Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 36 Clase Interactiva: 18 Total: 55
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Química
Áreas: Enxeñaría Química
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
- Comprensión dos principios básicos da enxeñaría das reaccións químicas e a súa aplicación ao deseño de reactores.
- Capacitación do estudantado para a formulación de ecuacións cinéticas en sistemas homoxéneos.
- Adquisición de destrezas para o cálculo e deseño de reactores ideais isotérmicos e adiabáticos.
- Concienciación do estudantado sobre a importancia da seguridade e a prevención de accidentes en reactores químicos.
• TEÓRICO-PRÁCTICOS
Tema 1. Introdución á Enxeñaría da Reacción Química
1.1 Enxeñaría da reacción química
1.2 Tipos de reaccións
1.3 Tipos de reactores
1.3.1 Operación discontinua, semicontinua e continua
1.4 Velocidade de reacción
Tema 2. Cinética das reaccións homoxéneas
2.1 Ecuación cinética
2.2 Dependencia da concentración
2.3 Dependencia da temperatura
Tema 3. Obtención de datos cinéticos
3.1 Reactor discontinuo de volume constante
3.1.1 Método integral
3.1.2 Método diferencial
3.2 Reactor discontinuo de volume variable
3.2.1 Método integral
3.2.2 Método diferencial
3.3 Temperatura e velocidade de reacción
Tema 4. Reactores ideais
4.1 Conceptos clave
4.1.1 Tempo espacial e tempo de residencia
4.2 Reactor ideal discontinuo
4.3 Reactor de mestura completa
4.4 Reactor de fluxo en pistón
Tema 5. Deseño de reactores ideais isotérmicos: reaccións simples
5.1 Reactor único
5.1.1 Comparación de tamaños
5.2 Sistemas de múltiples reactores
5.3 Reactor con recirculación
5.4 Reaccións autocatalíticas
Tema 6. Deseño de reactores ideais isotérmicos: reaccións múltiples
6.1 Reaccións en paralelo
6.1.1 Estudo cualitativo
6.1.2 Estudo cuantitativo
6.2 Reaccións en serie
6.2.1 Estudo cualitativo
6.2.2 Estudo cuantitativo
6.3 Reaccións reversibles en serie ou en paralelo
6.4 Reaccións en serie-paralelo
Tema 7. Efecto da temperatura no deseño do reactor
7.1 Reaccións simples
7.1.1 Cálculos termodinámicos: entalpía de reacción e constante de equilibrio
7.1.2 Relación velocidade-conversión-temperatura
7.1.3 Deseño: reactores adiabáticos e non adiabáticos
7.1.4 Estabilidade no reactor de mestura completa con reacción exotérmica
7.2 Reaccións múltiples
Tema 8. A seguridade en reactores químicos
8.1 Riscos asociados ás reaccións químicas
8.2 Seguridade no reactor químico
• AULA DE INFORMÁTICA
Realizarase o deseño e a simulación de diferentes tipos de reactores empregando software especializado.
• TUTORÍA GRUPAL
Levarase a cabo un caso de estudo relacionado coa seguridade nun reactor químico.
Bibliografía básica:
- Levenspiel, O. Ingeniería de las Reacciones Químicas, 3ª ed. México : Limusa Wiley, 2004. ISBN 968-18-5860-3 (A120 4 G, A120 4 H, A120 4 J, QUT 130, QUT 131, QUT 242); Levenspiel, O. Chemical Reaction Engineering. 3rd ed. New York: John Wiley & Sons, 1999. ISBN 0-471-25424-X (120 11, A120 4 E, A120 4 F, QUT 218).
Bibliografía complementaria:
- González Velasco, J.R. et al. Cinética Química Aplicada. Madrid: Síntesis, 1999. ISBN84-7738-666-8 (BT 115, A QF 100, 121 10, 121 10 A, A121 8, QUT 260, QUT 261, QUT 262, QUT 263, QUT 264)
- Fogler, H.S. Elementos de Ingeniería de las Reacciones Químicas. 4ª ed. México: Pearson Educación, 2008. ISBN 9789702611981(A120 3 G A120 3 H A120 3 I); Fogler, H.S. Elements of Chemical Reactor Engineering. 4th ed. Harlow: Prentice Hall, 2014. ISBN 978-1-292-02616-9 1-292-02616-2 (A120 3 K, A120 3 L)
- Missen, R.W., Mims, C.A. and Saville, B.A. Introduction to chemical reaction engineering and kinetics. New York: John Wiley & Sons, 1999. ISBN 0-471-16339-2 (A120 1, A120 1 A, A120 1 B, A120 1 C, QUT 235)
- Ravi, R., Vinu, R. and Gummadi S.N. (eds.) Coulson and Richardson's chemical engineering. Volume 3A, Chemical and biochemical reactors and reaction engineering. Fourth Edition. Oxford: Butterworth Heinemann, 2017. ISBN 978-0-08-101096-9
http://sfx.bugalicia.org/san?url_ver=Z39.88-2004&url_ctx_fmt=infofi/fmt…
- Santamaría, Jesús M. et al. Ingeniería de Reactores. Madrid: Síntesis, 2002. ISBN 9788477386650 (A122 2 C, A122 2 D, A122 2 E, A122 2 F) ISBN Digital: 9788499581101
https://prelo.usc.es/Record/Xebook1-480
Coñecementos ou contidos
Con17: Coñecementos sobre balances de materia e enerxía ou biotecnoloxía ou transferencia de materia, operacións de separación ou enxeñaría da reacción química ou deseño de reactores ou valorización e transformación de materias primas e recursos enerxéticos.
