RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 30 DE MARZO DO 2023
O CONSELLO DE GOBERNO DEBATE AS MODALIDADES HIBRIDA E VIRTUAL E APROBA A NORMATIVA DE CONVIVENCIA
Dada a cantidade de puntos a debater no Consello de Goberno do 30 de marzo (30 puntos), e a hora á que finalizou, esta xuntanza limitouse básicamente aos propios puntos da orde do día, sen ter apenas espazo para a rolda aberta. Aínda así, suscitouse un intenso debate, que ao noso entender quedou aberto, sobre a postura da USC en canto á estratexia para a implantación de estudos nas modalidades híbrida e virtual.
Nesta xuntanza aprobáronse, entre outros, a adhesión da USC ao consorcio European Universitgy for Well-Being, convocatorias de prazas de profesorado, tanto con vinculación permanente, non permanente ou reposición, a oferta de prazas para titulacións de grao, master universitario e doutoramento para o curso 2023-2024, así como modificacións das memorias de varios estudos.
En canto a regulamentos, levouse ao Consello de Goberno a aprobación do Regulamento polo que se establecen as normas de convivencia da Universidade de Santiago de Compostela, así como o de Estudos Propios.
Tamén se actualizaron as tarifas para procesos selectivos e se aprobou a nova táboa de ponderacións para o acceso a graos do SUG.
CUPAS mostrou o seu desacordo coa proposta do equipo reitoral de nova composición da Comisión de atención a situacións de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero, xa que non tería representación o colectivo do PAS na mesma. O Reitor mostrou o seu acordo co noso plantexamento e quedou para unha vindeira reunión a aprobación da composición desta comisión, na que se propoñerá alguén en representación do PAS.
Tamén nesta xuntanza se procedeu á substitución de Minia García por Juan Oreiro como representante do PAS no Consello Social.
A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
GARCÍA ANGULO, MINIA | CABADO LOURÉS, ANXOS |
BALEA COTOS, MARTA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | OREIRO FORMOSO, JUAN |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | EIROA ROSADO, ELISA |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
