerais. Propiedades dos sedimentos costeiros. Caracterización do transporte de sedimentos.
Tema 3. Modelaxe da hidromorfodinámica litoral (DP=6h; DNP=9h)
Tipos de modelos. Modelos de Augas Someras. Modelaxe das correntes litorais. Modelaxe do transporte de sedimentos.
Tema 4. Forzas hidrodinámicas (DP=4h; DNP=6h)
Forzas de inercia e arrastre. Ecuacións de Morison. Forzas inducidas pola ondada, correntes e vento.
Tema 5. Xestión integrada da zona costeira (DP=2h; DNP=3h)
Principios e obxectivos. Usos e características do litoral. Ferramentas SIX.
Temario práctico:
Práctica 1. Análise de procesos sedimentarios (DP=2h; DNP=2h)
Práctica 2. Modelaxe hidromorfodinámica (I). Aplicación e simulación (DP=4h; DNP=7h)
Práctica 3. Modelaxe hidromorfodinámica (II). Análise de resultados (DP=4h; DNP=8h)
Práctica 4. Determinación de forzas (DP=6h; DNP=11h)
Práctica 5. Ferramentas SIX para la XIZC (DP=2h; DNP=1)
- Bibliografía básica
Dean, R. G. & Dalrymple, R. A. Coastal Processes with Engineering Applications. Cambridge University Press, 2002.
Dean, R. G. & Dalrymple, R. A. Water Wave Mechanics for Engineers and Scientists. World Scientific, 2008.
Deltares. User Manual Delft3D. Deltares, 2014.
Komar, P. D. Beach Processes and Sedimentation. Prentice Hall, 1998.
Recomendaciones para Obras Marítimas. ROM. Puertos del Estado, 1990 – 2011.
U.S. Army Corps of Engineers. Coastal Engineering Manual (6 vol), 2000.
- Bibliografía complementaria
Dyer, K. R. Estuaries. A Physical Introduction. Wiley, 1973.
Fredsoe, J., & Deigaard, R. Mechanics of Coastal Sediment Transport. World Scientific, 1992.
Kowalik, Z., & Murty, S.T. Numerical Modeling of Ocean Dynamics. World Scientific, 1993.
Van Rijn, L. Principles of Fluid Flow and Surface Waves in Rivers, Estuaries and Oceans. Aqua Publications, 1994.
- Material docente
Ademais do material que se facilitará ó estudantado para o axeitado seguimento tanto das clases expositivas coma dos seminarios interactivos, disporase das seguintes publicacións docentes:
Iglesias, G., Carballo, R. Mecánica Ondulatoria. Univ. Santiago de Compostela, 2011.
Carballo, R., Iglesias, G., Sánchez, M. Mareas. Univ. Santiago de Compostela, 2011.
Nesta materia, ademais das cinco competencias básicas (CB1 – CB5) fixadas por Orde Ministerial para estudantado de Grado, traballaranse as seguintes competencias xerais (CX), transversais (CT), e específicas (CE):
CX1. Capacitación científico-técnica para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Obras Públicas e coñecemento das funcións de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, construción, mantemento, conservación e explotación.
CT1: Capacidade de análise e síntese.
CT2: Capacidade para o razoamento e a argumentación.
CT3: Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
CT4: Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT5: Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada.
CT6: Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
CT7: Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
CT8: Compromiso de veracidade da información que ofrece ós demais.
CT9: Habilidade no manexo de TICs.
CT10: Utilización de información bibliográfica e de Internet.
CT11: Utilización de información en lingua estranxeira.
CT12: Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
CETECC3. Capacidade para a construción e conservación de obras marítimas.
Esta competencia específica ademais de nesta materia, tamén se traballa nas materias Portos e Costas I, Obras Marítimas, Enxeñería Portuaria e Enxeñería de Costas.
As clases expositivas consistirán na presentación e desenvolvemento de contidos teóricos fundamentais da materia que se realizará mediante clases en grupos grandes e de carácter principalmente maxistral. O estudantado deberá dedicar un determinado tempo á preparación previa dos contidos que se tratarán na clase, así coma o seu estudio posterior. Co fin de fomentar o traballo diario do estudantado, contémplase a realización de actividades breves relativas a conceptos fundamentalmente teóricos vistos durante o desenvolvemento das clases expositivas, podendo incorporar contidos prácticos. As competencias traballadas nas clases expositivas son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
En canto ás clases interactivas, estas concíbense coma un conxunto de actividades nas que a participación do estudantado é unha parte fundamental. Durante o seu desenvolvemento o estudantado resolverá exercicios e problemas, tanto de forma individual coma en grupos, o que lles permitirá poñer a punto e aplicar de forma práctica os coñecementos teóricos derivados das clases expositivas. En particular, o estudantado realizará un traballo de curso que consistirá na determinación das condicións hidrodinámicas de deseño para unha actuación no litoral relativas ás correntes existentes, para o que se empregarán técnicas de modelaxe numérica e datos de campo. Os resultados obtidos empregaranse como datos de partida para a elaboración do traballo de curso da materia Enxeñaría Portuaria (4º curso). As competencias traballadas nas clases interactivas son: CG1, CT1 – CT12, CETECC3.
