O Seminario de Futuros Urbanos do Idega desenvolve o mércores 3 a súa sexta edición co relatorio de David García titulado ‘Análise da complexidade do tecido urbano a partir do caso de Madrid’, que será seguido por unha discusión aberta a todas as persoas presentes. A sesión será ás 18:30 horas na Sala de Xuntas do Decanato da Facultade de Xeografía e Historia.
David García Álvarez é xeógrafo e profesor axudante doutor do Departamento de Xeografía da Universidade Complutense de Madrid. Previamente traballou nas Universidades de Granada e Alcalá de Henares e no Joint Research Centre da Comisión Europea. As súas liñas de investigación céntranse na análise e modelización do cambio de usos e coberturas do solo, especialmente en espazos urbanos; a análise espacial de dinámicas urbanas contemporáneas, como os procesos de turistificación; e o ensino da xeografía en niveis universitarios e preuniversitarios.