RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 12 DE SETEMBRO DO 2023
Informamos a continuación, como ven sendo habitual, do tratado na reunión e das intervencións de CUPAS no Consello de Goberno do pasado martes 12 de setembro, na que se aprobou a OPE de PAS a nova Oficina NextGeneration, e na que tamén o Reitor fixo publica a renuncia, a petición propia, do Vicerreitor de Investigación
En realidade, tratábase de dúas xuntanzas extraordinarias, con un único punto cada unha e os dous relacionados estreitamente co PAS: creación da Oficina NextGeneration e aprobación da Oferta pública de Emprego (OPE) do PAS para 2023. Logo de xustificar a necesidades destas reunións extraordinarias, o Reitor anunciou a posibilidade de abrir ao remate unha rolda aberta de intervencións.
Oficina NextGeneration USC:
O Xerente expón a urxencia da creación desta oficina para a execución de fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, indicando que neste momento só hai dúas persoas dedicadas ao tema e destacando o gran volume de fondos a xestionar (arredor de 36 millóns de euros ata 2026).
Por parte de CUPAS chamamos a atención, neste punto, polo feito de que non se esixa para esta Oficina o informe preceptivo para as comisións de servizo, que se exixe noutros casos, o que agardamos que non sexa un feito puntual, e que se prescinda dese informe de agora en diante.
O xerente responde indicando que agarda que, unha vez que se executen os concursos, se eviten os problemas tan elevados que se están a dar derivados da mobilidade de persoal.
A creación da Oficina apróbase finalmente por asentimento, sen ningún voto en contra nin abstencións.
Aprobación da OPE de PAS:
O Reitor e o Xerente informan da necesidade de traer este tema a un Consello de Goberno extraordinario, debido a que aínda ten que ser remitido á Xunta de Galicia para a súa autorización e que se produza a súa publicación. O Xerente agradece a achega de propostas e a participación na negociación ás organizacións sindicais.
Ao igual que no caso da Oficina NextGeneration, a OPE de PAS para 2023 tamén se aprobou por asentimento, sen ningunha abstención nin votos en contra.
Información do reitor e rolda aberta:
Foi neste momento da reunión cando o Reitor informou ao Consello de goberno da renuncia a petición propia do Vicerreitor de Investigación, Vicente Pérez Muñuzuri, e adiantou que será substituído pola profesora Pilar Bermejo.
Tamén falou o Reitor sobre o inicio do curso, sen incidencias, e sobre a matrícula: arredor de 4.750 persoas de novo acceso. Non se cubriron todas as prazas en todas as titulacións. As prazas vacantes que quedan no Campus de Santiago son as habituais. No Campus de Lugo son resultados moi bos tamén, sendo sobre 850 novos alumnos. Destaca que as novas titulacións teñen demanda e recoñece que hai titulacións con problemas, como as enxeñarías (o cal é un problema de todo o sistema universitario español)
Tamén indica que, neste momento, hai máis matriculados que prazas ofertadas, pola incidencia dos procesos de matrícula, e reclama un sistema xeral a nivel de toda España que evite ese problema, con incidencia sobre todo en titulacións de ciencias da saúde.
Recordamos, para que nos poidas facer chegar as túas opinións, consultas ou suxestións, que a representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
GARCÍA ANGULO, MINIA | CABADO LOURÉS, ANXOS |
BALEA COTOS, MARTA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | OREIRO FORMOSO, JUAN |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | EIROA ROSADO, ELISA |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