Finalmente, durante as titorías individuais e en grupo atenderase ó estudantado para discutir, comentar, aclarar e resolver cuestións concretas relativas a calquera contido e/ou actividade desenvolta na materia. As competencias traballadas nestas sesións son: CB1 – CB5, CX1, CT1 – CT12, CETECC3.
Recórrese a un sistema de avaliación no que se terán en consideración diferentes aspectos relacionados non só cos coñecementos finais adquiridos, senón tamén co propio proceso de aprendizaxe. En particular, na nota final da materia, teranse en conta os seguintes aspectos:
1) Participación
Sistema de avaliación: observación do aproveitamento das clases
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 10%
2) Realización de exercicios
Sistema de avaliación: entrega de exercicios/actividades propostos
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 10%
3) Traballo de curso
Sistema de avaliación: seguimento da elaboración de documentos/ficheiros, a súa corrección e/ou exposición/defensa
Competencias: CB1 – CB5, CG1, CT1 – CT12, CETECC3
Peso: 30% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
4) Proba escrita
Sistema de avaliación: proba escrita que constará de cuestións teóricas e prácticas
Competencias: CB1, CB2, CB3, CB5, CG1, CT1, CT2, CT6, CT12, CETECC3
Peso: 50% (nota mínima de 5 puntos sobre 10)
A materia superarase (1ª e 2ª oportunidade) cando a nota final sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10, establecéndose do mesmo xeito unha nota mínima nos aspectos 3 (Traballo de curso) e 4 (Proba escrita) de 5 puntos sobre 10. No caso de estudantado cunha nota na Proba escrita inferior a 5, a súa cualificación corresponderase con dita nota. No caso de estudantado que superase a Proba escrita, pero obtivera unha nota inferior a 5 no Traballo de curso, a súa cualificación corresponderase coa media ponderada dos diferentes aspectos (1-4), non podendo exceder en ningún caso os 4 puntos. A nota obtida nos diferentes aspectos na 1ª oportunidade poderase conservar para a 2ª oportunidade; en caso contrario, deberá ser comunicado ó profesorado.
Os criterios a seguir para o estudantado repetidor serán análogos ós expresados anteriormente. Neste senso, o estudantado poderá conservar a nota obtida nos aspectos 1, 2 e 3, o que deberá ser informado ó profesorado coa maior antelación posible (en caso de non ser comunicado entenderase que o estudantado opta por realizar o proceso de avaliación establecido).
O estudantado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo o disposto no “Regulamento de asistencia a clase” non terá obrigación de asistir a ningunha actividade (salvo as probas de avaliación), sendo preciso que se dirixa ó profesorado coa maior antelación posible, de xeito que se lle poda indicar un método alternativo para a avaliación do aspecto 1. Este método alternativo consistirá na realización dun traballo de curso adicional relacionado cos contidos teóricos e/ou prácticos vistos na materia a través do cal quede reflectida a adquisición das competencias requiridas para este aspecto. Os contidos específicos do traballo fixaranse tras unha titoría individual co estudantado. Os aspectos 2, 3 e 4 non poderán ser substituídos, podendo adaptarse parte da metodoloxía nos aspectos 2 e 3, no caso de ser necesario.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
De xeito orientativo, proponse a seguinte distribución de horas non presenciais correspondentes ás diferentes actividades metodolóxicas propostas:
-Docencia presencial: 42 horas
Dentro da docencia presencial inclúense, ademais das horas correspondentes a horas expositivas e interactivas (36h), titorías en grupo (2h) e proba escrita (4h).
-Docencia non presencial: 70.5 horas
Dentro da docencia non presencial inclúense a lectura e preparación teórica de temas (27h), realización de exercicios (9h), elaboración do traballo de curso (20h) e preparación da proba escrita (14.5h).
- Asistencia ás sesións expositivas e interactivas.
- Estudo diario da materia.
- Realización das actividades programadas.
- Asistencia ás titorías para o seguimento e resolución de dúbidas
Ivan Lopez Moreira
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- ivan.lopez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Rodrigo Carballo Sanchez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Hidráulica
- Correo electrónico
- rodrigo.carballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade