Para facer uso deste servizo é necesario dispoñer da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) ou dunha tarxeta de persoa usuaria externa expedida pola BUSC.
O catálogo da biblioteca proporciona información respecto á dispoñibilidade da obra e do tipo de préstamo, que poderá ver despois de introducir as súas credenciais.
Comunidade universitaria USC (PDI, PTXAS, estudantes)
- PDI e estudantes matriculados en etapa de tese
- Obras prestables: Ata 100 obras, por un período de 2 meses (PDI 4 renovacións, estudantes de doutorado 3 renovacións).
- Manuais de préstamo curto: Ata 3 obras, por un período de 10 días (2 renovacións).
- Máximo de materiais en préstamo: 100 obras.
- Estudantes de másteres e PTXAS
- Obras prestables: Ata 25 obras, por un período de 25 días (3 renovacións).
- Manuais de préstamo curto: Ata 3 obras, por un período de 10 días (2 renovacións).
- Máximo de materiais en préstamo: 25 obras.
- Estudantes de grao, 4º ciclo e formación permanente
- Obras prestables: Ata 20 obras, por un período de 20 días (3 renovacións).
- Manuais de préstamo curto: Ata 3 obras, por un período de 10 días (2 renovacións).
- Máximo de materiais en préstamo: 20 obras.
Persoas alleas á comunidade universitaria
- Alumni (ex-PDI, ex-PTXAS e ex-estudantes da comunidade universitaria da USC)
- Obras prestables: Ata 5 obras, por un período de 15 días (2 renovacións).
- Manuais de préstamo curto: Excluído o préstamo a domicilio.
- Persoas usuarias externas autorizadas
- Obras prestables: Ata 3 obras, por un período de 10 días (2 renovacións).
- Manuais de préstamo curto: Excluído o préstamo a domicilio.
- Persoas invitadas (que realizarán consultas puntuais do fondo).
- Unicamente poderán utilizar o servizo de consulta en sala, estando excluído o préstamo a domicilio.
Ás persoas alleas á comunidade universitaria da USC que carezan da Tarxeta Universitaria de Identidade (TUI) e desexen facer uso do servizo de préstamo, expediráselles unha Tarxeta de persoa usuaria externa autorizada da BUSC.
Para iso, deberán presentar fisicamente -en calquera punto de servizo de préstamo da BUSC- a seguinte documentación:
- Fotografía.
- DNI orixinal.
- Formulario de Protección de Datos asinado (pódese solicitar no mostrador da biblioteca).
- Acreditación de estar nalgún dos seguintes casos:
- Ser ex-membro da comunidade universitaria da USC.
- Ser na actualidade PDI, PAS ou estudante dalgunha universidade.
- Ser estudante de Bacharelato Internacional (convenio Xunta de Galicia).
- Pertencer a algunha entidade coa que a USC teña asinado un convenio para a utilización do servizo.
A BUSC expedirá, tras a solicitude das persoas interesadas, unha acreditación cunha validez dun ano renovable. Esta acreditación é persoal e intransferible.
En caso de non poder acreditar as circunstancias anteditas, as persoas interesadas poderán presentar unha solicitude a través do correo: biblioteca.xeral.servizos [at] usc.gal (biblioteca[dot]xeral[dot]servizos[at]usc[dot]gal), indicando os estudos e/ou traballos que realizan na actualidade e xustificando a necesidade de facer uso dos seus fondos mediante préstamo.
Biblioteca Universitaria
- Biblioteca Universitaria
- Rúa do Franco, s/n, 15782Santiago de Compostela
- 881 811 080
- biblioteca.universitaria.informacion [at] usc.gal