Castellano


 

  
 

 

Logotipo

Descripción generada automáticamente

Imagen que contiene dibujo

Descripción generada automáticamente

Logotipo

Descripción generada automáticamente

Diagrama, Dibujo de ingeniería

Descripción generada automáticamente

 


 

 

Programa: O CAMIÑO DAS ESTRELAS - AS ESTRELAS DO CAMIÑO (O TEU XACOBEO)

 

 


ACTIVIDADES DE ASTRONOMÍA NOS CONCELLOS NO VERÁN DE 2021

 

Ao igual que xa aconteceu en anos anteriores con múltiples sesións astronómicas para todos os públicos, o Observatorio Astronómico Ramón María Aller (OARMA) da Universidade de Santiago de Compostela organiza no presente verán, dentro do XACOBEO 21-22, o programa de divulgación O CAMIÑO DAS ESTRELAS - AS ESTRELAS DO CAMIÑO (O TEU XACOBEO).

Serán nesta ocasión 13 localidades galegas ata as que se achegarán expertos do OARMA para realizar presentacións sobre temas astronómicos de interese e seguidamente levar a cabo observacións a simple vista de recoñecemento de constelacións, identificación do chamado triángulo de verán, e mesmo da Vía Láctea, e tamén observacións con telescopios de planetas, estrelas dobres, nebulosas, cúmulos estelares, etc. Todo elo acompañado de comentarios sobre as características físicas dos obxectos a visionar, mitoloxía, anécdotas, etc. co obxecto de poder completar á vez unha velada cultural e científica vendo e aprendendo cousas e ao mesmo tempo disfrutar con seguridade das nosas fermosas noites de verán.

 

O programa vaise levar a cabo nos meses de xullo, agosto e setembro nas seguintes localidades (facendo un click sobre o nome da localidade sae o cartel coa información da sesión correspondente):

 

 


 

XULLO

Padrón, día 15

Teo,18

Lalín, 19

Noia, 20

 

AGOSTO

Pico Sacro, Boqueixón, 12

Sanxenxo, 14

Barco de Valdeorras, 15

Rianxo, 16

Allariz, 17

Santa Comba, 19

O Grove, 26

 

SETEMBRO

Vedra, 16

Monforte de Lemos, 23

 

 

No caso de que as condicións meteorolóxicas sexan desfavorables nalgún día concreto, a correspondente sesión será adiada e de seguido fixarase outra data.

 

O equipo que se vai encargar do desenvolvemento do programa, está formado por:

José Ángel Docobo Durántez (Director), Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, Jorge Gómez Crespo, e Luca Piccotti.

 

 

 

 

José Ángel Docobo Durántez (Director), Pedro Pablo Campo Díaz, María Brea Mato, Jorge Gómez Crespo, e Luca Piccotti.