Ir o contido principal

Exposición. Biblioteca de Filosofía

‘8 mulleres galegas que moveron os marcos’

20.10.2025-31.10.2025 | 08.30h-21.30h

Vestíbulo principal da facultade

A mostra, que permanecerá aberta ao público na Biblioteca de Filosofía do 20 ao 31 de outubro, presenta oito personalidades galegas, de nacenza ou adopción, que foron pioneiras dalgún xeito naqueles eidos nos que desenvolveron a súa actividade.

A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 31 de outubro no vestíbulo principal da facultade. 
A mostra poderá visitarse ata o vindeiro 31 de outubro no vestíbulo principal da facultade. 

A Biblioteca de Filosofía acolle do 20 ao 31 de outubro a mostra "8 mulleres galegas que moveron os marcos",  que permanecerá exposta no vestíbulo principal da facultade. A exposición presenta oito personalidades galegas, de nacenza ou adopción, que foron pioneiras dalgún xeito naqueles eidos nos que desenvolveron a súa actividade. Son mulleres con moi diversas traxectorias vitais, cuxo denominador común é ter sido quen de internarse en territorios reservados, polo común, aos homes.

As protagonistas da mostra son:

  • María Luz Morales, primeira directora dun xornal en España.
  • María Barbeito, educadora que achegou precozmente ao noso país as máis modernas teorías pedagóxicas que se estaban a xestar en Europa.
  • Ángela Ruiz Robles, mestra e inventora dun dispositivo precursor do libro electrónico.
  • Elisa Patiño, a primeira aviadora galega e unha das primeiras en Europa.
  • Áurea Rodríguez, a primeira gaiteira da que temos noticia.
  • Concepción Pérez Iglesias, tamén mestra, primeira alcaldesa de Galicia e unha das primeiras de España.
  • María Wonenburger, investigadora en álxebra e primeira muller española que obtivo unha bolsa Fullbright.
  • Maruxa Villanueva, actriz, cantante e emprendedora teatral en Galicia e alén do Atlántico.

Podes atopar máis información na guía virtual da BUSC sobre a exposición.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 16.10.2025.