Ir o contido principal

Máster Universitario en Investigación Química e Química Industrial

Modalidade
Presencial
Rama de coñecemento
Ciencias
Ámbito de coñecemento
Química.
Centro(s)
Facultade de Química
Avda. das Ciencias, s/n, 15782
Santiago de Compostela
881814229 (Conserxaría)
881814256 (Decanato)
facultade.quimica.decanato [at] usc.gal
Campus
Santiago de Compostela
Coordinador/a
Jesus Sanmartin Matalobos
Contacto
jesus.sanmartin [at] usc.es

O máster, de carácter interuniversitario, ten como obxectivo proporcionar os alumnos coñecementos tanto teóricos como experimentais que sirvan para obter unha sólida base en calquera das áreas de química avanzada, así como formación nas técnicas instrumentais químicas e biológicas. Con esta formación, os alumnos poderán orientarse tanto a investigación como a profesionalización en temáticas relevantes da Ciencia e da Tecnoloxía Química.

Duración: 1 ano académico
Código RUCT: 4314854
Número de ECTS: 60
Número prazas: 45

Decano/a ou director/a do centro:
Jesus Sanmartin Matalobos
jesus.sanmartin [at] usc.es

Coordinador-a do título:
Jesus Sanmartin Matalobos
jesus.sanmartin [at] usc.es

Linguas de uso:
Castelán, Galego

Universidade coordinadora:
Universidade de Santiago de Compostela

Universidade(s) participante(s):
Universidade de Santiago de Compostela Universidade da Coruña Universidade de Vigo

Data da autorización de implantación do título pola Xunta de Galicia:
24/10/2014 (DOG 06/11/2014)

Data de publicación no BOE:
22/08/2015 (correc erros: 21/03/2016). Mod 7/05/2021 (correc erros: 23/12/2021)

Data da última acreditación:
30/10/2018

Vídeo de presentación

Este máster, impartido polas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, ten como obxectivo formar profesionais capaces de competir en áreas tan dinámicas como a industria química, farmacéutica, biomédica, agroalimentaria, fito e biosanitaria, así como na produción de novos materiais, no control medioambiental, análise e control de calidade, e no campo das enerxías renovables.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 15
Optativas: 21
Traballo fin de máster: 24
Total: 60

Itinerarios ou mencións:

ORIENTACIÓN INVESTIGADORA
- Especialidade en Química do Medio Natural
- Especialidade en Química Sintética
- Especialidade en Química Biolóxica
- Especialidade en Nanomateriais e Novos Materiais
- Especialidade en Técnicas Analíticas Avanzadas
ORIENTACIÓN PROFESIONALIZANTE
- Especialidade en Química Industrial

Os alumnos/as deberán superar obrigatoriamente as materias do Módulo Común (15 créditos), 21 créditos de materias optativas e un traballo de fin de máster de 24 créditos.

Na Orientación Investigadora o alumno cursará obrigatoriamente a materia práctica Iniciación á Investigación (6 ECTS) mais outros 15 créditos elixidos libremente dos módulos de: Química do Medio Natural; Química Sintética; Química Biolóxica; Nanoquímica e Novos Materiais; e Técnicas Analíticas Avanzadas. Para obter unha especialidade por esta orientación deberán cursar cando menos 9 ECTS dentro do módulo da especialidade elixida (os outros 6 ECTS pode escollelos deste ou dos outros módulos); de non cumpriren o requisito obterán a titulación pola orientación investigadora sen especialidade: neste caso o alumno/a tamén ten que cursar obrigatoriamente a materia “Iniciación á investigación”.

Na Orientación Profesionalizante o alumno cursará obrigatoriamente a materia Xestión de Proxectos (3 ECTS) mais outros 18 ECTS optativos do Módulo de Química e Economía Industrial.

No caso de o alumno querer cursar máis dunha especialidade non tería que volver a realizar o módulo común nin o TFM

Fisicoquímica de medios naturais

  • P1201243
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Química do medio ambiente

  • P1201244
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas para o control da contaminación ambiental

  • P1201245
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión e valorización de residuos

  • P1201246
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Enerxía e medio ambiente

  • P1201247
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Iniciación á investigación

  • P1201256
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

Química supramolecular

  • P1201202
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Síntese estereoselectiva

  • P1201207
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Química de coordinación aplicada

  • P1201234
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Química organometálica

  • P1201235
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Aplicacións sintéticas dos compostos organometálicos

  • P1201236
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Iniciación á investigación

  • P1201256
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

Propiedades de materiais

  • P1201214
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Preparación de nanomateriais

  • P1201240
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas avanzadas de caracterización de materiais

  • P1201250
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Materiais moleculares e Poliméricos

  • P1201251
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Aplicacións dos nanomateriais e novos materiais

  • P1201252
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Iniciación á investigación

  • P1201256
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

Espectroscopia de fluorescencia e fotoquímica

  • P1201203
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Cromatografía e técnicas analíticas de separación

  • P1201231
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas avanzadas de preparación da mostra

  • P1201253
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Técnicas atómicas avanzadas e sensores

  • P1201254
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Espectrometría de masas analítica

  • P1201255
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Iniciación á investigación

  • P1201256
  •  
  • Optativo
  •  
  • Prácticas en Empresas de Grao e Máster
  •  
  • 6 créditos

Química industrial: control de procesos

  • P1201221
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Calidade nos laboratorios químicos

  • P1201222
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Seguridade industrial

  • P1201223
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Sistemas de xestión na industria química

  • P1201224
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Lexislación industrial

  • P1201225
  •  
  • Optativo
  •  
  • Segundo semestre
  •  
  • 3 créditos

Economía e empresa

  • P1201226
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Recursos humanos

  • P1201227
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Xestión de proxectos

  • P1201229
  •  
  • Optativo
  •  
  • Primeiro semestre
  •  
  • 3 créditos

Licenciados o Graduados en Química, Bioquímica, Enxeniería Química, Ciencia de Materiais, Farmacia, Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Biotecnoloxía, Nanociencias o calquera outra titulación que proporcione un grado de formación química similar. Para outras titulaciones con menor grado de formación en química será necesario cursar complementos de formación que serán establecidos pola Comisión Académica do Máster.

Os alumnos/as que queiran acceder ao mestrado deberían:

-Estar en posesión de coñecementos suficientes de Química Analítica, Química Física, Química Inorgánica, Química Orgánica, Bioquímica e Bioloxía Molecular e Enxeñaría Química.
-Dispoñer de coñecementos básicos de Matemáticas, Física e Bioloxía.
-Posuír unha formación experimental suficiente para o manexo de materiais e para a execución de tarefas habituais en laboratorios químicos.
-Dispoñer de competencias e habilidades relativas ao manexo das aplicacións máis comúns de ofimática.
-Mostrar interese polo Máster e demostrar capacidade de traballo.

Os estudantes que cursasen os seus estudos fóra de España poderán ser admitidos sen necesidade de homologaren o seu título sempre que acrediten un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos de acceso españois, de acordo co establecido no Real Decreto Lei 1393/2007 e no 861/2010.

Condicións de terminación:

Obrigatorias: 15
Optativas: 21
Traballo fin de máster: 24
Total: 60

Despois do período de matrícula e uns días antes do inicio formal do curso académico desenvólvese un acto de recepción aos novos estudantes, onde se lles dá a benvida e preséntaselles aos coordinadores, titores e profesores. No devandito acto infórmaselles tamén dos servizos que se lles proporcionan polo feito de seren estudantes e de calquera normativa que lles poida ser de especial interese para o adecuado desenvolvemento da súa vida no campus.

Cada unha das universidades do consorcio mantén a través das súas páxinas WEB, folletos institucionais, coordinadores do máster e Unidades de Información que permiten orientar e reconducir as dúbidas dos estudantes xa matriculados.

Ademais de contar cos procedementos de acollida e orientación a estudantes de novo ingreso, este mestrado establecerá un Plan de Acción Titorial, que comeza co nomeamento do titor académico. Contémplase que os alumnos teñan un apoio directo no seu proceso de toma de decisións e un seguimento continuo a través da figura do titor. Os mecanismos básicos do Plan de Acción Tutorial desde a entrada no mestrado son a titoría de matrícula, que consiste en informar, orientar e asesorar o estudante a respeito de todo aquilo que é competencia do plan de estudos e o sistema de apoio permanente aos estudantes unha vez matriculados, que consistirá nun seguimento directo ao estudante durante todos os seus estudos de posgrao. Na carta de admisión ao mestrado infórmase aos estudantes do titor que teñen asignado.
O Titor tamén recollerá cantas suxestións lle queiran facer chegar os estudantes sobre o funcionamento do título, así como as reclamacións que crean pertinentes. O titor daraas a coñecer ao coordinador do mestrado da súa universidade, que tratará, no caso das reclamacións, de procurar unha solución satisfactoria. De o alumno non estar conforme coa resolución, elevará a reclamación á Comisión Académica do Máster através de calquera dos seus representantes, sendo aquela a que decidirá sobre a cuestión formulada. En última instancia seguirase o estabelecido para a resolución das reclamacións polos procedementos dos respectivos centros responsábeis.
A Facultade de Ciencias da UDC puxo en marcha un Plan de Acción Titorial xestionado por un coordinador no centro e coa participación do profesorado cunha función de titor do alumno, co fin de realizarlle un seguimento personalizado e identificar e tratar de eliminar as especiais dificultades que poidan interferir no rendemento académico dos alumnos.
Para iso, entre as actividades do PAT atópanse, entre outras, a realización de xornadas de orientación profesional e de divulgación das actividades dos grupos de investigación do centro, sesións informativas sobre o acceso a estudos de doutoramento (sobre bolsas, carreira académica e investigadora, etc) ou sobre programas de intercambio nacional e internacional de estudantes.

Despois do período de matrícula e uns días antes do inicio formal do curso académico desenvólvese un acto de recepción aos novos estudantes, onde se lles dá a benvida e preséntaselles aos coordinadores, titores e profesores. No devandito acto infórmaselles tamén dos servizos que se lles proporcionan polo feito de seren estudantes e de calquera normativa que lles poida ser de especial interese para o adecuado desenvolvemento da súa vida no campus.

Cada unha das universidades do consorcio mantén a través das súas páxinas WEB, folletos institucionais, coordinadores do máster e Unidades de Información que permiten orientar e reconducir as dúbidas dos estudantes xa matriculados.

Por outra banda, cada unha das universidades do consorcio teñen unidades que prestan apoio aos membros da comunidade universitaria con discapacidade. As súas actividades organízanse en tres áreas de traballo: Voluntariado e Cooperación ao Desenvolvemento, Atención á Discapacidade e Formación, Análise e Estudos.

O labor de apoio aos estudantes con discapacidade, co obxectivo de que poidan realizar todas as súas actividades na universidade nas mellores condicións concrétase en:

1. Atención, información, asesoramento e seguimento personalizado: para a realización da matrícula, aspectos organizativos, etc. O primeiro contacto ten lugar nos primeiros días do curso académico e, caso de que non haxa demandas específicas por parte do estudante, a Oficina volve poñerse en contacto con eles un mes antes de empezar as convocatorias de exames.

2. Accións conducentes á igualdade de oportunidades: servizo de titorías, asistencia por parte de coidadores procedentes das Escolas de Enfermería, servizo de intérpretes por lingua de signos, servizo de transporte adaptado e servizo de voluntariado de acompañamento. Ademais, facilítase a xestión de recursos materiais e técnicos, por exemplo a transcrición de exames e material impreso a Braille.

3. Asesoramento para a accesibilidade universal, tanto arquitectónica como electrónica.

4. Asesoramento e orientación ao emprego: programas específicos para estudantes con discapacidade.

5. Asesoramento ao persoal docente sobre adaptación do material didáctico e probas de avaliación e ao persoal de administración e servizos en canto á avaliación das necesidades do alumnado e as adaptacións que cada ano son necesarias.

Cando se produza a suspensión dun título oficial, a USC garante o adecuado desenvolvemento efectivo das ensinanzas que iniciasen os seus estudantes ata a súa finalización. Para iso, o Consello de Goberno aproba os criterios relacionados, entre outros, con:

  • A admisión de matrículas de novo ingreso na titulación.
  • A supresión gradual da impartición da docencia.
  • Se o título extinguido é substituído por outro similar (modificando a natureza do título), fixa as condicións que faciliten aos/as estudantes a continuidade de estudos no novo título e as equivalencias entre as materias dun e doutro plan.

Acceso

Poderán acceder ás ensinanzas oficiais de máster:

1. As persoas que estean en posesión dun título universitario oficial español.
2. Aquelas que teñan un título expedido por unha institucion de educación superior do EEES que faculta no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de máster.
3. Os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao EEES sen necesidade de homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que os ditos títulos acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinanzas de posgrao.

Admisión

Titulacións de acceso:
1. Titulacións prioritarias: licenciatura ou grao en química.
2. Titulacións secundarias: licenciaturas ou graos relacionados coas titulacións de química, así como licenciaturas ou graos en bioquímica, enxeñaría química, enxeñería industrial, ciencias dos materiais, farmacia e ciencias mariñas, ciencias ambientais, biotecnoloxía, Nanociencias ou outras titulacións universitarias cun formación química similar.
3. Menor prioridade: Outras titulacións universitarias que inclúen formación química no seu currículo.
Os titulados con menor grao de formación química, a criterio da Comisión Académica, poderán acceder tras cursar complementos de formación ata un máximo de 60 ECTS
Criterios de admisión:
1. Nota media do expediente académico da titulación de acceso: 85%
2. Méritos curriculares adicionais: 10%
3. Carta de motivación 5%
O alumno deberá acreditar coñecementos da lingua inglesa (polo menos un nivel B1 recoñecido). No caso de non poder acreditalo, a Comisión académica realizará unha entrevista cos alumnos.

Titulacións de acceso:
1. Titulacións prioritarias: licenciatura ou grao en química.
2. Titulacións secundarias: licenciaturas ou graos relacionados coas titulacións de química, así como licenciaturas ou graos en bioquímica, enxeñaría química, enxeñería industrial, ciencias dos materiais, farmacia e ciencias mariñas, ciencias ambientais, biotecnoloxía, Nanociencias ou outras titulacións universitarias cun formación química similar.
3. Menor prioridade: Outras titulacións universitarias que inclúen formación química no seu currículo.
Os titulados con menor grao de formación química, a criterio da Comisión Académica, poderán acceder tras cursar complementos de formación ata un máximo de 60 ECTS
Criterios de admisión:
1. Nota media do expediente académico da titulación de acceso: 85%
2. Méritos curriculares adicionais: 10%
3. Carta de motivación 5%
O alumno deberá acreditar coñecementos da lingua inglesa (polo menos un nivel B1 recoñecido). No caso de non poder acreditalo, a Comisión académica realizará unha entrevista cos alumnos.

- Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
- Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
- Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
- Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
- Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.

- Innovar en espazos e ámbitos do campo de traballo, demostrando iniciativa e espírito emprendedor.
- Identificar información da literatura científica utilizando as canles apropiadas e integrar a dita información para folmular e contextualizar un tema de investigación.
- Valorar a responsabilidade na xestión da información e do coñecemento no ámbito da química industrial e a investigación química.
- Demostrar habilidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos.
- Utilizar terminoloxía científica en lingua inglesa para argumentar os resultados experimentais no contexto da profesión química.
- Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de captación e organización de información para solucionar problemas na actividade profesional.
- Valorar a dimensión humana, económica, legal e técnica no exercicio profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sustentable da sociedade.

- Definir conceptos, principios, teorías e feitos especializados das diferentes áreas da química.
- Propor alternativas para a resolución de problemas químicos complexos das diferentes especialidades químicas.
- Aplicar os materiais e as biomoléculas en campos innovadores da industria e enxeñaría química.
- Innovar nos métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da química.
- Avaliar correctamente os riscos e o impacto ambiental e socioeconómico asociado ás sustancias químicas especiais.
- Deseñar procesos que impliquen o tratamento ou eliminación de produtos químicos perigosos.
- Analizar e utilizar os datos obtidos de xeito autónomo nos experimentos complexos de laboratorio relacionándoos coas técnicas químicas, físicas ou biolóxicas apropiadas, e incluíndo o uso de fontes bibliográficas primarias.
- Valorar, promover e practicar a innovación e o emprendemento na industria e na investigación química.
- Operar con instrumentación avanzada para a análise química e a determinación estrutural.
- Planificare xestionar os recursos dispoñíbeis dunha empresa, laboratorio, ou da administración tendo en conta os principios básicos da calidade, prevención de riscos e sustentabilidade dispoñíbeis.
Coñecer o impacto ambiental dos procesos químicos industriais, así como as formas actuais de minimizalos incluíndo a trazabilidade e o tratamento dos residuos xerados.

- Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico.
- Traballar en equipo e adaptarse a equipos multidisciplinarios.
- Traballar con autonomía e eficiencia na práctica cotiá da investigación ou da actividade profesional.
- Apreciar o valor da calidade e a mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
- Demostrar unha actitude de respeito cara ás opinións, os valores, os comportamentos e as prácticas doutros

Mobilidade

A planificación, desenvolvemento e xestión dos convenios relativos ao intercambio de profesores e estudantes das tres universidades do consorcio (UDC, USC, Uvigo), ou ben estranxeiros, con outros centros de educación superior realizarase atendendo, entre outros, aos seguintes criterios, programas de bolsas e ámbitos de actuación:
- A mobilidade a nivel local e nacional levarase a cabo mediante a negociación e firma de convenios de colaboración directa con institucións, realizando as xestións a través do servizo/vicerreitoría correspondente e fomentando a cooperación con aqueles centros vinculados á formación.
- A mobilidade e os intercambios internacionais se xestionan a través das Oficinas de Relacións Internacionais da UDC, a USC ou a Uvigo. A planificación responde a dous ámbitos de actuación: mobilidade entrante e saínte cara a Europa (Erasmus principalmente), e mobilidade entrante e saínte cara ao resto de países (ISEP, estudantes de convenio, programa de bolsas propias).
En relación á mobilidade de estudantes con Europa, se potenciará a participación e a obtención de bolsas a través dos programas e accións promovidas pola Comisión Europea e a Axencia Executiva de Educación, Audiovisual e Cultura, especialmente o programa Erasmus (dentro do Programa de Aprendizaxe e Formación Permanente: Lifelong Learning Programme), para o que se asinan acordos bilaterales Sócrates-Erasmus plurianuais.
Para a mobilidade con outros países non europeos, a través das ORI, se promoverá e tramitará a sinatura de convenios marco e específicos con universidades doutros países, como instrumento para facilitar a mobilidade tanto de estudantes como de docentes. No caso de Estados Unidos, a ORI participa activamente no programa ISEP de intercambio de estudantes. Si nos referimos ás relacións e mobilidade con Iberoamérica, Marruecos,Túnez, etc. se fomenta a participación nas convocatorias anuais do Ministerio de Asuntos Exteriores e en concreto as accións: Programa de Cooperación Interuniversitaria e bolsas MAEC-AECI. Os estudantes poderán beneficiarse dentro deste tipo de mobilidade con países non europeos do programa de bolsas de intercambio propias da Universidade de Vigo (excepto os estudantes ISEP), así como da convocatoria de axudas complementarias da Xunta de Galicia para estudantes que participan en mobilidade non europea e na convocatoria anual de bolsas internacionais da Universidade de Vigo.
Pola súa banda, os estudantes estranxeiros poderán participar, entre outros, nos seguintes programas: programa de bolsas destinados a galegos/as de orixe galega e ós seus descendentes para a realización de estudos universitarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia; bolsas MAEC-AECI que constitúen a oferta de formación a nivel posgrao do Ministerio de Asuntos Exteriores para estudantes estranxeiros e bolsas Alban da Unión Europea e América-Latina para a formación especializada superior para profesionais e futuros cadros directivos latinoamericanos en centros da Unión Europea.
Centralizadamente, desde a Oficina de Relacións Exteriores xestionan distintos convenios de mobilidade aos que se poden adherir os estudantes tanto os propios como os procedentes doutras universidades nacionais ou estranxeiras (Programas Erasmus Mundus External Cooperation Window, Convenio Bilateral con Universidades Iberoamericanas).

Na USC a mobilidade dos/as estudantes está regulada a través do “Regulamento de intercambios interuniversitarios”. A través da Oficina de Relacións Exteriores xestiónanse programas de intercambio tanto nacionais (SICUE), como europeos (ERASMUS) e extracomunitarios (intercambios con países de América Latina ou países de fala inglesa):
Portal Internacional

Prácticas

non se contemplan

Todos os alumnos terán que presentar un Traballo de Fin de Máster de 24 créditos. O TFM implicará a realización dun proxecto asociado a un plan de traballo asinado pola persoa que vaia a tutorizar o alumno. Deste xeito, o alumno terá que levar a cabo:

-Recollida de documentación bibliográfica sobre os antecedentes e estado actual do tema proposto.
-Elaboración dunha proposta de obxectivos.
-Realización dos experimentos.
-Tratamento de datos.
-Elaboración, presentación pública e defensa dunha memoria de resultados e conclusións.

O Traballo de Fin de Mestrado terá un carácter profesional ou investigador segundo o itinerario escolleito polo alumno. A elección do itinerario profesionalizante suporá a realización dun proxecto profesional nunha empresa coa que se teña asinado un convenio. De por parte, a elección do itinerario investigador suporá a realización dun traballo de investigación dentro dun grupo de investigación.

O equipo docente esta formado por un importante número de profesores das 3 Universidades Galegas cunha amplia e destacable experiencia docente e investigadora, sendo expertos nas súas diferentes áreas de traballo. Por outra banda tamén teñen unha amplia experiencia na colaboración co sector empresarial de diferentes ámbitos, así como con diferentes organizacións do sector. 

Profesorado
Manuel Aboal Somoza
Wajih Al-Soufi
Manuel Amorin Lopez
Ma Carmen Barciela Alonso
Pastora Maria Bello Bugallo
Ana Maria Bermejo Barrera
David Buceta Fernandez
Adolfo Carballo Penela
Antonia María Carro Díaz
Maria De Las Nieves Carro Mariño
Mª Del Carmen Casais Laiño
Alberto José Coelho Cotón
María Raquel Domínguez González
Maria Luz Duran Carril
Juan Carlos Estevez Cabanas
Martin Fañanas Mastral
Sarah Fiol Lopez
Maria Matilde Fondo Busto
Felix Manuel Freire Iribarne
Romina García Chas
Ana Maria Garcia Deibe
Diego Gomez Diaz
Concepcion Gonzalez Bello
Sara Gonzalez Garcia
Juan Ramón Granja Guillán
Francisco Guitian Rivera
Moises Gulias Costa
Sara Illodo Brea
Maria Pilar Llompart Vizoso
Fernando José López García
Marta Lores Aguin
Miguel Martinez Calvo
Emilio Martinez Nuñez
Antonio Moreda Piñeiro
Maria De La Merced Novo Rodriguez
Remigio Paradelo Nuñez
Maria Mercedes Parajo Montes
Juan Jose Parajo Vieito
Manuel Maria Paz Castañal
Rosa Maria Pedrido Castiñeiras
Elena Maria Peña Vazquez
Ana Isabel Prieto Ortega
Jose Benito Quintana Alvarez
Emilio Quiñoa Cabana
Maria Ramil Criado
Maria Del Rosario Rodil Rodriguez
Iria Rodríguez Arias
Pedro Rodriguez Dafonte
Óscar Rodríguez Figueiras
Manuel Rodriguez Mendez
Isaac Rodriguez Pereiro
Rafael Rodriguez Riego
Elisa Maria Rubi Cano
Josefa Salgado Carballo
Victor Manuel Sanchez Pedregal
Inés Sánchez Sellero
Jesus Sanmartin Matalobos
Antía Santiago Alonso
Francisco Javier Sardina Lopez
Natalia Señarís Fraga
Antonio Sousa Pedrares
Gabriel Tojo Suarez
Mercedes Torneiro Abuin
Miguel Vazquez Lopez
Carlos Vazquez Vazquez
Jose Manuel Vila Abad
Maria Del Carmen Yebra Biurrun

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Oferta

IN01
Prazas ofertadas

Número de prazas ofertadas para cada curso académico.

Info da escala: Número enteiro

80,0

47,0

47,0

47,0

47,0

47,0

Matrícula

IN02
Matrícula

Número de estudantes matriculados nun curso académico sen contabilizar aos estudantes de programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Número enteiro

18,0

24,0

24,0

29,0

35,0

40,0

IN03
Matrícula de acceso

Número de estudantes que se matriculan nun plan de estudos por primeira vez. Inclúe ao alumnado que traslada o seu expediente, que accede por validación parcial de estudos estranxeiros ou que se adapta desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

18,0

24,0

23,0

29,0

34,0

40,0

IN04
Matrícula de novo ingreso por preinscrición

Número de estudantes que se matriculan no primeiro curso dun plan de estudos por primeira vez, é dicir, sen contar aos estudantes que acceden a través de validación parcial de estudos estranxeiros, traslados ou adaptacións desde plans en extinción.

Info da escala: Número enteiro

18,0

24,0

23,0

29,0

33,0

40,0

IN05
Variación da matrícula de novo ingreso por preinscrición

Taxa de variación relativa da matrícula de novo ingreso por preinscrición.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

12,5

33,33

-4,17

26,09

13,79

-

Perfil de entrada

IN06
Nota media de acceso por preinscrición

Nota media de acceso por preinscrición dos estudantes que inician estudos. Determina o perfil de entrada.

Info da escala: Número racional con dous decimais. O rango vai desde 0 ata o valor máximo que se pode obter en cada curso académico para a preinscrición (algúns valores históricos foron 10,00 puntos, 12,00 puntos ou 14,00 puntos).

6,8696

6,6757

7,1725

6,9138

7,2824

7,3055

IN08
Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre matriculados

Porcentaxe de estudantes estranxeiros sobre estudantes matriculados, sen contabilizar aos estudantes matriculados en programas de mobilidade incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

5,56

12,5

0,0

0,0

2,86

7,5

IN09
Porcentaxe de estudantes nacionais de fóra de Galicia sobre matriculados

Porcentaje de estudiantes nacionales de fuera de Galicia sobre estudiantes matriculados, sin contabilizar los estudiantes matriculados en programas de movilidad incoming.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,22

25,0

16,67

13,79

14,29

7,5

IN13
Porcentaxe de matriculados que son titulados da USC

Número de estudantes matriculados no máster que son egresados da USC.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

-

-

-

72,41

71,43

80,0

Adecuación á demanda

IN12
Tasa de ocupación

Número de estudantes de novo ingreso por preinscrición dividido entre as prazas ofertadas.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

22,5

51,06

48,94

61,7

70,21

85,11

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Mobilidade allea

IN18
Porcentaxe de estudantes recibidos pola USC de programas de mobilidade sobre o total de matriculados

Número de estudantes recibidos na USC nesa titulación procedentes doutras universidades (programas de mobilidade) dividido entre o número de estudantes matriculados no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

4,17

0,0

0,0

2,86

0,0

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN22
Porcentaxe de estudantes egresados nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizou as prácticas en empresas e institu

Relación porcentual entre os egresados dun título nun curso académico que ao longo dos seus estudos realizaron prácticas en empresas e institucións, sobre o total de estudantes egresados nese título e nese mesmo curso académico.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

85,71

69,7

58,97

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

Abandono

IN41
Taxa de abandono RD 1393/2007

Relación porcentual entre os estudantes dunha cohorte de novo ingreso que deberon obter o título no ano académico anterior e que non se matricularon nin nese curso académico nin no anterior.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

0,0

0,0

0,0

0,0

0,0

5,88

Avaliación

IN36
Taxa de avaliación

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios matriculados.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

98,62

100,0

97,52

Duración media dos estudos

IN38
Duración media dos estudos

Duración media (en anos) na que os estudantes tardan en superar os créditos correspondentes ao plan de estudos.

Info da escala: Número racional con dous decimais

1,0

1,0

1,0417

1,0

1,0303

1,0

Eficiencia dos titulados

IN53
Taxa de eficiencia (rendemento dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que egresou e o número total de créditos nos que se matriculou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

98,81

99,49

Estudantes por grupo

IN32
Media de alumnos por grupo de docencia interactiva

Relación entre o número de alumnos matriculados e o de grupos interactivos de ensinanza.

Info da escala: Número racional con dous decimais.

7,8108

9,0857

8,9722

8,925

10,9762

12,75

IN55
Media de alumnos matriculados en materias obrigatorias e de formación básica por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias obrigatorias materias de formación básica e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

23,0

24,0

29,0

33,0

40,0

IN56
Media de alumnos matriculados en materias optativas por grupo de teoría (expositivas)

Relación entre o número de alumnos matriculados en materias optativas e o número de grupos de teoría desas materias.

Info da escala: Número racional con dous decimais

-

5,0385

4,6786

4,6667

6,1563

7,303

Éxito

IN35
Taxa de éxito

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios aos que se presentaron.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

98,82

99,49

IN50
Taxa de éxito dos egresados

Relación porcentual entre o número total de créditos que superou un estudante ao longo da titulación na que foi egresado e o número total de créditos aos que se presentou.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

99,49

Graduación

IN37
Taxa de graduación

Relación porcentual entre os estudantes que finalizaron os estudos no tempo previsto no plan de estudos ou nun ano académico máis e a súa cohorte de ingreso. Amosa información sobre o grao de eficacia do alumnado e da institución con relación á súa actividade académica.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

100,0

100,0

94,12

Rendemento

IN34
Taxa de rendemento

Relación porcentual entre o número total de créditos ordinarios que superaron os estudantes e o número total de créditos ordinarios en que se matricularon.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

100,0

98,62

98,82

97,02

Satisfacción

IN19
Satisfacción dos estudantes coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos estudantes coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,37

4,0

-

5,0

3,89

4,8889

IN20
Satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas

Valoración media da enquisa de satisfacción dos titores profesionais coas prácticas externas.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,875

4,1667

-

4,5

-

-

IN21
Academic tutors' satisfaction with external internships

Average rating of the satisfaction survey of academic tutors with external internships.

Info da escala: Minimum 0.00, maximum 5.00

3,88

4,06

-

4,5

-

-

IN23
Satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible

Valoración media da enquisa de satisfacción dos egresados coa información pública dispoñible.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

2,7

2,5

-

-

-

-

IN33
Grao de satisfacción dos egresados cos servizos

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción cos servizos da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,0

3,1667

-

-

-

-

IN42
Grao de satisfacción xeral dos egresados coa titulación

Valoración media das preguntas relativas á satisfacción coa titulación da enquisa de egresados.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,0222

3,1111

-

3,26

3,55

-

IN46
Satisfacción do alumnado coa docencia recibida

Valoración media da enquisa de satisfacción do alumnado coa docencia recibida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

4,17

3,86

3,99

3,91

4,16

4,04

IN47
Satisfacción do profesorado coa docencia impartida

Valoración media da enquisa de satisfacción do profesorado coa docencia impartida.

Info da escala: Mínimo 0,00 , máximo 5,00

3,9825

4,3011

4,185

4,3653

4,4283

4,3839

IN48
Taxa de resposta na enquisa de satisfacción

Porcentaxe de resposta na enquisa de satisfacción por parte do alumnado.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

44,4444

16,6667

36,0

34,0

36,1111

36,5854

Indicador

2017-2018

2018-2019

2019-2020

2020-2021

2021-2022

2022-2023

IN24
Porcentaxe de Persoal Docente e Investigador (PDI) con sexenios

Relación porcentual entre o PDI con sexenios e o PDI total con docencia no título e que pode ter sexenios

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

100,0

100,0

98,08

98,25

96,61

98,31

IN25
Porcentaxe de PDI doutor sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI doutor e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

98,0

100,0

98,15

98,28

100,0

100,0

IN26
Porcentaxe de PDI funcionario sobre o PDI total

Relación porcentual entre o PDI funcionario e o PDI total con docencia no título.

Info da escala: Porcentaxe con dous decimais

70,0

71,74

70,37

70,69

78,33

87,3

Os contidos desta páxina actualizáronse o 22.05.2024.