Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Historia
Áreas: Historia Contemporánea
Centro Facultade de Formación do Profesorado
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
-Reparar na historicidade do proceso de evolución dos ecosistemas e agroecosistemas.
- Estudar en perspectiva histórica os movementos ecoloxistas contemporáneos e as súas diferentes concrecións tanto no plano social coma no político.
- Reflexionar sobre a dimensión histórica das actuais situacións ambientais e da conflitividade que xeran.
Unidade Didáctica 1: Historia Ambiental: o reto de historiar o medio.
1.1 Que é a Historia Ambiental? A relación entre a sociedade e a natureza.
1.2 Fontes, metodoloxía, conceptos chave e tendencias da Historia Ambiental.
Unidade Didáctica 2. Movementos sociais ambientais contemporáneos.
2.1 Unha resposta á crise ecolóxica no século XX: o movemento ecoloxista.
2.2 As mil caras do pensamento verde: Conservacionismo, Preservacionismo, Ambientalismo.
2.3 Novos movementos sociais ambientais: Ecoloxismo dos pobres, Xustiza Ambiental.
2.4 Salto á política: os Partidos Verdes.
Unidade Didáctica 3. Conflitos socioambientales no mundo contemporáneo.
3.1 Novas visións do conflito social dende a Historia Ambiental.
3.2 Conflitividade socioambiental: conflitos distributivos, ambientais e ecolóxicos.
Unidade Didáctica 4. Dinámica evolutiva dos ecosistemas e agroecosistemas.
4.1 Formas de apropiación socioambiental da natureza. Do "modo de uso campesiño" ao "modo de uso industrial".
4.2 Da natureza como recurso á natureza como paisaxe: medidas proteccionistas.
CÁNCER, L.A., (1999), La degradación y la protección del paisaje, Madrid, Cátedra
CASADO DE OTAOLA, S. (1997): Los primeros pasos de la Ecología en España. Madrid: Amigos de la Residencia de Estudiantes/Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación.
DÍAZ-FIERROS VIQUEIRA, F., (2006), La cuestión ambiental en Galicia. Raíces dunha nova cultura 1750-1972, Vigo, Galaxia
FUENTES COLMEIRO, R., (2006), Agrosistemas sostenibles y ecológicos, Santiago de Compostela, Universidade de Santiago de Compostela
GONZÁLEZ DE MOLINA, M., (1993), Historia y medio ambiente, Madrid, Eudema
GONZÁLEZ DE MOLINA, M.; MARTÍNEZ ALIER, J., (ed.) (2001), Naturaleza transformada, Barcelona, Icaria
MARTÍNEZ ALIER, J., (2005), El ecologismo de los pobres, Barcelona, Icaria
MCNEIL, J.R., (2003), Algo nuevo bajo el sol. Historia medioambiental del mundo en el siglo XX, Madrid, Alianza Editorial
NORGAARD, R. (1995), Development Betrayed. The end of profess and a coevolutionary revisioning of the future, Rotuledge Press.
ORTEGA CANTERO, N., (ed.), (2003), Estudios sobre historia del paisaje español, Madrid, Libros de la Catarata
ORTEGA SANTOS, A.; MOLINA AGUADO, A., (2011), Oasis. Agua, Biodiversidad y
Patrimonio, Granada, Editorial Atrio
RADKAU, J., (1993), "Que es la Historia del Medio Ambiente?", en Historia y Ecologia, Ayer, 11, pp. 119-146
RIECHMAN, J., (2003), Cultivar la T(t)ierra. Políticas agrarias y alimentarias para entrar en el siglo XXI, Barcelona, Icaria
SABIO ALCUTÉN, A., (ed.), (2002), Naturaleza y conflicto social, Ayer, 46
SHIVA, V., (2004), Las guerras del agua. Un recurso cada vez más escaso asediado por los poderosos, Barcelona, Icaria
SIEFERLE, R.P. (2001): “Qué es la Historia ecológica?”, en GONZÁLEZ DE MOLINA, M. & MARTÍNEZ ALIER, J. (ed.), Naturaleza Transformada, Madrid, Ed. Icaria, pp. 31-55
SOTO FERNÁNDEZ, D. (2006), Historia dunha agricultura sustentábel. Transformacións produtivas na agricultura galega contemporánea, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia
WORSTER, D. (1988), The Ends of the Earth. Perspectives on Modern Environmental History, Cambridge University Press
COMPETENCIAS BÁSICAS:
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
CB7 - Que os/as estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB9 - Que os/as estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS:
CE1. Os/ as estudantes deberán integrar os factores naturais no coñecemento histórico.
