Liñas xerais do orzamento para 2022

APROBADA A EMENDA PRESENTADA POR CUPAS QUE ESTABLECE O PRÓXIMO 1 DE XANEIRO COMO DATA DE IMPLANTACIÓN EFECTIVA DA CARREIRA HORIZONTAL DO PAS

Con 135 votos a favor, tres en contra e cinco en branco, a reunión do Claustro do pasado venres, 6 de maio, aprobou o texto definitivo das Liñas Xerais do Orzamento da USC para 2022. Dende CUPAS queremos destacar a aceptación polo Claustro das nosas emendas. Principalmente, unha referida á implantación efectiva da carreira horizontal e outra sobre a continuidade na revisión da RPT e a inclusión, na OPE de 2022, dunha nova oferta de promoción interna independente.

Tamén foron aprobadas as outras dúas emendas presentadas por CUPAS: unha sobre a necesidade de definir ámbitos ou especialidades profesionais para o Persoal de Apoio á Investigación e a outra para dar prioridade ás actuacións en materia de riscos laborais.

Con respecto á carreira horizontal do PAS, único colectivo de persoal público do noso entorno no que aínda non se implantou, a nosa emenda quere evitar novos aprazamentos, con motivo de estudos ou trámites previos, e establece un réxime extraordinario de implantación, en liña co acordado en 2019 na administración autonómica, en tanto non se desenvolve o sistema ordinario.

O texto final aprobado quedou da seguinte maneira:

Tendo en conta que o deseño dos mecanismos de avaliación aínda non están listos, e que xa os orzamentos de 2021 prevían para ese ano a negociación da posta en marcha da carreira profesional horizontal do PAS, en canto se aproben os orzamentos de 2022 negociarase o réxime extraordinario para o acceso ao grao I da carreira profesional para o PAS que se implantará con carácter efectivo o 1/01/2023.

Unha vez concluído o deseño dos mecanismos de avaliación do rendemento, negociaranse e aprobaranse as bases do sistema ordinario para o acceso aos distintos graos de carreira profesional do PAS”.

Coa emenda referida á Promoción Interna independente e revisión da RPT, tratabamos dende CUPAS que o texto das liñas xerais teña en conta as necesidades e compromisos de revisión xeral da RPT, o desenvolvemento dos dereitos de promoción interna e a revisión dos incentivos á xubilación anticipada. Ao texto inicial das liñas xerais do orzamento para 2022 engadíuselle o seguinte:

…continuará a reforma e reorganización das estruturas co obxecto de acompasar os cambios na xestión cunha estrutura de persoal que responda ás novas necesidades “e teña en conta a obriga permanente de revisar postos de traballo.

Tamén con ese obxectivo, na OPE 2022, continuaranse desenvolvendo e ampliando os dereitos de promoción do persoal mediante a inclusión dunha oferta de promoción interna independente, continuando así a dar cumprimento aos compromisos do Plan de PAS. Igualmente, e na liña de favorecer a renovación xeracional, adecuaranse os incentivos a xubilación anticipada, previstos no convenio colectivo de 2008, a normativa actual da seguridade social e ao incremento da idade de xubilación.”

En canto ás outras dúas emendas, aprobadas a proposta de CUPAS, a primeira delas referida ao Persoal investigador e de apoio á investigación, deixou o texto final coa seguinte redacción:

As reformas normativas en relación co persoal temporal do ámbito da investigación marcan igualmente a axenda deste exercicio 2022, ao igual que a necesidade de seguir avanzando no proceso de conformación de estruturas de investigación máis sólidas e eficientes, así como na definición de ámbitos ou especialidades profesionais do persoal de apoio.”

A última das emendas que presentamos, que tamén foi aceptada, afecta con carácter xeral aos centros da USC e compromete a que se lle dea prioridade ás actuacións que eliminen ou corrixan situacións de risco laboral, derivadas de incumprimentos normativos.

Non podemos máis que expresar a nosa satisfacción pola aprobación destas emendas. Con todo, somos conscientes de que haberá que seguir traballando e o equipo de goberno terá que cumprir. As organizacións sindicais, así como a Xunta de PAS e o Comité intercentros, terán que actuar con persistencia e capacidade negociadora para concretar eses compromisos.

A representación de CUPAS no Claustro está formada polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas e suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
REGUEIRA GAY, RUBÉNPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
BALEA COTOS, MARTAOREIRO FORMOSO, JUAN
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINVAZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA MARTA