Observatorio Astronómico Ramón María Aller |
|
COORDENADAS XEOGRAFICAS : LATITUDE = +42 52'31''8
;
LONXITUDE = -0h34m14s26 ; ALTITUDE = 240 m.
O Observatorio Astronómico Ramón María Aller é un centro multifuncional único no Sistema Universitario Galego que depende directamente da Xerencia da USC e cuxas principais misións son: a divulgación como Centro de Interpretación do Cosmos, así como de apoio á docencia e á investigación astronómica grazas aos importantes recursos incorporados nas últimas décadas. Dispón tamén dunha estación meteorolóxica manual operativa coa serie de rexistros máis longa da cidade de Santiago de Compostela. En colaboración coa AEMET ten así mesmo unha estación automática desde 1987.