Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Bioloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Preténdese que os alumnos que cursen esta materia adquiran unha visión xeral dos diferentes métodos de comunicar ciencia e realizar educación ambiental, especialmente importante nesta era, o Antropoceno, condicionada polo impacto global que as actividades humanas están a ter sobre os ecosistemas terrestres. Os estudantes deberán chegar a alcanzar os seguintes obxectivos xerais:
• Aprender e aplicar as pautas da metodoloxía científica e en concreto do razoamento científico á transmisión de contido científico. Identificar interpretacións pseudocientíficas.
• Coñecer os principais formatos de transmisión de coñecemento científico.
• Capacitarse para transmitir información científica en, polo menos, un formato.
• Ser capaces de sintetizar e expoñer en público e para o público xeral coñecemento derivado da investigación científica.
• Saber aplicar os principios e as ferramentas que se empregan na comunicación científica e a educación ambiental.
• Desenvolver capacidades de discusión crítica e avaliación de datos científicos relacionados coa biodiversidade.
Temario de teoría
1. A necesidade de fomentar a comunicación da ciencia no Antropoceno. O papel dos científicos na transmisión de ciencia. Relación con outras disciplinas.
2. Formatos tradicionais de comunicación da ciencia e novas posibilidades. Metodoloxías comúns aos diferentes formatos.
3. Elaboración dun plan de difusión.
4. Divulgación científica mediante o audiovisual. Vantaxes e inconvenientes. Xéneros e público obxectivo. Metodoloxía no proceso de creación de comunicación científica. Creación dun guión científico e transformación a un guión cinematográfico. Elaboración dun story board. Proceso de gravación, edición e montaxe. Difusión en medios dixitais e tradicionais.
Temario de outras actividades (prácticas)
1. Elaboración de divulgación científica mediante audiovisual ou outros medios. O alumnado elixirá un tema de interese ambiental, documentarase, elaborará un guión científico e preparará un plan de comunicación.
2. Exercicios de elaboración de notas de prensa, titulares, traballo de síntese, entrevistas. Elaboración, desenvolvemento e presentación dun traballo relacionado con divulgación científica e/ou educación ambiental sobre un tema de actualidade con interese ambiental. Será elaborado de forma presencial durante as prácticas, aínda que poderá ser traballado e completado de forma non presencial. Os traballos serán presentados oralmente na aula.
BASICAS e XERAIS
CG01 - Adquisición da capacidade de análise sobre a situación actual e futura da biodiversidade terrestre.
CG02 - Uso da terminoloxía adecuada para o ámbito da biodiversidade terrestre.
CG03 - Empregar fontes de información e bases de datos necesarias para contribuír á análise e xerar información específica para o ámbito da biodiversidade terrestre.
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT4 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada en distintos idiomas.
CT5 - Compromiso de veracidade da información que ofrece aos demais.
CT6 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos coñecementos.
ESPECÍFICAS
CE13 - Capacidade para comunicar información relativa á biodiversidade terrestre.
Lección-explicación oral: procedemento docente polo cal o profesor presenta conceptos e/ou procedementos, achegando información básica necesaria para entender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación do estudantado.
Clase práctica: desenvolta en campo, laboratorio ou aula de informática, ten por obxecto a descrición in situ do proceso de comunicación científica e educación ambiental, a realización dun exercicio de comunicación mediante algún dos formatos explicados e a aprendizaxe e aplicación de software e hardware adecuado, co apoio e supervisión do profesorado.
A avaliación realizarase en base ao traballo práctico realizado polo alumnado que será entregado en formato de informe.
1. No caso da práctica “Elaboración de divulgación científica mediante audiovisual ou outros medios” a avaliación do traballo práctico significase o 70% da nota final e realizarase en base á presentación dun informe que conteña a descrición do público obxectivo, o guión do vídeo, o plan de difusión e, se finalmente hai medios dispoñibles para realizalo, o vídeo ou material elaborado.
2. A práctica relacionada con “Exercicios de elaboración de notas de prensa, titulares, traballo de síntese, entrevistas” significará o 30% da nota final. Nesta porcentaxe da nota valorarase tamén a participación nas actividades prácticas do curso
PONDERACIÓN MÍNIMA PONDERACIÓN MÁXIMA
Avaliación informe vídeo 0 70
Avaliación realización y exposición do tema escrito 0 30
Horas Presencialidade (%)
Clases expositivas 7 100
Clases interactivas 14 100
Titorías 2 0
Estudio persoal do alumnado 52 0
Total horas de traballo 75