Entrevistas para mellorar a empregabilidade e o acceso ao mercado laboral.
Realización de entrevistas individuais de apoio á planificación da carreira e definición do proxecto profesional.
Nas entrevistas facilítase información sobre o mercado laboral, bolsas de prácticas e ferramentas para a busca de emprego (redes sociais profesionais, curriculum vitae, procesos de selección…).
Pódese solicitar cita de orientación ao longo de todo o ano.