Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
1. Ofrecer unha información actualizada sobre un movemento educativo dunha extraordinaria importancia na cultura española contemporánea.
2. Saber manexar as fontes de información relacionadas coa "Institución Libre de Enseñanza" e a súa influencia no sistema educativo español.
3. Adquirir capacidade para entender como se produce e desenvolve unha innovación no sistema educativo.
4. Estudar as redes educativas nos seus contextos históricos e internacionais.
5. Lograr un/unha educador/a formado/a que promova sociedades pacíficas e inclusivas e con responsabilidade cara a un desenvolvemento sostible.
6. Saber empregar a documentación histórica en relación coas correntes actuais de innovación na educación cunha metodoloxía adecuada de investigación cualitativa e comparada.
- O krausismo como movemento europeo e a súa incidencia na educación.
- Francisco Giner dos Ríos e as raíces da "Institución Libre de Enseñanza".
- Principais características da pedagoxía institucionista. Etapas de desenvolvemento e organismos creados baixo a súa influencia.
- A teoría educativa institucionista na súa dimensión europea: os grandes movementos educativos europeos e a súa relación coa "Institución Libre de Enseñanza".
- As viaxes dos institucionistas e a transformación da educación española entre 1875 e 1936.
- O "Museo Pedagógico Nacional", a Xunta para Ampliación de Estudos (JAE) e a formación de profesores.
- A presenza dos movementos educativos europeos na práctica escolar española a través da súa influencia. Estado actual das investigacións.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Moreno, J., Martínez, F., García-Velasco, J. L., Morales, A., Capellán, G., e Otero Urtaza, E. (Eds.). (2012). La Institución Libre de Enseñanza y Francisco Giner de los Ríos: nuevas perspectivas [3 vols.]. Fundación Francisco Giner de los Ríos/Acción Cultural Española (AC/E).
Jiménez-Landi, A. (1996). La Institución Libre de Enseñanza y su ambiente. [4 vols.]. Ministerio de Educación y Cultura, Universidad Complutense de Madrid, Universidad de Barcelona e Universidad de Castilla-La Mancha.
Molero Pintado, A. (1985). La Institución Libre de Enseñanza: un proyecto español de renovación pedagógica. Anaya.
Otero Urtaza, E. (1994). Manuel Bartolomé Cossío. Trayectoria vital de un educador. Residencia de Estudiantes/CSIC.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Caro Baroja, J. (1965). D. Francisco Giner y la España de su época. Ínsula.
Castillejo, J. (1976). Guerra de ideas en España. Revista de Occidente.
Cossío, M. B. (1966). De su jornada. Aguilar.
Cossío, M. B. (2007). El maestro, la escuela y el material de enseñanza y otros escritos. Biblioteca Nueva.
Díaz de la Guardia, E. (1988). Evolución y desarrollo de la enseñanza media en España de 1875 a 1930. Un conflicto político-pedagógico. MEC.
Gamero Merino, C. (1988). Un modelo europeo de renovación pedagógica: José Castillejo. CSIC.
Jiménez Fraud, A. (1989) Residentes. Semblanzas y recuerdos. Alianza.
Luzuriaga, L. (1957). La Institución Libre de Enseñanza y la educación en España. Losada.
Menéndez Ureña, E., e Álvarez Lázaro, P. (Eds.). (1999). La actualidad del krausismo en su contexto europeo. Parteluz.
Otero Urtaza, E. (1994). Manuel Bartolomé Cossío. Pensamiento pedagógico y acción educativa. CIDE.
Otero Urtaza, E. (Ed.). (2006). Misiones Pedagógicas 1931-1936. Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales/Publicaciones de la Residencia de Estudiantes.
Otero Urtaza, E. (2007). Las primeras expediciones de maestros de la Junta para Ampliación de Estudios y sus antecedentes: los viajes de estudio de Cossío entre 1880 y 1889. Revista de Educación, Núm. Extra. 2007, 55-66.
Otero Urtaza, E. (2011). The Educational Missions under the Second Republic in Spain (1931–1936): a framework for popular education. Paedagogica Historica. International Journal of the History of Education, 47(1–2), 207-220. https://doi.org/10.1080/00309230.2010.530285
Otero Urtaza, E. (2012). Manuel B. Cossio’s 1882 tour of European education museums. Paedagogica Historica. International Journal of the History of Education, 48(2), 197-213. https://doi.org/10.1080/00309230.2010.542763
Otero Urtaza, E. (2022). The educational ideals of Spanish schoolteachers. Training, professional tensions and future uncertainties. En N. Mead (Ed.), Moral and Political Values in Teacher Education over Time: International Perspectives (pp. 72-90). Routledge.
Pérez Galán, M. (1977). La enseñanza en la Segunda República española. Edicusa.
Porto Ucha, A. S. (2005). La Institución Libre de Enseñanza y la renovación pedagógica en Galicia. Ed. do Castro.
Ruiz Berrio, J., Tiana, A., e Negrín, O. (Coords). (1987). Un educador para un pueblo. Manuel B. Cossío y la renovación pedagógica institucionista. UNED.
Viñao, A. (1982). Política y educación en los orígenes de la España contemporánea. Examen especial de sus relaciones en la enseñanza secundaria. Siglo XXI.
Xirau, J. (1969). Manuel Bartolomé Cossío y la educación en España. Ariel.
COMPETENCIAS ESPECÍFICAS DO MÁSTER E XENERAIS DO MÓDULO:
CG1 - Aplicar os coñecementos adquiridos para a resolución en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos multidisciplinares relacionados coa súa área de estudo.
CB6 - Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo.
CT01 - Coñecer e respectar a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, fomentando unha cultura de paz, a conciencia democrática e unha resolución pacífica de conflitos así como os mecanismos básicos para a participación cidadá como exercicio que rexe a elaboración das Memorias de Responsabilidade Social Universitaria da USC.
CT02 - Incorporar os principios de igualdade de xénero entre homes e mulleres e de accesibilidade universal segundo as recomendacións da USC na súa II Plan Estratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes, os Criterios de Elaboración dunha Linguaxe Profesional e Non Sexista e o Protocolo de Prevención e Actuación fronte ao Acoso Sexual e ao Acoso por Razón de Sexo, Orientación Sexual e Identidade de Xénero.
CT03 - Desenvolver aptitudes para o traballo cooperativo e colaborativo a través da participación en equipos; dentro e fose da aula, empregando habilidades de negociación e responsabilidades no desempeño das tarefas asignadas nas materias e módulosdel Máster. Presentación e elección de valores como son o esforzo, respecto e compromiso coa procura da calidade no proceso de ensino-aprendizaxe como signo de identidade.
CT04 - Xerar unha actitude para a sustentabilidade ambiental e o consumo responsable desde os principios que rexen o Plan de Desenvolvemento Sustentable da USC.
CT05 - Desenvolver valores profesionais desde os distintos grupos de investigación presentes no Máster para poder defender unha ética da investigación no ámbito da educación, onde se respecte a diversidade de opinións e as maneiras de «ser», «estar» e «facer».
CE1 - Recoñecer a dimensión científica do proceso investigador na área socio-histórico-educativa.
CE5 - Coñecer os principais enfoques e estratexias da avaliación de programas na intervención socio-comunitaria.
O alumnado debe utilizar a metodoloxía histórico-pedagóxica para o estudo dos contidos desta materia. Trátase de que aprenda a tratar fontes históricas primarias, a saber valoralas no seu contexto, e establecer comparacións tanto no seu tempo histórico e con técnicas comparadas entre varios países, como diacronicamente, desde o seu nacemento até o seu desenvolvemento pleno.
Nas clases teóricas realizarase a presentación dos temas que compoñen o seminario, nas prácticas, os alumnos e alumnas aprenderán a través do uso e familiarización con fontes históricas, a comprender os fenómenos educativos, e a construír argumentos históricos coherentes que lle permitan profundar nas competencias que debe alcanzar, a través dos seguintes fitos:
a) Saber situar o traballo educativo e cultural desenvolvido pola "Institución Libre de Enseñanza".
b) Saber analizar as relacións e influencias recíprocas entre a "Institución Libre de Enseñanza" e outras escolas e movementos pedagóxicos europeos e americanos.
c) Saber construír coa información ofrecida no curso, un marco epistemolóxico e conceptual sobre as innovacións educativas, con especial incidencia na súa dimensión internacional.
Na medida das posibilidades, xestionarase a realización dalgunha práctica de campo que, de estimarse conveniente, poderá implicar a outras materias do módulo no que se enmarca a materia ou a materias doutros módulos do Máster.
Toda a información sobre as actividades a realizar e a documentación básica das materias se recolle na aula virtual. Lémbrase que toda a documentación precisa para seguir esta materia se atopa na aula virtual, cuxo uso é esencial desde o primeiro día de clase.
Asistencia ás clases teóricas e prácticas
Presentación dun estudo escrito sobre un documento histórico, determinado pola profesora, relacionado coa temática da materia.
Avaliación por Módulos
O 70% da avaliación correponde ao traballo de módulo, conforme as disposicións que para cada curso se acorde entre o seu profesorado. É importante sinalar que ese traballo de módulo terá un formato de artigo de revista ou comunicación presentada a un congreso científico. O 30% restante os e as estudiantes deberán presentar unha reflexión de conxunto do aprendido na materia, ou ben dunha parte da materia que estea próxima aos seus intereses de investigación. E necesario obter unha avaliación positiva en ambas partes para aprobar a materia.
As actuacións da profesora rexeranse, en todo caso, pola Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011 (DOG 21 de xullo de 2011) e modificada pola Resolución do 5 de abril de 2017 (DOG, 8 de maio). A asistencia a clase é obrigatoria salvo concesión de dispensa.
Os e as estudantes que teñan concedida dispensa de asistencia deben aterse ao disposto na Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral. Nestes casos, para aprobar esta materia é obrigatoria a presencia nas actividades prácticas que están sinaladas no horario de clases e programadas na Guía docente, así como presentar un traballo académico que supla a parte non presencial autorizada e que será acordado de maneira individual coa profesora.
Clases presenciais teóricas: 10.
Clases presenciais prácticas: 10.
Tutoría presencial ou virtual: 2.
Redacción traballos: 8.
Lecturas e documentación: 45.
Esta materia require coñecementos xerais de historia do pensamento e da cultura europea contemporánea, con especial referencia ao período 1868-1939. Os e as estudantes que posúan unha limitada formación histórico-pedagóxica poden comunicarllo á profesora para a oportuna orientación do proceso de ensino-aprendizaxe.
CORREOS ELECTRÓNICOS, USO DA AULA VIRTUAL E EMPREGO DAS FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
- É obrigatorio nos procesos de comunicación entre alumnado-profesorado o uso da conta institucional da USC (@rai.usc.es).
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- É obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola Facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
USO DO MÓBIL
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola docente, responsabilizándose ao alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos (https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos).
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto na ligazón: https://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/oix/desca…
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE
Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases/titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o profesorado e o estudantado matriculado na materia.
NORMATIVA DE PROTECCIÓN DE DATOS
Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos. https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Ana Vazquez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
18:30-20:30 | Grupo /TI-ECTS01 | Galego | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
20.05.2024 18:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |
10.07.2024 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | AULA 10 (CAMPUS VIDA-Módulo C2) |