Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
a) Situar aos estudantes na complexidade do discurso conceptual, temático e teórico que caracteriza na sociedade contemporánea aos tempos educativos, no conxunto dos tempos sociais; poñendo de releve as súas implicacións para a investigación educativa e social
b) Identificar problemáticas específicas suscitadas nas coordenadas temporais da educación (dimensións macro e micro), inferindo alternativas que permitan afrontar a súa resolución con criterios innovadores, aplicados á planificación, xestión-administración e avaliación de procesos educativos, con especial énfase no lecer e na vida cotiá.
c) Establecer liñas de reflexión teórica e metodolóxica referidos á conciliación dos tempos educativos e sociais na sociedade rede, promovendo unha análise plural e multidimensional das súas realidades e das alternativas que se adoptan en diferentes contextos sociais e institucionais, fundamentalmente nas súas perspectivas sociopolítica e pedagóxica.
1. Os discursos do tempo na sociedade rede: do tempo físico-biolóxico ao tempo social
2. Os tempos educativos: encadres dunha realidade complexa e multidimensional na
investigación socioeducativa
- o tempo como ámbito de estudo: cantidade, calidade e distribución.
- perspectivas na análise científico-social: cronopsicobiolóxica, histórica, comparada,
psicopedagóxica, económica, etc.
3. A Planificación, administración e xestión dos tempos educativos e formativos: Concepcións e
principios organizativos
- Estruturas e unidades temporais: do calendario á sesión de aula.
- Identidade e diversidade de tempos: sociedade, centro educativo, profesores,
alumnos, etc.
- Perspectiva socio-política e normativa dos tempos escolares.
4. A conciliación dos tempos educativos e sociais: problemáticas específicas e alternativas na
sociedade contemporánea
5. A educación do ocio na vida cotiá
- Tempos libres e tempos de lecer na sociedade contemporánea: aproximación
conceptual, análise e implicacións político-lexislativas, socioeconómicas e educativas.
- A educación do ocio nos procesos de desenvolvemento humano e comunitario.
- Profesionalización e investigación en ocio.
BÁSICA
Caride, J. A. (2020). Educar y educarnos a tiempo, pedagógica y socialmente | To educate and educate ourselves in time, pedagogially and socially. Revista Española de Pedagogía, 78 (277), 395-413.
DOI: https://doi.org/10.22550/REP78-3-2020-03
Fraguela, R, Morán,M.C., Varela, L. (2020). Entre lo escolar y lo extraescolar: nuevas realidades, viejos desafíos. En J.A. Caride, M.B. Caballo y R. Gradaílle: tiempo, educación y ocio en una sociedad de redes (pp. 85-101). Octaedro.
Cuenca, M. (2014). Ocio valioso. Documentos de Estudios de Ocio, nº 52. Universidad de Deusto
COMPLEMENTARIA
Arbor: Ciencia, pensamiento y cultura (2012). Monográfico: Reflexiones sobre el ocio en el siglo XXI, 188 (754). Coordinado por M. Cuenca.
Carbonell, J. (2016). Cap una educació a temps complet. Repensar els horaris i la jornada escolar per ampliar
les oportunitats educatives. Fundaciò Jaume Bofill. https://cutt.ly/jHmFMZq
Caride, J.A. (2018). Lo que el tiempo esconde, o cuando lo social necesita de la Pedagogía. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 32, 17-29. DOI: https://doi.org/10.7179/PSRI_2018.32.02
Caride, J. A., Caballo, M. B y Gradaílle, R. (coords.) (2021). Tiempo, educación y ocio en una sociedad de redes. Octaedro
Cruz, L. e Morán, M.C. (2016). Jornada lectiva, aprendizajes y vida cotidiana del alumnado de Educación Secundaria Postobligatoria. Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado 86 (30.2), 115-129.
Cavet, A. (2011) : Rythmes scolaires: pour une dynamique nouvelle des temps éducatifs . Dossier d’actualité de la VST, n° 60. En:http://www.inrp.fr/vst/LettreVST/60-fevrier-2011.php
Cuenca, M. e Aguilar, E. (eds.): (2009): El tiempo del Ocio: transformaciones y riesgos en la sociedad apresurada. Universidad de Deusto.
Durán, M.A. (2007): El valor del tiempo: ¿cuántas horas te faltan al día?. Espasa.
Durán, M. A. e Rogero, J. (2009) La investigación sobre el uso del tiempo. CIS.
Educación Social. Revista de Intervención Socioeducativa (2011) Monográfico: Tiempos educativos y sociales, 47. Coordinado por J. A. Caride e M. B. Caballo.
Educar em Revista (2012). Monográfico: O valor do tempo em educação: Jornadas escolares ampliadas, Educação Integral e outras experiências, 45 (3). http://ojs.c3sl.ufpr.br/ojs2/index.php/educar/issue/view/1276
Fundación Boffil/FMRPC. (2019) Propuesta de horarios escolares en clave de educación a tiempo completo. https://www.fbofill.cat/sites/default/files/Propuestadehorarios_250719…
Gabaldón, D. e Obiol, S. (2017). Guía sobre tiempos escolares. Creativity and Educational Innovation Review (CEIR), 1, 12-69.
