RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO MÉRCORES 25 DE MAIO DE 2022
Informamos a continuación dos temas mais relevantes tratados a semana pasada na reunión do Consello de Goberno da USC, na que participamos as tres persoas de CUPAS que representamos ao persoal neste órgano da universidade.
Aínda que a orde do día incluía 17 puntos, os asuntos que centraron a xuntanza foron a aprobación dos orzamentos anuais e a Oferta Pública de Emprego (OPE) para 2022.
Aprobación orzamentos:
- O Consello de Goberno aprobou por asentimento, sen ningún voto en contra os orzamentos da USC para 2022. Entre as emendas aprobadas, nesta sesión, hai unha de CUPAS referida á axilización e frecuencia dos concursos de traslados. O trámite rematará coa aprobación polo Consello social da USC convocado para o 30 de maio.
- Con respecto a este asunto, queremos destacar especialmente que se incluíu tamén no texto de orzamentos para 2022, a emenda de CUPAS ás Liñas Xerais do orzamento pola que establece un réxime extraordinario para a posta en marcha da Carreira horizontal do PAS e que compromete que isto se fará efectivo o 01/01/2023.
Aprobación OPE 2022:
- A Oferta Pública de Emprego (OPE) para 2022 tampouco tivo votos en contra e foi aprobada por asentimento. No total de prazas ofertadas inclúense 121 de PAS de Capítulo I e 116 de Persoal investigador de Cap. VI.
- Segundo se anunciou na reunión, a USC conta xa co beneplácito da administración autonómica e publicarase no DOG antes do 1 de xuño.
- Das 121 prazas de PAS, tres corresponden á oferta anual ordinaria. Outras seis son de estabilización ordinaria, mediante concurso-oposición, e 72 corresponden á estabilización extraordinaria que se resolverá por concurso, en aplicación da lei 20/2021. As outras 40 prazas son de promoción interna independente.
- Queremos destacar, no apartado de PAS, a inclusión das 40 prazas de Promoción interna independente para distintas categorías de laborais e funcionarios; coas que se dá cumprimento á emenda de CUPAS ás liñas xerais do orzamento, aprobada no Claustro do pasado 6 de maio.
- Nesta xuntanza do Consello de Goberno, o xerente recoñeceu que inicialmente non se incluíra na OPE a oferta de promoción interna para o PAS, e indicou que iso se corrixira ao presentarse unha proposta de promoción na reunión coas organizacións sindicais do PAS (aludindo así á proposta de CC.OO).
- Xunto coa estabilización e a promoción de PAS, a principal novidade é a inclusión por primeira vez, na OPE da USC, das 116 prazas de Persoal Empregado Investigador (Cap. VI) que permitirán avanzar na súa estruturalización e estabilización.
Nomeamento Delegados/as do Reitor:
- No punto referido ao Informe do Reitor, este deu conta do nomeamento dos novos Delegados/as en diferentes ámbitos.
- Insistiu o Reitor en aclarar que esta figura non exercerá estritamente competencias delegadas; senón que terá o encargo dun ámbito determinado, ao obxecto de dinamizar, coordinar accións ou propoñer actuacións e actuar en coordinación cos órganos de administración. Segundo asegurou, estes cargos non terán competencias de toma de decisións ou de actos administrativos.
- Con esas aclaracións, trataba de responder á nosa intervención sobre a creación destes cargos de Delegado/a, na anterior reunión do Consello de Goberno (28/04/2022).
A representación de CUPAS no Claustro está formada polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
GARCÍA ANGULO, MINIA | CABADO LOURÉS, ANXOS |
REGUEIRA GAY, RUBÉN | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
BALEA COTOS, MARTA | OREIRO FORMOSO, JUAN |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | VAZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA MARTA |
