RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 29 DE XUÑO DO 2023

Informamos a continuación do tratado na reunión e das intervencións de CUPAS no Consello de Goberno do pasado xoves 29 de xuño. 

on cabe dúbida que o punto máis destacable, desta nova xuntanza, foi a aprobación das contas anuais da USC correspondentes ao exercicio de 2022. As contas anuais deben ser, así o obriga a normativa legal, o reflexo fiel da situación económico-financeira da USC; polo tanto a súa presentación e debate serviron para analizar e dar contas da xestión e evolución da mesma

A intervención de CUPAS, neste punto, foi en relación ao resultado orzamentario axustado negativo do exercicio de 2022, por importe de ‐1.000.857,73 €, e sobre os importes de execución real dos fondos para acción social, xa que non coincide a liquidación do orzamento de 2022 cos créditos previstos inicialmente no orzamento anual.

Tanto o reitor como o xerente gabáronse nas súas intervencións dos resultados acadados no exercicio 2022 e a xestión levada a cabo; destacando a recuperación, en canto a volume económico, do nivel anterior a 2010 e a mellora que representa para a USC o actual Plan de financiamento do SUG.

En canto ao resto de temas, como en anteriores ocasións, nesta xuntanza había moitos puntos relacionados coa docencia, memorias de seguimento, planificación de PDI, etc.

Tamén se informou, noutro dos puntos, da execución da venda do antigo hospital de Galeras e do seu novo destino para residencia universitaria, anunciado polos compradores, que foi valorado positivamente por parte do Consello de Goberno.

No punto de Informe, o reitor valorou positivamente a xuntanza coa nova alcaldesa de Santiago, indicando que abre as portas a revisar a situación dos Campus e a relación USC- Concello.

Na quenda final de intervencións, por parte de CUPAS, reclamamos que se tomasen medidas ante o incidente producido días atrás, na Facultade de Veterinaria, polo ataque dun can a un traballador, membro do PAS, con resultado de danos e lesións por mordeduras, que precisan de tratamento médico e de baixa por accidente laboral.

Recordamos, para que nos poidas facer chegar as túas opinións, consultas ou suxestións, que a representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
BALEA COTOS, MARTAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINOREIRO FORMOSO, JUAN
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAEIROA ROSADO, ELISA
PÉREZ TRIGO, ELISEOFARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME