Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
A materia oriéntase á pregunta que aporta a educación á sociedade. Desde o punto de vista da función, a educación aporta desenrolo formativo da condición humana individual, social, histórica e de especie, e iso implica desenrolo cívico, que, de acordo co sentido cultural e territorial da educación, identifícase como desenrolo cívico da diversidade, como formación para a convivencia cidadán dende a perspectiva dos dereitos de terceira e cuarta xeración.
Podemos racionalizar criterios para toma de decisións nesta cuestión da convivencia cidadán pacífica planetaria razoando sobre o carácter e o sentido da educación, a relación educativa, a convivencia cualificada e especificada e a converxencia de identidade, diversidade e territorialidade. Non só a sociedade civil é un axente moral dentro da relación sociedade-poder-lexitimación, senón que a sociedade civil ten que estar formada para cumprir o seu cometido; o desenvolvemento cívico é un obxectivo da formación e compoñente da orientación formativa temporal de cada comunidade.
O obxectivo xeral do máster EDUCACIÓN, DIVERSIDAD CULTURAL E DESENVOLVEMENTO COMUNITARIO é adquirir unha formación avanzada de carácter especializado e multidisciplinar para promover o seu iniciación en tarefas investigadoras que culminen na realización e defensa dunha tese doctoral.
OBXECTIVOS XERAIS DE MÓDULO RELACIONADOS COA MATERIA
Analizar as estreitas relacións existentes entre educación, democracia e cidadanía na época contemporánea.
OBXECTIVOS XERAIS DA MATERIA
• Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
• Estar en condicións de formular indicadores de calidade e equidad nas políticas de cidadanía e integración, a nivel xeral e local.
OBXECTIVOS DERIVADOS DA MATERIA
• Definir e analizar principios de determinación do concepto de educación en valores
• Coñecer os fundamentos teóricos do carácter e o sentido da educación en relación coas dimensións xerais de intervención, as áreas de experiencia e as formas de expresión
• Analizar as chaves pedagóxicas de explicación, interpretación e comprensión da formación para o desenvolvemento cívico e para a construción da cidadanía.
OBXECTIVOS ESPECÍFICOS DA MATERIA
• Ser capaz de seleccionar textos idóneos en relación coa educación para a cidadanía en perspectiva intercultural
• Coñecer e comprender enfoques teóricos sobre a conexión entre educación intercultural e educación para a cidadanía, desde o sentido da educación
• Desenvolver coñecementos e destrezas que capacitan para o uso e a construción de experiencia axiológica respecto da formación cívica.
• Comprender o papel da educación na construción da sustentabilidade e da cidadanía mundial dende a construcion de ambitos de educacion.
1. O desenvolvemento cívico como coñecemento pedagóxico: cualificación, especificación e sentido de responsabilidade compartida e derivada no desenvolvemento cívico. Transformar a información en coñecemento e o coñecemento en educación para o desenvolvemento cívico.
2. A educación en valores: o permanente e o cambiante. Carácter e sentido da educación como base do seu significado.
3. Posibilidade e necesidade da educación en valores. Elixir, comprometerse, decidir e realizar (integración afectiva, cognitiva e creativa) o valor.
4. A sociedade civil como axente moral e o desenvolvemento cívico como obxectivo: a actitude intercultural como exercicio de educación en valores e cualificación do significado de educación.
5. A relación educativa: convivencia, conflito e mediación. O reto da liberdade comprometida cos principios de educación, que fundamentan as finalidades.
6. Conclusión: A converxencia de identidade, diversidade e territorialidade. Dos dereitos de terceira xeración aos dereitos de cuarta xeración (do desenvolvemento cívico ao desenvolvemento dos pobos).
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA (DOCUMENTOS DE CONCEPTO):
Touriñán, J. M. (2016). La relación educativa es un concepto con significado propio vinculado al carácter de la educación, en Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación (2ª ed.) (pp. 79-131). Andavira.
Touriñán, J. M. (2016). La educación intercultural es cualificación del significado de educación vinculada al sentido de la educación, en Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación (2ª ed.) (pp. 133-173). Andavira.
Touriñán, J. M. (2016). La educación para el desarrollo de los pueblos. Un escalón de la educación para la convivencia ciudadana planetaria y una orientación formativa temporal, necesaria, en Pedagogía mesoaxiológica y concepto de educación (2ª ed.) (pp. 209-245). Andavira.
Touriñán, J. M. (2017). Procesos de educación no formal y museísmo pedagógico: construyendo el ámbito de educación ‘museo’, en A. Shigunov, I. Fortunato y J. M. Touriñán (Coords.), Educação não formal e museus: aspectos históricos, tendências e perspectivas (pp. 64-112). Edições Hipótese. http://dondestalaeducacion.com/files/3515/2696/8518/Libro_Ednoformal_y_…
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Morín, E. e outros (2002). Desafíos de la mundialización. Cuadernos de la Fundación M. Botín, 2. Observatorio de análisis y tendencias.
Olveira, Mª E. (1999). A familia como transmisora da identidade de orixe: A emigración española a Francia. Consellería de Familia, Promoción de Emprego, Muller e Xuventude.
Olveira, Mª E. (2000). Interculturalismo en Europa: El referente de las segundas generaciones españolas en Francia. Revista Española de Pedagogía, 216, 341-357.
Olveira, Mª E. e otros (2003). Emigración, interculturalismo y legitimación cultural. Las Sociedades Gallegas en el Exterior. Revista Galego-Portuguesa de Psicoloxía e Educación, (8), 9-20.
Pérez-Díaz, V. (1997). La esfera pública y la sociedad civil. Taurus.
Reboul, O. (1972). ¿Transformar la sociedad? ¿Transformar la educación? Madrid, Narcea.
Sauca, J. Mª e Wences, Mª I. (Eds.) (2007). Lecturas de la sociedad civil. Un mapa contemporáneo de sus teorías. Trotta. (DOCUMENTO DE APOIO AO DESENVOLVEMENTO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2014). Educar con valores es una competencia profesional y educar en valores es una materia escolar, en Dónde está la educación. Actividad común interna y elementos estructurales de la intervención. Netbiblo. [Cap. 7, epíg. 2 e Cap. 8, epígs. 6-7]. http://dondestalaeducacion.com/files/8414/8042/0068/128._LIBRO_PDF__Don… [Mesmo contido en Touriñán, J.M. (2016). Educar con valores una competencia profesional insoslayable e irrenunciable, en Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención. Andavira (Cap. 7, epíg. 2 e Cap. 8, epígs. 6-7)]. (DOCUMENTO DE APOIO AO DESENVOLVEMENTO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2018). Concepto de educación y construcción de ámbitos: la perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía, en J. M. Touriñán e S. Longueira (Coords.), La construcción de ámbitos de educación. Pedagogía general y aplicada (pp. 19-124). Andavira. (DOCUMENTO DE APOIO Á EXPLICACIÓN NA AULA).
Touriñán, J. M. (2018). Síntesis del contenido del vídeo 1 sobre perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía. La perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía 1: conocimiento de la educación y concepto de educación. Sesiones docentes correspondientes al Curso de Pedagogías Alternativas. REDIPE. http://dondestalaeducacion.com/files/8515/6485/1219/Sintesis_Vid_1_y_2_… (DOCUMENTO DE APOIO AO DESENVOLVEMENTO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2018). Síntesis del contenido del vídeo 2 sobre perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía. La perspectiva mesoaxiológica de la Pedagogía 2: construir el ámbito de educación, hacer el diseño educativo y generar intervención. Sesiones docentes correspondientes al Curso de Pedagogías Alternativas. REDIPE. http://dondestalaeducacion.com/files/8515/6485/1219/Sintesis_Vid_1_y_2_… (DOCUMENTO DE APOIO AO DESENVOLVEMENTO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (2019). Saber para construir ámbitos de educación, valorando educativamente cada medio utilizado, es Pedagogía, en SI(e)TE, Saber para hacer en educación. Andavira. (DOCUMENTO DE APOIO AO DESENVOLVEMENTO CONCEPTUAL).
Touriñán, J. M. (Dir.) (2012). Desarrollo cívico, sentido intercultural de la educación y convivencia cualificada y especificada. Netbiblo. [Cap 1, epígs. 2-3-4-5-10-11]. http://dondestalaeducacion.com/files/9314/7914/2415/54._Libro_DesCivSen… (DOCUMENTO DE APOIO AO DESENVOLVEMENTO CONCEPTUAL).
UNESCO (1997) Nuestra diversidad creativa. Informe de la comisión mundial de cultura y desarrollo. UNESCO.
UNESCO. (2021). Reimaging Ours Futures Together. A New Social Contract for Education. Report from the International Commission of the Futures of Education. UNESCO.
Pódense consultare documentos relacionados cos temas na web individual de la USC: http://webspersoais.usc.es/persoais/josemanuel.tourinan/ e tamén https://www.youtube.com/channel/UCzbNAzwFApNMViix5_HDz0w
Hai desenvolvementos conceptuais específicos na web personal: http://dondestalaeducacion.com
Tamén nos libros que se referencian de seguido:
Touriñán, J. M. (2017). Mentalidad pedagógica y diseño educativo. De la Pedagogía general a las pedagogías aplicadas en la función de educar. Andavira.
Touriñán, J. M. (2016). Pedagogía general. Principios de educación y principios de intervención pedagógica. Bello y Martínez.
Touriñán, J. M. (2021). Pedagogía, de las artes. La perspectiva mesoaxiológica. Andavira.
COMPETENCIAS XERAIS DO TÍTULO
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo
CG2 - Integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
CG3 - Comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
COMPETENCIA BÁSICA DO TÍTULO
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
COMPETENCIAS TRANSVERSAIS DO TÍTULO
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC no seu II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulos do Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sostible da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer»
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO TÍTULO
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa
CE3 - Aplicar modelos e procedementos de investigación a problemas concretos da educación, asociando as súas contribucións a procesos de acción-intervención educativa e á implementación de programas
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria
COMPETENCIAS PARTICULARES DO MÓDULO ÁS QUE CONTRIBÚE A MATERIA
1. Identificar competencias sociais e interculturais en perspectiva local e global.
2. Avaliar programas de educación intercultural e de educación para a cidadanía.
3. Usar experiencias axiolóxicas sobre os contextos pedagóxicos tendentes á construción da ciudadanía.
Seguiranse as directrices xerais de máster. De xeito particular nesta materia realizaranse actividades teóricas e prácticas dentro e fóra do aula virtual. Contémplase a posibilidade de traballos de carácter conceptual e probas de carácter temático. Dado o carácter semipresencial desta materia, contemplaranse as actividades anteriores en relación á súa posibilidade de realización en modalidade de espazo e tempo asíncrono. A asistencia ás sesión presenciais son condición necesaria para poder ser executado o proceso de avaliación na materia.
Utilizarase a aula virtual como ferramenta de apoio.
O alumnado, ademais da actividade diaria, debe realizar a avaliación por módulo, atendendo ás directrices específicas desa modalidade. Esta materia pertence ao Módulo III e neste caso o traballo non é sobre unha tese ou sobre un artigo susceptible de síntese en forma de mapa conceptual, como corresponde aos Módulos I e II, respectivamente. No Módulo III trátase de facer un traballo de recensión sobre artigos e libros propostos desde a materia. Nesa modalidade a distribución do peso na avaliación entre traballo de avaliación por módulo e actividade diaria en clase será de 70% traballo de módulo e 30% actividade diaria.
Nesta materia, se por algunha razón extraordinaria un estudante puidera optar respecto da avaliación por módulo, se contempla, para ese caso de avaliación extraordinaria, a realización de unha proba teórica escrita y será concretada individualmente si se dese o caso. O alumnado, nesta proba escrita,, deberá redactar a súa resposta e organizala en tres partes: estrutura do documento, contido fundamental e conclusións. Nas conclusións a resposta necesariamente permitirá ver que di o documento elixido respecto da teses fundamental da materia e que parte da tese central se desenrola no artigo elixido.
A distribución do peso da cualificación na avaliación extraordinaria (proba teórica escrita) será a mesma que na avaliación por módulo: 30% para a actividade diaria e 70% para a proba teórica. Cada parte debe ser aprobada para o sumatorio final (polo menos 1.5 e 3.5 respectivamente). Si se dera o caso de insuficiencia na materia no resultado final, manteríase a nota de cada parte para a seguinte convocatoria.
o alumnado deberá realizar como parte da súa actividade diaria interactiva, una actividade en grupo de carácter conceptual na clase, tomando como punto de partida un dos documentos especificados no programa como documentos de concepto, de maneira que o alumnado defina e relacione 10 conceptos vencellados co título e o contido central do artigo elixido en forma de mapa conceptual. Para esta actividade en grupo de traballo daranse directrices específicas nas sesións presenciais. E estarán dispoñibles por escrito na aula virtual desde comenzó do curso no documento denominado TESE da materia, que especificará o peso do traballo no 60% respecto da nota final correspondiente ao 30% que está estipulado para a actividad diaria e ademáis ampliará a bibliografía de referencia.
Titorías obrigatorias 6 horas
Actividades (traballos, comentarios, etc.) 102 horas
Para un adecuado seguimento e comprensión da materia estímase de suma importancia a concorrencia regular e a participación individual e grupal nas sesións de clase expositiva e interactiva que se programen, debendo executar os estudantes as tarefas encomendadas en cada caso. Isto implica non só cooperar dentro da aula senón tamén realizar as accións preparatorias e recapituladoras sobre as cales se sustentará a dinámica de traballo. Sendo así, a participación require o estudio, que como tarefa persoal ha de preceder e suceder ao labor na clase, orientándose ao dominio dos contidos que integran o temario, por medio dos cales se poderán atinxir os obxectivos formulados e adquirir as competencias previstas, o que se fará patente a través dos correspondentes exercicios e das oportunas probas de control.
Será indispensable manter comunicacións periódicas regulares co responsable docente da materia nos horarios de titorías estipulados, para recibir as orientacións oportunas e formularlle as dúbidas que se poidan suscitar no proceso de estudio e de iniciación ás tarefas investigadoras
Calquera circunstancia persoal que puidera alterar o normal seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao profesorado á maior brevidade. De non facelo non se poderá considerar a súa influencia na avaliación do rendemento académico.
Ao comezo das clases da materia entregaranse as directrices específicas, detallando as posibles actividades así como o soporte documental de base.
Este Programa está sometido ás disposicións legais vixentes e aos acordos axustados a dereito que sobre normas de disciplina académica establezan os órganos de goberno da universidade de Santiago de Compostela.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL. Os traballos da materia serán entregados a través da Aula Virtual. No caso de que algunha tarefa sexa solicitada polo profesorado en formato físico (papel impreso), teranse en conta as seguintes indicacións:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados
- Imprimir a dúas caras en calidade "aforro de tinta".
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO. En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.es/export/sites/default/gl/servizos/oix/descargas/lingua…
cado_WEB_USC.pdf
UTILIZACIÓN DO MÓBIL NA AULA. Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non adecuado do mesmo.
