Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas, Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Didáctica da Expresión Corporal, Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Nesta materia preténdese que os alumnos e alumnas acaden un coñecemento teórico e práctico sobre os equipamentos ao aire libre e de educación ambiental, e adquiran habilidades para a organización de actividades educativas en contornas naturais. Todos os estudantes aprenderán a coñecer os distintos tipos de equipamentos e a ter iniciativa no seu desenvolvemento e actividade, coñecendo e deseñando equipamentos concretos e organizando actividades en torno as súas finalidades educativas.
Os obxectivos de formación que se perseguen nesta materia son:
- Saber distinguir e valorar diferentes tipos de equipamentos e instalación con carácter educativo en contornas naturais.
- Saber avaliar distintos tipos de equipamentos e instalacións, coñecendo os seus usos e tipoloxías.
- Saber deseñar equipamentos desde unha fundamentación pedagóxica.
- Saber organizar actividades nos distintos equipamentos.
- Saber aplicar todo o conxunto de habilidades aprendidas a proxectos concretos.
1.- Os equipamentos educativos na natureza. Equipamentos naturais. Equipamentos estables e equipamentos estacionais. Equipamentos efémeros. Os equipamentos ambientais. Os equipamentos deportivos e de saúde. Os equipamentos escolares. Outros equipamentos e estudo de casos.
2.- Teoría da organización e deseño de actividades. Práctica de actividades organizadas na natureza: a diferenciación dos grupos e os contextos de formación. Recursos e fontes de información. Prácticas recomendables. A seguridade nas actividades ao aire libre. A avaliación de actividades.
Básica
Blanca Giménez, Vicente (2011). Instalaciones y equipamientos en espacios naturales. Valencia: Editorial de la Universidad Politécnica. (CD)
Blázquez Llamas, María Ángeles (2008). Equipamientos de educación ambiental: situación actual y propuesta reguladora. Madrid: Organismo Autónomo Parques Nacionales.
Bouzada Fernández, Xan (2001). Escuela, cultura y territorio: lógicas sociales de la implantación y producción de los equipamientos educativos y socioculturales. Madrid: Universidad Complutense. (CD)
Complementaria
Chiavenato, I. (2007). Administración de Recursos Humanos. México: McGraw Hill.
Coordinadora Infantil y Juvenil de Tiempo Libre de Vallecas (2011). Campamentos de verano: diseño y organización. Madrid: Editorial Popular.
Gortázar, Luis (1997). Guía canaria de equipamientos en la naturaleza. Las Palmas de Gran Canaria: Viceconsejería de Medio Ambiente.
Gutierrez Pérez, José (1995). Evaluación de la calidad educativa de los equipamientos ambientales. Madrid: Ministerio de Obras Públicas, Transportes y Medio Ambiente.
Hidalgo Tuñón, Alberto (1999). La teoría de la organización ante el fenómeno de las asociaciones juveniles. Oviedo: Panquea.
Hodge, B.J. (2003). Teoría de la organización: un enfoque estratégico. Madrid: Pearson Prentice Hall.
Pascual, José Antonio (2007). La gestión del uso público en espacios naturales. Madrid: Miraguana.
Serantes, Araceli (2010). Proxecto Fénix. Equipamentos de educación ambiental en Galicia. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia-CEIDA.
Ventosa Pérez, Víctor Juan (2001). Desarrollo y evaluación de proyectos socioculturales. Madrid: CCS.
Ventosa Pérez, Víctor Juan (2011). Ámbitos, equipamientos y recursos de intervención socioeducativa. Madrid: CCS.
Serantes, Araceli (2005). Guía de equipamentos para a Educación Ambiental na Galiza e outras instalacións para a divulgación do patrimonio. A Coruña: CEIDA
Ortega Roig, Juanjo (2006). Evaluación del papel que cumplen los equipamientos de uso público en los espacios naturales protegidos. Madrid: Fundación Fernando González Bernáldez
Paxinas web de interese:
Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) http://www.ceida.org/
Centro Nacional de Educación Ambiental:
http://www.magrama.gob.es/es/ceneam/quienes-somos/
Fundación Félix Rodríguez de la Fuente. Bosquescuela learning in nature.
http://bosquescuela.com/p1800/quienes-somos/
Lekendo, T.: Camping and Hiking Unit Plan:
http://www.cwu.edu/~jefferis/unitplans/campinghiking/index.html
Sociedade Galega de Educación Ambiental
http://www.sgea.org/
Stanford Outdoor Education
http://outdoored.stanford.edu/
Wilderness Watch:
http://wildernesswatch.org/index.html
Competencias básicas
- Que sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexión sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Competencias específicas:
- Que sexan capaces de deseñar programas para a realización de actividades educativas en contornos naturais; en concreto saberán deseñar unha actividade educativa orixinal sobre un contorno natural previamente elixido.
- Que sexan capaces de coordinar e dirixir organizacións relacionadas coa educación en contornos naturais.
- Que as e os estudantes sexan capaces de avaliar os resultados das actividades e programas desenvolvidos.
Competencias da materia:
- Que saiban deseñar instalacións e equipamentos educativos no medio natural.
- Que sexan capaces de organizar, desenvolver e avaliar actividades no medio natural.
