Alumni USC convoca o XVI Premio de Relato Curto

O Premio de Relato Curto que impulsa a Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela Alumni USC acaba de botar a andar a súa edición número dezaseis. Dende este luns 28 e ata o vindeiro 30 de abril, calquera persoa poderá concorrer a este certame cun relato curto cun máximo de sete páxinas, tamaño DIN A4, entreliñado a dobre espazo, letra Times New Roman e tamaño 12. O tema será de libre escolla, rigorosamente inédito e redactado en galego.
Os traballos poden presentarse por correo electrónico ou por correo postal de acordo cos requirimentos que contemplan as bases do certame. O premio terá unha dotación de 500 euros, patrocinados polo Hospital HM La Rosaleda. Tamén se fará entrega dun diploma acreditativo. O xurado, que estará composto por personalidades de recoñecido prestixio no eido literario, poderá declarar deserto o premio e a súa decisión será inapelable a todos os efectos. Ademais, a Asociación resérvase a facultade de editar as narracións.
