Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Botánica, Departamento externo vinculado ás titulacións
Áreas: Botánica, Área externa M. U. en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Capacidade de recoñecemento e identificación de elementos dos ecosistemas terrestres
• Capacidade para detectar e avaliar a interacción da biota e o medio físico nun ecosistema
• Capacidade de detectar e avaliar interaccións biolóxicas dun ecosistema.
• Capacidade de identificar procesos de cambio nos ecosistemas terrestres
Actividades expositivas (14h) (Temario de teoría):
1. Conceptos de hábitat e ecosistema. Variables bióticas e abióticas no ecosistema terrestre.
2. Interaccións biolóxicas
3. Comunidades: tipos e características principais
4. Cambio nos ecosistemas terrestres. Intercambios de materia e enerxía
Actividades interactivas (7h)(prácticas/seminarios):
1. Análise de comunidades.
2. Cuantificación da diversidade e grupos funcionais en comunidades
3. Estudo e análise de interaccións biolóxicas nun ecosistema
4. Exposición de traballos
• Begon M., Townsend C.R., Harper J.L., 2006. Ecology (4th ed). 759pp. Blackwell.
• Hill D, Fasham M, Tucker G, Shewry M, Shaw P., 2006. Handbook of Biodiversity methods. 589pp. Cambridge University Press.
• Loidi, J. ,2017. The Vegetation of the Iberian Peninsula, vol 1. Springer. 676 pp. Cham, Switzerland
• Peinado M., Monje L. & Martínez J.M. 2006. Manual de Geobotánica: El paisaje vegetal de Castilla-La Mancha. Junta de Castilla-La Mancha, Consejería de Medio Ambiente. Toledo.
• Rivas-Martínez S., Díaz T., Fernández, F., Izco J., Loidi J., lousa M., & Penas A. 2002. Vascular plant communities of Spain and Portugal. Itinera geobotanica 15 (2): 433-922.
• van Dyke F, 2008. Conservation Biology. 480pp. Sringer.
• van der Maerl E (Ed.), 2005. Vegetation Ecology. 411pp. Blackwell.
BÁSICAS e XERAIS
CG01 - Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade.
CG02 - Uso da terminoloxía adecuada no ámbito da biodiversidade terrestre
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír á análise e xerar información específica.
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e os poidan transferir á resolución de problemas en entornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo
CB8 - Que os estudantes saiban integrar coñecementos e poidan enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise y síntese.
CT2 - Capacidade para o razoamento, argumentación e toma de decisións.
CT3 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas
ESPECÍFICAS
CE6- Coñecer as técnicas de identificación dos organismos e as tipoloxías de interaccións biolóxicas.
Clases expositivas apoiadas con ferramentas propias da aula (encerado, ordenador, cañón de vídeo), e complementadas con soporte docente online (Campus Virtual). Nelas o profesor presenta conceptos e/o procedementos, aportando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado.
Clases interactivas: Traballos de campo complementados con prácticas de laboratorio e traballos de gabinete; o seu obxectivo é a observación in situ de aspectos do medio físico e biolóxico, a realización de experimentos, a interpretación, procesamento e resolución de casos prácticos e/o a aprendizaxe e aplicación de software informático, co apoio e supervisión do profesorado
Realización de traballos e informes. Exposición oral de traballos individuais ou en grupo. Debate con profesores e alumnado. Seguimento, foros e debates online.
A metodoloxía proposta sigue os liñamentos propios da docencia baseada en proxectos desenvoltos no medio natural.
A docencia terá lugar na Estación Biolóxica do Caurel (USC) e contorna durante tres días consecutivos na primavera. Neste período se alternarán clases expositivas coas interactivas; estas últimas se organizarán por grupos de alumnos. Cada grupo se encargará de desenvolver un proxecto práctico relativo a algún dos contidos do curso. A última sesión de traballo se dedicará á organización dos resultados dos proxectos e unha breve exposición pública dos mesmos.
O horario de reparto da docencia vendrá condicionado polas condicións climáticas que se dean durante eses días.
% MÍNIMO % MÁXIMO COMPETENCIAS
Avaliación continua 30 100 CG01,CG02,CG03 CB7, CB8, CT1, CT2, CT3, CT4
Exame 0 70 CG01, CG02, CT1 CT2, CE6
O principal método de avaliación será o seguimento da participación individual de cada alumno no grupo de traballo, e a elaboración e exposición do informe final do proxecto. De ser necesario, a avaliación se completará cun exame.
Horas Presencialidade (%)
Clases expositivas 14 100
Clases interactivas 7 100
Titorías 1 100
Exame 2 100
Estudo persoal 51 0
Total horas traballo 75
Asistir participativamente as clases teóricas e prácticas.
Utilizar os recursos informáticos propostos e consultar na biblioteca a bibliografía aportada.
Joaquin Gimenez De Azcarate Cornide
- Departamento
- Botánica
- Área
- Botánica
- Correo electrónico
- joaquin.gimenezdeazcarate [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor