RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 26 DE XANEIRO DO 2023
O CONSELLO DE GOBERNO RATIFICA O ACORDO SOBRE A CARREIRA HORIZONTAL DO PAS
O Consello de Goberno da USC deu, na súa reunión do xoves 26 de xaneiro, un novo paso na posta en marcha da carreira horizontal do PAS coa ratificación do acordo para o seu desenvolvemento transitorio, que fora asinado por CC.OO, CIG e UGT coa xerencia a finais de decembro. O acordo será inscrito agora no rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo da comunidade autónoma (REGCON) e publicado no DOG.
Na nosa intervención, expresamos a nosa satisfacción co acordo e agradecemos á xerencia o cumprimento da emenda de CUPAS aos orzamentos de 2022 que obrigaba a desenvolver o inicio da carreira horizontal que agora se vai a poñer en marcha.
No primeiro trimestre de 2023, en canto o acordo estea publicado no DOG, a USC deberá abrir unha convocatoria na que os membros do PAS con máis de 5 anos de antigüidade poderán solicitar, a través da sede electrónica, o recoñecemento do Grao I da carreira horizontal e o seu complemento retributivo, que se percibirá mensualmente e con efectos dende o 1 de xaneiro de 2023. (Máis información sobre a carreira e texto asinado).
Modificación da RPT
Tamén se acordou, nesta reunión do Consello de Goberno, unha modificación da RPT do PAS laboral que fora previamente negociada e acordada co comité intercentros.
Esta modificación supón, por unha parte, a creación no Campus de Lugo dunha praza de técnico especialista de investigación na Unidade de Análise Instrumental e a supresión dunha praza de xubilación parcial de técnico de fonoteca, declarada a extinguir hai máis de 10 anos.
Por outra parte, modifícase a RPT para igualar a contía do complemento de posto singularizado 1.3 (grupo I) á contía do complemento 3.1 (grupo III). Esta modificación afecta a trece postos singularizados de PAS laboral.
Outros asuntos
Dos restantes puntos da orde do día, había unha parte deles que tiñan que ver con profesorado (prazas Ramón y Cajal, prórrogas, anos sabáticos, conciliación). Varios puntos trataban sobre titulacións de grao e máster e programas de doutoramento.
Tamén se aprobou a modificación dos estatutos da fundación Rof Codina na que a USC pasa a ter a presidencia do padroado. Neste punto, dende CUPAS, preguntamos polo incremento das aportacións da USC ao que dende o equipo indican que ese incremento se verá compensado por unha mellora da financiación por parte da xunta noutras partidas.
Aprobouse, tamén nesta reunión, unha modificación do plan de medidas antifraude vinculadas aos fondos do Plan de Recuperación e Resiliencia. Neste punto, o xerente comenta que vai afectar a todos os investigadores e Responsables de Asuntos Económicos (RAE) de servizos onde se xestionen fondos do plan, e avanza que vai haber formación.
A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
GARCÍA ANGULO, MINIA | CABADO LOURÉS, ANXOS |
BALEA COTOS, MARTA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | OREIRO FORMOSO, JUAN |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | EIROA ROSADO, ELISA |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
