Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Organización de Empresas e Comercialización
Áreas: Comercialización e Investigación de Mercados
Centro Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Con esta materia se pretende que o alumno profundice nos conceptos de marketing turístico. Os obxectivos do curso pódense concretar do seguinte xeito:
1. Ofrecer unha visión do papel do marketing na empresa turística.
2. Adquirir coñecementos e habilidades de análise da situación dos mercados turísticos.
3. Adquirir coñecementos e habilidades de toma de decisións sobre as variables a disposición dos directivos comerciais para o logro dos obxectivos de marketing a curto e longo prazo.
4. Elaborar un plan de marketing.
O programa da materia está dividido en 5 temas básicos, que se indican a continuación:
TEMA 1. A IMPORTANCIA DO MARKETING NAS EMPRESAS TURISTICAS. A Orientación ao mercado e ao servicio.
TEMA 2. O PLAN DE MARKETING. Proceso de elaboración dun plan de marketing. Recomendacions para a presentación dun plan de marketing.
TEMA 3. O CLIENTE TURÍSTICO. Atención ao cliente nas empresas turísticas. A experiencia do cliente e a sua satisfacción. Análise de incidentes críticos.
TEMA 4. ANÁLISE COMERCIAL TURÍSTICO. Recollida de información. Análise da competencia.
TEMA 5.PRODUCTO E PREZO. Xestión dunha oferta de servicios. Métodos de fixación de prezos. Extratexias sobre o prezo.
Bibliografia básica:
KOTLER, P.; BOWEN, J,; MAKENS, J.; GARCÍA, J. y FLORES, j. (2011) "Marketing turístico" 5ª Edición, Pearson, Prentice-Hall.
REY, M. (2017) "Marketing turístico: Fundamentos y Dirección" Pirámide.
Bibliografía complementaria:
SERRA, A. (2007) "Marketing Turístico" Piramide.
ALTES MACHIN, A. (1993) “Marketing y turismo”. Síntesis, Madrid.
IGLESIAS TOVAR, J.R. (1995) “Comercialización de productos y servicios turísticos”. Síntesis.
KYE-SUNG, C. y RAYMOND, T. (2001) "Atención al cliente en Hostelería" Paraninfo, Thomson Learning.
ZEITHAML, V. Y BITNER, J. (2000) “Marketing de servicios”ed. Mcgraw-Hill
MARTIN ARMARIO, E. (1993) - "Marketing" - Ed. Ariel.
VAZQUEZ, R.; TRESPALACIOS, J.; AGUDO, A. (2000) - “Marketing: Estrategias y aplicaciones sectoriales. 3ª edición” – Cívitas.
MUNUERA, J.; RODRIGUEZ, A. (2002) - “Marketing estratégico. Teoría y casos”. Ed. Pirámide.
SAINZ DE VICUÑA J.M. (2011) "El plan de marketing en la práctica, 15ª edición". Ed. ESIC.
Nesta materia el alumno adquirirá e practicará una serie de competencias genéricas, deseable en cualquier titulación universitaria, e especificas, propias da dirección comercial das empresas turísticas.
Competencias básicas e xerais:
CG1– Definir o turismo urbano e a xestión de empresas turísticas.
CG2– Aplicar os coñecementos adquiridos a realidade do sector turístico.
CG3– Resolver problemas en contornos novos o pouco coñecidos.
Competencias transversais:
CT1– Aplicar a ética a toma de decisions.
CT2– Demostrar razonamento crítico.
CT3– Analizar e sintetizar a información.
CT4– Traballar en equipos de composición diversa.
CT5– Formular propostas creativas e emprendedoras.
Competencias específicas:
CE1- Demostrar unha visión extratésica ante os problemas empresariais.
CE2– Aplicar as técnicas de xestión empresarial no sector turístico.
CE3– Describir as competencias e funcions das áreas de xestión.
As clases expositivas terán unha duración dunha hora e impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro, un día á semana. O profesor porá a disposición do alumnado o material necesario no Campus Virtual da materia.
As sesións interactivas terán unha duración de unha hora e impartiranse presencialmente segundo o horario programado polo centro, un día á semana. Analizaranse casos prácticos de empresas turísticas , comentaranse/debateranse lecturas de textos e artigos turísticos así como outras cuestións expostas polo profesorado. Tamén se proporá a posibilidadede participar no concurso Talent Martch do Grupo Hotusa.
As titorías para consulta de dúbidas serán presenciales, pudiendo realizar algunas de forma virtual a través das diferentes ferramentas e plataformas autorizadas pola USC.
1)Proba final sobre contidos: 50% da cualificación. A proba de contidos será presencial e incluirá todo o programa e o material exposto nas clases.
2)Actividades nas sesións interactivas: Resolución e participación na análise de casos, debate de lecturas e outras actividades vinculadas ás clases (30% da cualificación) e un traballo relacionado ca materia (20%). Estas actividades formarán parte da avaliación continua do alumnado. A relación das diferentes actividades avaliables ao longo do curso, a súa ponderación, e como se vai facer o seu seguimento indicaranse na guía docente da materia que estará publicada na aula virtual ao comezo do curso.
Na calificación final a suma de ambas puntuacións deberá ser igual ou superior a 5 para superar a materia e deberá asistir como mínimo ao 80% das actividades presenciais programadas.
Esta valoración aplicarase nas dúas convocatorias ordinarias (xuño e xullo) de tal maneira que a puntuación obtida na avaliación continua (50%) se manterá para a convocatoria de xullo.
Os alumnos/as aos que se lles concedeu dispensa de asistencia a clase segundo a instrución Nº 1/2017 da Secretaría Xeral da USC serán avaliados mediante unha proba final presencial que suporá o 100% da nota a obter polo alumno/a. Os alumnos nesta situación deberán contactar co coordinador da materia.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o establecido na “Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das calificacións”.
A materia ten unha carga de traballo de 3 ECTS.
Horas presenciais: 27 horas (Clases expositivas: 9 h. e clases interactivas: 12 h.)
Horas traballo persoal do alumno: 48 horas
Total horas de traballo: 75 horas
Para a preparación da materia recoméndase a utilización continuada da bibliografía, do material de apoio utilizado nas clases e da comunicación continua co profesor.
Para a participación nos casos recomendase o estudio previo dos conceptos teóricos.
Maria Teresa Garcia Garazo
Coordinador/a- Departamento
- Organización de Empresas e Comercialización
- Área
- Comercialización e Investigación de Mercados
- Teléfono
- 881811632
- Correo electrónico
- mariateresa.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Venres | |||
---|---|---|---|
18:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 18 |
19:00-20:00 | Grupo /CLIL_01 | Castelán | Aula 18 |
08.01.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 22 |
08.01.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 22 |
20.06.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLIL_01 | Aula 02 |
20.06.2024 16:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 02 |