Aquí podes encontrar outras oportunidades relacionadas con estadías no estranxeiro no ámbito da educación superior que se reciben na Vicerreitoría de Titulacións e Internacionalización.
A listaxe de opcións ofrécese exclusivamente a título informativo e a USC non se fai responsable da súa veracidade nin das condicións que delas se deriven.
HUNGRÍA/ BÉLXICA: EIT (Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía)
O EIT vén de lanzar unha convocatoria para o seu programa de prácticas por un período de seis meses para unha incorporación a principios do 2025.
O/a bolseiro/a apoiará as operacións diarias da Dirección e Administración, así como dos Departamentos de Innovación, Educación e Comunicación, e das Comunidades de Coñecemento e Innovación.
O lugar de traballo será Budapest (Hungría), onde se atopan as oficinas centrais do EIT. No caso da Unidade de Comunicación e Participación, existe a posibilidade de que un dos bolseiros sexa asignado para traballar dende a Oficina de Enlace do EIT en Bruxelas (Bélxica).
O prazo de solicitude remata o 14 de febreiro ás 13:00 horas. Para máis información consulte a seguinte páxina web.
FUNDACIÓN BARRIÉ: Programa de Bolsas de Posgrao no Estranxeiro 2025
A Fundación Barrié convoca a 36ª edición do Programa de Bolsas de Posgrao para a ampliación de estudos no estranxeiro.
A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de 10 bolsas para a realización de estudos oficiais de Mestrado con dedicación a tempo completo.
Os obxectivos do programa son facilitar o acceso á mellor formación científica, técnica e artística; proporcionar experiencias vitais nun contorno internacional e multicultural e contribuír ao desenvolvemento de vínculos académicos, sociais, empresariais e culturais, a través da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié, unha comunidade excepcional que acada o milleiro de profesionais de múltiples disciplinas en todo o mundo.
O prazo de solicitude finaliza o 28 de febreiro ás 13:00 horas. Para máis información consulta a seguinte web.
COREA: Universidade de Ulsan
A Universidade de Ulsan en Corea ofrece un Campus de Verán dirixido a estudantes internacionais que busquen realizar una inmersión na cultura, lingua, historia e socidade coreana. O programa oferta un amplo abanico de actividades coma cursos especializados, viaxes e excursións que proporcionen ao alumnado un coñecemento integral de Corea.
O prazo de inscricións remata o 15 abril. Para máis información consulta a seguinte páxina web.
Buscadores:
http://erasmusintern.org
https://ec.europa.eu/eures/eures-searchengine
http://www.europlacement.com
http://www.kapstages.com/index.php?mode=ES
Empresas Europeas:
http://www.greatplacetowork.es/index.php
www.kompass.com/es www.europages.com
http://www.recruitingerasmus.com
http://ec.europa.eu/social/yourfirsteuresjob
Ofertas de prácticas da rede Universia: http://erasmusinandout.universia.es
Ofertas de bolsas da rede Leo-net: https://leonet.joeplus.org/en/offers
Ofertas de bolsas da rede IAGORA: http://www.iagora.com
Prácticas no Reino Unido: http://www.placement-uk.com; http://www.espauk.com/
Prácticas en Francia: www.directetudiant.com
Prácticas en Alemaña: www.praktikum-service.de
Prácticas en Finlandia: http://www.aarresaari.net/index.php?id=1&lang_id=1
ESPAÑA: Bolsas de voluntariado University Walking Community do Grupo Compostela de Universidades (GCU)
- O Grupo Compostela de Universidades (GCU) convoca a segunda edición do programa de voluntariado University Walking Community 2024 (UWC).
- O UWC 2024 vai dirixido á comunidade de entre 18 e 30 anos do GCU que desexe realizar accións de voluntariado durante 15 días ininterrumpidos, dende o 1 ata o 15 de agosto de 2024, en concellos ubicados no Camiño Francés ao seu paso pola Comunidade autónoma de Aragón (España).
- Disponse de 15 prazas, e a persoa voluntaria seleccionada recibirá uhna bolsa que cubre seguro de responsabilidade civil e accidentes, aloxamento, transporte local, participación nas actividades lúdicas e oturos beneficios segundo se establece nas bases do programa que se indican aquí.
- A data límite para inscribirse é o 10 de xuño de 2024 (12.00 PM GMT). Todos os detalles da convocatoria están dispoñibles na seguinte páxina web
REPÚBLICA CHECA: Bolsas de doutoramento no Centre for International Humanitarian and Operational Law (CIHOL)
- O CIHOL oferta dúas bolsas para estudantes de doutoramento a tempo parcial e unha bolsa a tempo completo na Facultade de Dereito da Universidade de Palacký nas áreas de conflicto e seguridade internacional e dereito humanitario internacional.
- As bolsas desenvolveranse entre o 1 de setembro de 2024 e o 31 de decembro de 2025. As candidaturas deberán ir acompañadas do curriculum vitae e dunha carta de motivación. O prazo de solicitude remata o 31 de maio para as bolsas a tempo parcial e o 15 de xuño de 2024 para a bolsa a tempo completo. Consulta máis información nas seguintes páxinas web: tempo parcial e tempo completo.
BRASIL: Programa de Mobilidade do Grupo de Cooperación Internacional de Universidades Brasileiras ("GCUB-MOB")
- Está aberta a inscrición para a terceira edición do Programa de Mobilidade do Grupo de Cooperación Internacional de Universidades Brasileiras ("GCUB-MOB"). O programa ofrece prazas de posgrao e bolsas en Brasil para estudantes estranxeiros.
- Nesta edición, máis de 800 bolsas de Mestrado e Doutoramento serán ofrecidas en 55 universidades brasileiras con programas que comezarán no 2025. As bolsas, equivalentes ás pagadas aos brasileiros, terán unha duración semellante á regular do programa a ser cursado. Ao igual que na súa edición anterior, o actual proceso de selección buscará favorecer a diversidade de orixes, os países con menor IDH, os candidatos docentes, as candidatas e, finalmente, as vacantes que máis contribúan ao proceso de internalización da docencia no territorio nacional.
- A inscrición é gratuita e estará aberta ata o 17 xuño de 2024 a través da seguinte páxina web. O programa das bolsas está dispoñible nesta ligazón.
XAPÓN: Waseda University
- A Universidade de Waseda en Xapón ofrece bolsas financiadas polo goberno xaponés para estudos de mestrado e doutoramento. O programa inclúe o desprazamento en avión, gastos de matrícula e unha dotación mensual para manutención de dous anos no caso mestrado e de tres para doutoramento.
- O prazo de solicitude para comezar os estudos en setembro de 2025 empeza o 12 e finaliza o 17 de decembro. Para máis Información consulta a seguinte páxina web.
CHINA: Bolsas do Goberno Chinés 2025-2026
- As bolsas están dirixidas a persoas físicas de nacionalidade española ou dun país da Unión Europea que acrediten a súa residencia en España e que cumpran cos requisitos específicos exixidos para a modalidade da bolsa escollida.
- Existen cinco modalidades: General Scholar Program, Undergraduate Program, Master´s Program, Doctoral Program e Senior Scholar Program.
- O prazo de presentación de solicitudes remata o 22 de decembro de 2024 (inclusive).Para máis información consulta a páxina web do SEPIE e a páxina web da Oficina de Asuntos Educativos da Embaixada da República Popular China en España