Habilidades ou destrezas
H/D05: Capacidade para aplicar os coñecementos na práctica.
H/D09: Destrezas informáticas.
Competencias
Comp06: Capacidade para o deseño e a xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para: a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e o modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química ou sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor ou operacións de transferencia de materia ou cinética das reaccións químicas e reactores.
• Clases expositivas
As clases expositivas dedicaranse á presentación dos contidos teóricos da materia, sempre coa participación activa do estudantado e co apoio de ferramentas audiovisuais. Tamén se levarán a cabo problemas que permitan consolidar os coñecementos teóricos.
Competencias: Con17, H/D05, Comp06
• Seminarios
Oito seminarios dedicaranse á resolución de aspectos/problemas específicos que o alumnado traballará previamente. Os outros catro seminarios serán probas avaliables. Realizaranse ao remate dos temas 3, 5, 6 e 7, e tras a finalización dos correspondentes boletíns de problemas. Consistirán na resolución individual dun problema de contido similar ao boletín finalizado.
Competencias: Con17, H/D05, Comp06
• Aula de informática (actividade obrigatoria)
Nos seminarios interactivos de aula de informática traballarase individualmente. Utilizarase un simulador (Aspen Hysys) para realizar estudos sobre diferentes reaccións químicas e tipos de reactores.
Entrega
Dúas semanas despois da finalización das prácticas, entregarase individualmente un exercicio de simulación dun reactor químico.
Competencias: H/D09
• Titoría grupal
Empregando ferramentas informáticas, o alumnado en grupos reducidos (2-3 persoas) buscará información sobre un accidente relacionado cunha reacción química ou un reactor químico e preparará, na aula, unha pequena presentación sobre o mesmo.
Entrega
A presentación preparada entregarase ao final do seminario.
Competencias: H/D09
• Visita técnica
Realizarase, de ser posible, unha visita a unha empresa relacionada cos contidos teóricos da materia. O seu obxectivo é conectar os contidos da asignatura coa realidade industrial. En función da dispoñibilidade da empresa, está prevista para os meses de marzo ou abril.
Competencias: H/D05
Empregarase o Campus Virtual como ferramenta de apoio á docencia.
O alumnado poderá, ademais, facer as consultas que desexe en titorías individualizadas no horario establecido para tal fin.
•Avaliación de actividades e competencias
Seminarios avaliables: Con17, H/D05, Comp06
Aula de informática: H/D09
Titoría grupal: H/D09
Exame: Con17, H/D05, Comp06
• Sistema de cualificación
Exame ao final do semestre: 70% da nota (80% Problemas, 20% Teoría)
Seminarios avaliables: 20% da nota
Aula de informática: 5%
Titoría grupal: 5%
Actividades obrigatorias: Exame e prácticas na aula de informática.
Nota mínima no exame: 4 (sobre 10). Nota mínima nas prácticas: 4 (sobre 10). Se non se aproba, a cualificación na materia será de suspenso. A cualificación final en acta será a do ítem que suspende a materia.
As cualificacións das diferentes actividades comunicaránselle ao estudantado nos prazos establecidos na normativa universitaria.
No caso de non superarse a materia na primeira oportunidade, gardarase a nota conseguida nas actividades realizadas de avaliación continua para a segunda oportunidade. Non se conservará ningunha nota entre convocatorias.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas aplicarase o recollido na normativa de avaliación do rendemento académico do estudantado e de revisión de cualificacións.
Actividade. Horas presenciais – Horas de traballo do estudantado – ECTS.
Clases expositivas. Presenciais: 36. Traballo do estudantado: 39. ECTS: 3
Clases interactivas seminario. Presenciais: 12. Traballo do estudantado: 25. ECTS: 1,5
Clases interactivas aula de informática. Presenciais: 6. Traballo do alumnado: 6. ECTS: 0,5
Titoría grupal. Presenciais: 1. Traballo do estudantado: 1. ECTS: 0,1
Exame e revisión. Presenciais: 4. Traballo do estudantado: 20 ECTS: 0.9
TOTAL. Presenciais: 59. Traballo do estudantado: 91. ECTS: 6
Recoméndase ter cursadas con anterioridade as materias de Ecuacións Diferenciais, Fundamentos de Procesos Químicos e Análise de Procesos Químicos.
Recoméndase facer uso das titorías individualizadas con regularidade.
As clases impartiranse en castelán.
Ana Maria Soto Campos
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Química
- Área
- Enxeñaría Química
- Teléfono
- 881816760
- Correo electrónico
- ana.soto [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
Mércores | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A1 |
Xoves | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_01 | Castelán | Aula A1 |
Venres | |||
15:00-16:00 | Grupo /CLIS_02 | Castelán | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
22.05.2026 16:00-20:00 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLE_01 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_01 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS04 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS07 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_02 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_03 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS03 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS06 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /CLIL_02 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS02 | Aula A1 |
07.07.2026 16:00-20:30 | Grupo /TI-ECTS05 | Aula A1 |