Feito, R. (2021). El Debate sobre la Jornada Escolar en España. Reflexiones y Datos tras Más de Tres Décadas de un Debate Inconcluso. International Journal of Sociology of Education, 10(3), 271-293. http://doi.org/10.17583/rise.7775
Gradaíle, R., Caballo, M.B. e Lorenzo, J.J. (2018). Conciliación en las áreas urbanas de Galicia (España): un estudio longitudinal (2009-2015) de las familias con hijos en educación primaria. Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria, 32, 31-43.
Gimeno, J. (2008): El valor del tiempo educativo. Morata.
Madariaga, A. e Ponce de León, A. (eds., 2018). Ocio y participación social en entornos comunitarios. Universidad de La Rioja.
Morales Yago, F.J.; Galán, A. Pérez Juste, R. (2017). Jornada escolar partida y continua. ¿Existen evidencias que motiven el cambio en la gestión del tiempo escolar en España?. Revista Complutense de Educación, 28 (3), 979-998
Morán, M.C. e Cruz, L. (2011). Vida cotidiana, tiempos escolares y derechos de la infancia. Educació Social, Revista d`intervenció Socioeducativa, 47 enero-abril, pp. 84-94. file:///C:/Documents%20and%20Settings/Carmen/Mis%20documentos/Downloads/239011-321481-1-PB.pdf
Mückenberger, U. (2007): Metrónomo de la vida cotidiana. Prácticas del tiempo de la ciudad en Europa. Ediciones Trea.
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria (2012). Monográfico: Tiempos educativos, tiempos de ocio, 20. Coordinado por J.A. Caride.
Revista Interuniversitaria de Formación del Profesorado (2016). Monográfico: Ocio: escenario educativo y social, 86. Coordiinadoras M.A. Valdemoros, E. Sanz e A. Ponce de León.
Sintes Pascual, E. (2015) Escola a temps complet. Cap un model d’educació comparteida (Col. Informes Breus, 59). Barcelona: Fundación Jaume Bofill. http://www.fbofill.cat/intra/fbofill/documents/publicacions/612.pdf
REVISTAS DIXITAIS E PÁXINAS WEB DE INTERESE
Pedagogía Social. Revista Interuniversitaria
https://recyt.fecyt.es/index.php/PSRI/
RES.Revista de Educación Social
http://www.eduso.net
Comisión Nacional para la racionalización de los horarios
http://www.horariosenespana.es/index.php?module=ini
Usos dels temps. Ajuntament de Barcelona.
http://w110.bcn.cat/portal/site/UsosDelTemps?lang=es_ES
Socidad Iberoamericana de Pedagogía Social
http://sips-es.blogspot.com
Fundación Boffil
https://www.fbofill.cat/
COMPETENCIAS BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos, así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos, dentro e fóra da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sustentable da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE2 - Vincular o coñecemento científico, a investigación educativa e as súas achegas metodolóxicas aos procesos cambio socioeducativo.
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas.
CE4 - Adquirir un dominio básico dos fundamentos epistemolóxicos, teóricos e metodolóxicos da investigación cualitativa no coñecemento e a transformación das realidades sociais
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria
l. Capacidade para interpretar e argumentar o conflito social ao redor das dinámicas temporais e incardinar nela a importancia dos tempos educativos.
o. Capacidade para desenvolver un discurso complexo e crítico ao redor dos tempos educativos e sociais, aplicando as estratexias metodolóxicas básicas para a investigación nesta temática.
p. Capacidade para identificar, seleccionar e compilar información teórica, metodolóxica e experiencial relacionada co binomio tempos - educación.
Nas indicacións metodolóxicas xerais do Máster contémplanse clases orientadas á exposición de contidos e á resolución de problemas, e sublíñase a necesidade de procurar unha implicación activa do alumno. Asemade, sinálase que todas as tarefas dos estudantes serán orientadas polo profesorado nas sesións de titoría de grupo reducido.
No que se refire á materia A conciliación dos tempos educativos e sociais, en coherencia con estas indicacións e cos obxectivos descritos, promoverase un proceso metodolóxico que teña en conta principios como os de contextualización, flexibilidade, análise-reflexión crítica e participación.
Xa que logo, desenvolverase mediante a exposición teórica e a explicación por parte do profesorado implicado dos contidos referidos no programa do seminario, así como a análise dos distintos documentos que conforman o dossier documental que se entrega. Como recurso metodolóxico básico, tamén se activarán diferentes dinámicas que posibiliten a participación e o diálogo dos e das estudantes sobre a temática abordada, así como incentivar a busca de información, a análise e a avaliación de diferentes traballos de investigación realizados en torno a esta temática, procurando en todo momento axustar os contidos do seminario aos intereses investigadores do alumnado.
