OBSERVATORIO ASTRONÓMICO RAMÓN MARÍA ALLER

 
 


 

ECLIPSE DE LÚA DO DÍA 14 DE MARZO DE 2025        

NOTA DE PRENSA

A primeiras horas deste venres, 14 de marzo, terá lugar unha eclipse total de Lúa, do que teóricamente en Galicia deberían de verse as primeiras fases. As eclipses de Lúa prodúcense necesariamente en Lúa chea cando a Terra se interpón entre o Sol e o noso satélite natural. Hai dous conos que neste proceso xogan un papel fundamental. As tanxentes exteriores aos discos do Sol e a Terra forman o cono de sombra, pola contra as tanxentes interiores a ambos os dous discos xeneran o chamado cono de penumbra, que ao contrario que o anterior vaise abríndo.

Unha eclipse total de Lúa comeza coa inmersión desta no cono de penumbra. Esta fase penumbral pasa case desapercibida dado que a Lúa segue a verse enteira aínda que lle chega menos luz do Sol. Logo a Lúa comeza a entrar no cono de sombra, iniciándose a eclipse parcial a cal dura ata que finalmente entra completamente en dito cono, momento no que a Lúa está eclipsada completamente. Posteriormente, e seguindo un proceso inverso, a Lúa vai saíndo sucesivamente dos mencionados conos.

Durante a eclipse total, ningunha luz solar debería chegar ao noso satélite, porén os raios tanxentes á Terra penetran na nosa atmósfera e son desviados por refracción chegando a iluminar suavemente á Lúa cunha tonanildade vermella, aínda que as veces se mostra máis ben castaña.

As horas ás que terán lugar os fenómenos descritos son:

Primeiro contacto coa penumbra, 04:59

Primeiro contacto coa sombra, 06:11

Inicio da totalidade, 07:27

Máximo da eclipse: 07:59

Fin da totalidade, 08:32

Último contacto coa sombra, 09:48

Último contacto coa penumbra, 10:59

Tendo en conta que o Sol sairá as 07:47 (en Compostela), e que antes diso teremos como media hora de crepúsculo, resulta que no caso de que as condicións meteorolóxicas sexan favorables, poderase seguir a fase parcial e con máis dificultade o comezo da fase total.

Para seguir as eclipses lunares non é necesaria proteción ocular.

Tamén neste mes, e xa na Primavera (que comezará o día 20 ás dez da mañá), terá lugar unha eclipse parcial de Sol na maña do día 29. Esta eclipse de Sol será a primeira dunha serie de eclipses solares visibles en toda España nos vindeiros anos. Entre eles destaca o do 12 de agosto de 2026 que será total no norte e leste de Galicia.


 
 

Prof. José Ángel Docobo Durántez

Coordinador Científico

Observatorio Astronómico Ramón María Aller

USC