COMUNICACIÓN INSTITUCIONAL:
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
-INDICACIÓN REFERIDA AO PLAXIO E AO USO INDEBIDO DAS TECNOLOXÍAS NA REALIZACIÓN DE TAREFAS OU PROBAS:
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
MODALIDADE DE EXAME, DE TRABALLO E DE AVALIACIÓN PARA ALUMNADO CON DISPENSA DE ASISTENCIA OU PERDA DE MÁIS DUN 30% DA ASISTENCIA NA MATERIA
O alumnado que estea incluído nesta directriz non segue o sistema presencial de asistencia completa. Poderán vir a algunha clase, si as súas circunstancias permítenllo, pero non se integran nos grupos de traballo aos efectos da súa actividade, que debe ser realizada de xeito individual.
Todos os documentos que hai no aula virtual para o alumnado asistente son válidos para o de dispensa ou o de perda de máis do 30% de asistencia. As directrices xerais de curso son comúns para todo o alumnado. Todos deben estudar os documentos que corresponden.
O alumando con dispensa debe facer o resumo do documento de Apoio ás explicacións de clase que está especificado no programa-tese e o resumo do documento Cadros Ed Val.
Cada alumna/o con dispensa fai os dous resumos cunha extensión de 10 a 15 páxinas cada un. Cada resumo organizarase en tres partes: estrutura do documento, contido fundamental relatado nos epígrafes do documento e conclusións (destacando nas conclusións: 1.- como o texto, obxecto de resumo, aporta ao obxectivo central da materia: que aporta a educación á sociedade e 2.- que parte da tese central explicitada no programa-tese desenvólvese no documento de Apoio e no de Cadros que resumiu).
O alumnado non asistente debe facer, ademais dos dous resumos do párrafo anterior, unha proba escrita consistente en redactar no exame un resumo do contido dun dos catro artigos especificados como documentos de concepto no programa-tese (o que elixa). O seu resumo redactado no exame responderá á mesma organización que os dous resumos aludidos no epígrafe anterior: estrutura, contido e conclusións do traballo. Pero nas conclusións deberá aterse ás seguintes condicións:
A conclusión necesariamente permitirá ver,
1.-que di o contido do documento elixido respecto do obxectivo fundamental deste seminario, que é dar resposta á pregunta que aporta a educación á sociedade
2.- que parte da tese central exposta no programa-tese desenvólvese no texto a resumir.
3.- a resposta necesariamente especificará 10 conceptos craves do documento resumido que farían posible concibir un mapa conceptual do documento.
O alumnado non asistente fai os resumos dos documentos de Apoio e Cadros en casa e os entrega por escrito no exame. E tamén pode redactar na súa casa a resposta da proba escrita. No exame pode usar o documento elixido para exame e a súa resposta redactada en casa como documentos de consulta e apoio á redacción que vai realizar no aula de exame. O tempo de redacción na proba será como máximo dúas horas.
As cualificacións son complementarias, pero hai que obter, para facer sumatorio, un 5 polo menos en cada resumo e na redacción no aula de exame.
A distribución do peso da cualificación na avaliación do alumando non asistentes será a establecida na normativa: 30% para os dous resumos e a redacción do artigo no aula de exame e 70% para a proba teórica de módulo. Cada parte debe ser aprobada para o sumatorio final (polo menos 1.5 e 3.5 respectivamente sobre 10). Si désese o caso de insuficiencia na materia no resultado final, manterase a nota de cada parte para a seguinte convocatoria. O 30% distribúese en 10% para cada actividade (1 punto para cada resumo e 1 punto para a redacción no aula). Si désese o caso de insuficiencia na materia no resultado final, manterase a nota de cada parte para a seguinte convocatoria.
Jose Manuel Touriñan Lopez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813757
- Correo electrónico
- josemanuel.tourinan [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Emérito LOU
Maria Esther Olveira Olveira
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813763
- Correo electrónico
- Mariaesther.olveira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Silvana Longueira Matos
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813771
- Correo electrónico
- silvana.longueira [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
11.01.2023 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.06.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |