APROBADAS AS EMENDAS DE CUPAS ÁS LIÑAS XERAIS DO ORZAMENTO PARA 2023 E Á PROGRAMACIÓN PLURIANUAL DA USC 2023-2026

O claustro da USC, reunido o venres, acordou incorporar ao texto definitivo das Liñas Xerais do Orzamento para 2023 todas as emendas presentadas por CUPAS, así como a práctica totalidade das que presentaron outros representantes da comunidade universitaria. Como resultado, as liñas xerais do orzamento foron aprobadas sen apenas votos en contra na votación final do claustro. Na mesma xuntanza tamén se aceptaron as emendas de CUPAS á Programación Plurianual 2023-2026, cuxo documento final tampouco recibiu apenas votos en contra.

En canto ás emendas ao orzamento presentadas por CUPAS, estas inciden en asuntos nos que vimos insistindo dende hai anos. A primeira era sobre recuperación do Plan de pensións para todos os sectores do persoal, establecendo que a USC fará todos os esforzos necesarios para recuperar as achegas ao plan de pensións nas condicións anteriores a 2010.

A segunda das nosas emendas compromete a prórroga anual do Acordo de xubilación parcial do PAS laboral, que remata neste ano o seu prazo inicial de vixencia; así como a actualización dos incentivos á xubilación anticipada, fixados no convenio colectivo de 2008.

Tamén, a instancia dunha emenda de CUPAS, resultou aprobada a dotación dun fondo adicional en 2023 para recuperar o ritmo necesario na implementación das actuacións programadas no Plan para o PAS 2019-2022 e comprometidas coa representación do persoal.

A última das nosas emendas ao orzamento tamén foi aprobada. Nela indícase que :

durante o primeiro trimestre de 2023 elaborarase un novo Plan para o PAS 2023-26, no que se ordenaran as actuacións a desenvolver nese período, continuando coa obriga permanente de revisión da RPT das distintas areas, de cara a mellorar a prestación dos servizos e as condicións de traballo do persoal. Este novo marco plurianual tamén continuará desenvolvendo e ampliando os dereitos de promoción do persoal, mediante a inclusión dunha oferta programada de promoción interna independente

Programación Plurianual

Con respecto ás Liñas Xerais da Programación Plurianual, ademais dunha emenda de aclaración, CUPAS presentaba cinco emendas de modificación que tamén foron aprobadas na reunión do claustro. Tres destas emendas, facían referencia a distintas cuestións como a xestión das prácticas académicas externas, o establecemento de mecanismos para a transferencia da experiencia entre o persoal, e a garantía de que os procedementos con un bo funcionamento acreditado ata agora se manteñan logo do paso á aplicación SIGMA.

Tiñamos outras dúas emendas de modificación que tamén foron aprobadas polo claustro. A primeira delas engade á programación plurianual o obxectivo de establecer mecanismos de promoción que garantan a carreira profesional do PAS e contribúan á eficiencia da gobernanza dos servizos e adaptacións de cadros de persoal, para o que se implementará un plan de formación de PAS que garanta a consolidación, actualización e promoción profesional.

A última das nosas emendas incorporou o obxectivo de garantir a profesionalización do PAS levando a cabo a creación, modificación ou supresión de unidades directivas a través da RPT do PAS; ao tempo que suprimía dos obxectivos da programación a referencia aos delegados ou comisarios do reitor. Esta emenda persigue garantir por parte de CUPAS a gobernanza dos servizos mediante criterios de profesionalidade e transparencia. Ademais, o seu enunciado permite asegurar o cumprimento do artigo 91 dos Estatutos da USC.

A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
BALEA COTOS, MARTAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINOREIRO FORMOSO, JUAN
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAEIROA ROSADO, ELISA
PÉREZ TRIGO, ELISEO