CE2. Os/ as estudantes coñecen os procesos históricos de degradación e de protección da paisaxe e da natureza.
CE3. Os/ as estudantes reflexionan sobre os recursos naturais como fonte de conflitos sociais e políticos.
CE4. Os/ as estudantes valoren a potencialidade da Historia Ambiental como ferramenta para a posta en valor da paisaxe e como apoio para a dotación de novos usos da natureza.
CE5. Os/ as estudantes sexan capaces de comunicarse e definir con rigor o vocabulario específico da Hª. Ambiental.
CE8 - Que os/ as estudantes desenvolvan a capacidade de valorar a riqueza educativa do medio natural e construír recursos para a realización de actividades
Nas clases expositivas presentarase unha síntese actualizada do conxunto de saberes acumulados en torno á relación entre sociedade e natureza en perspectiva histórica, que se concreta en actividades que se desenvolven nas clases interactivas e na saída de campo (Propostas: Colonización de Terra Chá (Lugo)/ caneiros río Miño no concello de Lugo).
Os/as estudantes serán atendidos/as en grupos reducidos e individualmente en titorías no despacho da docente para orientar os seus traballos para a materia. Estes serán dous, un de carácter individual e un segundo colectivo. Este último levarase a cabo de maneira coordinada coas outras dúas materias que conforman o Módulo I do Master, no que se inscribe Historia Ambiental.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións.
A avaliación é continuada:
-Toda a actividade realizada polo alumnado é avaliada: asistencia e participación nas clases, resolución de cuestións formuladas, etc. Este esforzo repecutirá na cualificación final ata un 15%.
-Entregarse un traballo individual no que se terá en conta o aproveitamento das lecturas, os exercizos de observación nas saídas de estudos mediante procedementos establecidos previamente, comentarios derivados das lecturas e o material audiovisual visionado. Este traballo será individual e suporá o 25% da cualificación final.
- Entregarase un traballo realizado en grupo e organizado conxuntamente por todas as materias do Módulo no que está Historia Ambiental. Será no que os/as estudantes mostrarán suficiencia na adquisición das competencias establecidas. A súa redacción e presentación supoñerá o 60% da cualificación final.
Todo alumno/a terá dereito á realización dun exame final como fórmula para establecer un diagnóstico sobre os logros alcanzados na materia en caso de non poder ser avaliado/a de maneira contínua.
O alumnado en segunda oportunidade e repetidor será avaliado cos mesmos criterios que o alumnado de primeira matrícula.
As actuacións da profesora rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio).
As/os estudantes que teñan dispensa de asistencia por traballo ou conciliación familiar, terán que aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Neses casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a asistencia ás actividades prácticas ao aire libre que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente.
TRABALLO PRESENCIAL Horas
Clase presencial 8
Clases prácticas 8
Titorías 2
Realización de exámenes 2
Outras tarefas 7
TOTAL horas de traballo presencial 27
TRABALLO PERSOAL HORAS
estudo autónomo individual ou en grupo 11
escritura de exercicios e traballos 15
lecturas recomendadas e búsquedas bibliográficas 15
asistencia a actividades recomendadas 3
outras tarefas propostas pola profesora 4
Total de horas de traballo persoal do alumnado 48
Prestar atención ós comentarios de texto, de gráficas, libros ou materiais audiovisuais que se realizan e explican nas aulas.
Participar activamente nos debates propostos nas aulas teóricas e prácticas,así como nas actividades e visitas programadas.
Ana Cabana Iglesia
Coordinador/a- Departamento
- Historia
- Área
- Historia Contemporánea
- Correo electrónico
- ana.cabana [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:30-21:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 30 |
16.01.2024 18:30-19:30 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |
02.07.2024 10:00-11:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 30 |