RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 27 DE DECEMBRO DO 2023
Como facemos habitualmente logo da cada reunión, informamos a continuación dos principais asuntos de interese para o PAS tratados na xuntanza do Consello de Goberno do pasado 27 de decembro. Nesta ocasión, aínda que tamén se debateron outros asuntos, o punto de maior relevancia foi, sen dúbida, a aprobación do proxecto de Orzamentos da USC para 2024.
Orzamentos
Como se recordará, a finais de novembro o Claustro xa aprobara as Liñas Xerais do Orzamento coa incorporación das emendas presentadas por CUPAS, que foran as únicas presentadas dende o ámbito do PAS. O acordo tomado agora polo Consello de Goberno vén a cumprir ese mandato das Liñas Xerais, incorporando no detalle dos Orzamentos para 2024 o importe das distintas partidas.
Confírmase así que as partidas destinadas a desenvolver e cumprir os acordos e plans relativos ao persoal (PAS, PDI e persoal investigador) incrementarán a súa suficiencia, pasando a súa contía de 1.800.000 €, como se propuña en novembro, a ter un importe conxunto de 2.250.000 € no orzamento definitivamente aprobado agora polo Consello de Goberno.
Tamén se confirma o mandato aprobado polo Claustro, a instancia das emendas de CUPAS, en relación coa continuidade no desenvolvemento da Carreira horizontal e a revisión e mellora da RPT; así como o compromiso dunha oferta programada de promoción interna independente, a incluír na planificación 2023-2026.
No orzamento para 2024, aprobado agora polo Consello de Goberno, tamén se incorpora a solicitude de CUPAS respecto aos dereitos adquiridos polo persoal da USC en materia de acción social (matrículas, plan de pensións, etc). Confirmándose expresamente que os compromisos nesta materia, acadados na negociación sindical coa USC, se asumirán cos fondos necesarios que garantan a súa suficiencia.
Outros asuntos
Nesta reunión do 27 de decembro, o Consello de Goberno tamén aprobou entre outros asuntos a creación de dous novos institutos de investigación da USC e o Calendario de Planificación académica anual 2024; así como a modificación do Regulamento de indemnizacións por razón do servizo (mantenza e aloxamento) ou a creación da Sección deportiva da USC.
Finalmente tamén se aprobaron outras cuestións como a Reposición de prazas vacantes de profesorado contratado, unha longa lista de modificacións nas memorias de Grao e Máster ou a modificación do Regulamento de estudos propios.
Sobre calquera destes asuntos podes facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións. A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | CABADO LOURÉS, ANXOS |
GARCÍA ANGULO, MINIA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
BALEA COTOS, MARTA | OREIRO FORMOSO, JUAN |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | EIROA ROSADO, ELISA |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | TABERNERO DUQUE, FERNANDO |
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