Nas sesións presenciais se traballará sobre unha síntese actualizada de coñecementos sobre os equipamentos e instalacións educativas e organización de actividades en contornas naturais, (9 horas), realización de prácticas en distintos ámbitos da materia (6 horas) e visitas a equipamentos para o seu estudo e avaliación (6 horas).
De maneira non presencial, os estudantes terán que facer un conxunto de lecturas obrigatorias de textos que facilitarán os profesores para comentar na aula (8 horas), lectura de artigos científicos (20 horas de busca e lectura) e visionado de documentos audiovisuais sobre equipamentos e organización de actividades ao aire libre (3 horas).
Cada grupo fará unha avaliación dun equipamento, e das actividades e recursos cos que conta (8 horas), complementada coa asistencia a outras actividades externas recomendadas, (8 horas). Cada alumna ou alumno terá que entregar un traballo individual analizando unha cuestión concreta que será indicada polo profesor (5 horas) que permitirá comprobar a adquisición das competencias.
O alumnado será atendido en grupos reducidos en titoría para orientar os seus traballos (2 horas).
O proceso de aprendizaxe é fundamentalmente experiencial, facéndose unha parte importante da actividade ao aire libre. A técnica de estudo se basea na metodoloxía de clases reversas ou flipped classroom, e así as sesión expositivas máis que conferencias son debates sobre as lecturas feitas polos propios estudantes e os comentarios do profesorado.
En todo caso os estudantes deben saber que toda a información fundamental sobre a materia está na aula virtual, que debe ser usada xa desde o primeiro día de clase.
A avaliación é continua e escalar, xa que a asistencia regular ás clases teóricas e prácticas e a participación activa dos alumnos nas mesmas é un elemento valioso para a cualificación, motivo polo cal será valorada e cualificada.
As competencias serán avaliadas mediante exercicios escritos individuais e grupais, tanto teóricos como prácticos.
Toda a actividade é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións expostas nas clases prácticas, conclusións das lecturas, exercicios de observación na excursión mediante procedementos establecidos previamente, comentarios derivados das lecturas e as películas visionadas, e exercicio escrito individual, no que os estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas.
A asistencia a clase é obrigatoria segundo a normativa da USC, salvo concesión de dispensa oficial. O mínimo esta materia é do 80% de asistencia.
En orde a unha cualificación das puntuacións máximas que se pode obter:
1.- Asistencia e participación activa en clases e actividades 10%
2.- Traballo en equipo/módulo 4 15%.
3.- Exercicios prácticos individuais 45%.
4.- Exercicio escrito individual 30%.
Cada apartado anterior terán que ser superado de forma independente senón será cualificado como NP e manterase a nota dos apartados que estean superados só nas convocatorias do presente curso académico. O mesmo sucede na primeira convocatoria co mínimo de asistencia.
Se algunha persoa incorrese nunha falsificación ou outro tipo de fraude e a mesma fose descuberta, será cualificada con "suspenso" nas convocatorias correspondentes ao ano académico na cal sucedese o incidente e as actuacións do profesorado rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación e rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
Os estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a presenza nas actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente, así como presentar un traballo académico que supla a parte non presencial autorizada e que será acordado de maneira individual co profesor.
Horas presenciais
Clase presencial en grupo completo: 9
Clases prácticas: 12
Titorías: 2
Realización de exercicios escritos: 5
Outras actividades: 2
Total horas presenciais: 30
Horas non presenciais
Estudo autónomo individual ou en grupo: 16
Lecturas de textos e artigos recomendados: 26
Visionado de películas. 3
Total de horas non presenciais: 45
É conveniente que o alumnos adquira o costume de visitar equipamentos e instalacións que teñan relación coa súa formación, así como apuntar nun caderno todas as observacións que lle suxiran os espazos susceptibles de desenvolver actividades educativas na natureza.
Ademais dun bo equipo de excursionista, cada estudante debe recoller imaxes de instalacións, equipamentos e contornas de especial interese para a realización de actividades educativas, e exercitarse na súa análise.
A materia ten un desenvolvemento na USC virtual e información adicional na páxina do máster http://www.masterdaen.es/inicio.html
Comunicación
Toda comunicación realizarase a través das contas oficiais da USC ou por medio do campus virtual.
Elaboración e confección de documentación
Utilizaranse as ferramentas institucionais para a confección de calquera informe, documentación ou traballo que sexa necesario presentar
Entrega de documentación
Todos os traballos entregaranse en formato electrónico na plataforma virtual, non admitíndose ningún traballo en formato papel.
Perspectiva de xénero: En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso dunha linguaxe non sexista tanto no traballo cotián da aula como nos traballos académicos. Pódese obter máis información respecto diso na ligazón: http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua… non_sexista_publicado_WEB_USC.pdf
Protección de datos
Aplicarase a política e normativa da USC ao respecto, dispoñible en https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Eugenio Manuel Otero Urtaza
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 982821015
- Correo electrónico
- otero.urtaza [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Miguel Cons Ferreiro
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821062
- Correo electrónico
- miguel.cons [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Laura Garcia Docampo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Correo electrónico
- laura.garciadocampo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
Ruben Navarro Paton
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821033
- Correo electrónico
- ruben.navarro.paton [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Marcos Mecias Calvo
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Corporal
- Teléfono
- 982821074
- Correo electrónico
- marcos.mecias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Venres | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego, Castelán | Aula 30 |
19.01.2024 18:00-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
04.07.2024 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |