Ir o contido principal

A USC participa no primeiro Foro do Grupo de Universidades Españolas en Universidades Europeas

Representantes da USC no foro
Representantes da USC no foro
O encontro tivo como obxectivo principal reforzar os lazos de cooperación entre as universidades españolas e promover sinerxías que contribúan a mellorar a calidade da educación superior
Lugo, Santiago de Compostela

Belén Méndez Naya, adxunta para Internacionalización, Carlos Gómez Otero, Secretario Xeral adxunto, e José María Miranda Boto, coordinador institucional de EUniWell na USC, participaron no primeiro Foro do Grupo de Universidades Españolas en Universidades Europeas (UEUE) para compartir experiencias arredor da posta en práctica da Universidade Europea para o Benestar (EUniWell), da que forma parte a USC.

O encontro, desenvolvido na Universidad Rey Juan Carlos, tivo como obxectivo principal reforzar os lazos de cooperación entre as universidades españolas e promover sinerxías que contribúan a mellorar a calidade da educación superior, en consonancia coa Iniciativa de Universidades Europeas. Entre as súas metas específicas, o foro perseguiu o intercambio de boas prácticas, o fomento da creación e fortalecemento de redes de traballo, a procura de solucións comúns fronte aos desafíos compartidos e a promoción de accións transformadoras no ámbito do ensino superior.
 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 06.11.2025.