A xestión do Servizo de Préstamo Interbibliotecario e Acceso o Documento está centralizado na Biblioteca Xeral, e realiza as súas funcións tendo en conta a Lexislación sobre Propiedade Intelectual, así como os Acordos de Rebiun e as Directrices de Procedemento da IFLA. Este servizo leva a cabo dúas tarefas principais:
- Obter documentos non existentes nas coleccións da BUSC, ben sexan en formato orixinal (habitualmente libros) ou en reproducións dixitais.
- Proporcionar documentos existentes nas coleccións da BUSC a outras bibliotecas.
Solicitude de documentos
Antes de solicitar calquera documento, deberá comprobar que non figure entre as coleccións da BUSC consultando o catálogo Iacobus. Se o documento se atopa na BUSC, poderá solicitalo en préstamo, ou obter una reprodución do mesmo.
Para utilizar o servizo por primeira vez é necesario darse de alta no formulario: Solicitude de préstamo interbibliotecario e fotodocumentación. As persoas non vinculadas coa USC poden facer a inscripción enviando unha solicitude ó enderezo de correo fotprest [at] usc.gal (fotprest[at]usc[dot]gal), unha vez reciban as súas credenciais poderán facer as peticións a través do formulario.
Comunidade universitaria USC (PDI, PAS, estudantes)
- As solicitudes tanto de préstamo interbibliotecario de libros como de reproducións de artigos de revistas realizase a través do formulario.
- No caso do préstamo de libros, unha vez recibido, a BUSC poñerase en contacto con vostede para que proceda a consultalo nas instalacións da súa biblioteca de referencia.
- As reproducións dixitais serán enviadas o seu enderezo de correo electrónico.
- O servizo é gratuíto para todas as persoas da comunidade universitaria, sempre que o custe dunha solicitude non exceda de 100€ por documento dixitalizado e 50€ por préstamo de exemplar. No caso de superar estes custes, aplicaranse as tarifas correspondentes. Establécense como limitacións anuais un máximo de 100 documentos para o PDI e estudantes de másteres ou doutorado e 25 documentos para PAS e estudantes de grao ou 4º ciclo.
Persoas alleas á Comunidade universitaria
- As solicitudes tanto de préstamo interbibliotecario de libros como de reproducións de artigos de revistas realizase a través do formulario. Para usalo por primeira vez e preciso facer unha inscrición previa enviando unha solicitude o enderezo fotprest [at] usc.gal (fotprest[at]usc[dot]gal)
- No caso do préstamo de libros, unha vez recibido, a BUSC poñerase en contacto con vostede para que proceda a consultalo nas instalacións da Biblioteca Xeral.
- As reproducións dixitais serán enviadas ó seu enderezo de correo electrónico.
- Este servizo está suxeito custes. As persoas non vinculadas a USC deberán aboar as tarifas correspondentes.
Restricións
En xeral, quedan excluídos do préstamo interbibliotecario, os libros electrónicos, o fondo antigo e patrimonial, obras de referencia (dicionarios, enciclopedias...), prensa e revistas, libros con alta demanda nas bibliotecas de orixe, folletos, informes suxeitos a confidencialidade, teses de doutoramento, así como calquera outro documento que poda restrinxir a biblioteca propietaria do fondo.
En algúns destes casos poderase solicitar a reprodución en formato dixital.
Tanto a BUSC, como as bibliotecas que proporcionan documentos á BUSC poderán establecer en calquera momento restricións sobre o uso das súas coleccións en préstamo interbibliotecario.
Non se tramitarán peticións de préstamo interbibliotecario de libros que sexan de fácil adquisición.
Tempo de recepción
O tempo de recepción de documentos varía segundo o centro subministrador e o tipo de documento solicitado.
Renovación do préstamo
Nos casos en que a biblioteca propietaria do exemplar permita a renovación do préstamo interbibliotecario, poderá solicitar unha ampliación do tempo asignado ó préstamo consultando co persoal da súa biblioteca de referencia (onde está consultando o documento).
Biblioteca Universitaria
- Biblioteca Xeral
-
-
Rúa do Franco, s/n, 15782Santiago de Compostela
- 881 811 082
- fotprest [at] usc.gal (fotprest[at]usc[dot]gal)
-