Na materia pódese facer, se é factible, unha práctica de campo (visita-estudo) que se poida compartir con outras materias do Máster na perspectiva dun traballo interdisciplinario; neste caso abordarase e avaliarase a partir de cada tema.
A aprendizaxe terá lugar a través de tres vías fundamentais:
-A implicación dos alumnos e alumnas nas sesións de aula, construíndo o coñecemento en base ao debate argumentado que se desenvolverá nas sesións de clase.
- As lecturas –individuais e colectivas– que os estudantes realicen dos documentos propostos polo profesorado, así como dalgunhas referencias recomendadas en función do interese particular no marco do tema traballado.
- A elaboración dun traballo individual que cada estudante pode centrar na liña temática do seminario que máis se axuste aos seus intereses.
Aula virtual. A materia dispón dunha aula na plataforma virtual da USC onde poderán consultarse todos os materiais, prácticas e informacións relativas ao seu desenvolvemento. É interesante a entrada semanal á mesma para un correcto seguimento da materia.
Actividades
Seguindo a normativa xeral de avaliación continua contemplado no Máster, establécense as seguintes actividades e criterios de avaliación:
a) Asistencia e participación activa nas sesións de clase.
b) Lectura de documentos e referencias bibliográficas que se irán encomendando nas sesións correspondentes.
c) Realización das actividades de aula e a seguinte práctica: Ensaio individual: tomando como referencia o traballo de aula, a lectura dos documentos básicos de referencia que se sinalen e/ou outros documentos de busca persoal que aborden a temática-problemática dos tempos educativos e sociais, elaborar unha reflexión argumentada sobre a relación destas variables (tempos sociais, educativos, escolares) co tema de investigación elixido (TFM).
d) Elaboración dun comentario crítico de tres documentos de referencia da materia, indicados polo profesorado.
ALUMNADO ACOLLIDO Á AVALIACIÓN POR MÓDULOS
A Comisión Académica do Máster, reunida o 6 de xuño de 2014, aproba ofertar a avaliación por Módulos para o alumnado que cumpra as condicións estipuladas e que, libremente, decida adscribirse. Neste caso as actividades e criterios de avaliación da materia son os seguintes:
Actividades a) e b) requisito para proceder á avaliación
Actividade c) 30% cualificación
Avaliación do Módulo V 70% cualificación
A tarefa de Avaliación do Módulo V consiste nun traballo individual de elaboración dunha Comunicación para un encontro científico que contemple temas da Área de Teoría da Educación: Teoría da Educación, Historia da Educación, Pedagoxía Social. Desde a coordinación do Módulo V explicarase oportuna e detalladamente as condicións para a súa elaboración.
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
O alumnado dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da USC
(http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/goberno/secxeral/In…) atenderá ás seguintes actividades e criterios de avaliación:
• Actividade c) Realización individual do traballo 50% cualificación
• Actividade d) Comentario crítico de documentos, 50% cualificación.
Para proceder ao cómputo da cualificación final é preciso obter unha puntuación mínima de 5 sobre 10 en ambas actividades
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
Seguindo as indicacións recollidas na memoria do máster, estímase que por cada crédito cursado nesta materia serán precisas dez horas de estudo e traballo persoal por parte do alumnado. As quince horas restantes, repártense entre a docencia presencial e as titorías grupais e/ou individuais (5 horas)
Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia nos seus diversos apartados.
- Manter unha vinculación continuada cos ritmos que se deriven dos procesos de ensinanza e aprendizaxe promovidos nos seminarios da materia, e nas diferentes modalidades de sesións de traballo.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia cos das demais do master.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións, xa sexan recomendadas polo profesorado de cada Seminario, ou persoalmente seleccionadas a través de buscas documentais en diversos formatos, arredor do tema obxecto de estudo.
- Facer uso das titorías como un dereito dos e das estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe e da personalización do proceso educativo atendendo a diferenzas de intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
A materia organiza a súa temática arredor de tres bloques de contido que responden ás seguintes denominacións:
- Seminario 1 Planificación, administración e xestión dos tempos educativos.
- Seminario 2 Perspectiva socio-política e normativa dos tempos escolares
- Seminario 3 A educación do ocio na vida cotiá da sociedade rede
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://cutt.ly/Vb9VQQP). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesoras-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
USO DO MÓBIL E ORDENADOR
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil e ordenador persoal na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes. A actividade académica (clases/titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e os alumnado matriculado na materia, responsabilizándose quen incumpra das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2012-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se as/os docentes da materia solicitan a entrega en papel, prégase cumprir as seguintes indicacións que mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://cutt.ly/wb9NEzs
PROTECCIÓN DE DATOS
Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Jose Antonio Caride Gomez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813754
- Correo electrónico
- joseantonio.caride [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Belen Caballo Villar
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813746
- Correo electrónico
- belen.caballo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Moran De Castro
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813848
- Correo electrónico
- carmen.moran [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Mércores | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
21.05.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
05.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |