INFORMACIÓN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 25 DE SETEMBRO DO 2024

Informamos a continuación, sendo fieis ao noso compromiso, dos asuntos de maior interese para o persoal tratados na reunión do Consello de Goberno deste mércores, 25 de setembro.

Con respecto aos temas máis directamente relacionados co PAS (agora PTXAS) o máis salientable era o da modificación da RPT que afectaba ao Servizo de Deportes e ao Parque móbil, que contaba coa conformidade do comité intercentros e resultou aprobada con un voto en contra e o resto a favor.

En Deportes, créase un posto de Técnico/a Superior de Actividades Deportivas e suprímense dous postos que estaban sen cubrir de Técnico Especialista.

En canto ao Parque Móbil, o cambio vén a afianzar a existencia do posto de traballo de Condutor no campus de Lugo, que ata agora tiña como misión facer de condutor/a do vicerreitor e agora transportará aos alumnos de prácticas, polo que pasa a posto singularizado con xornada irregular e con requirimento de Permiso para vehículos de máis de 8 pasaxeiros.

Esta xuntanza, que era a primeira do Consello de Goberno neste novo curso académico 2024-2025 serviu tamén para dar conta, entre outras, das seguintes cuestións:

  • O Reitor informou sobre as condicións nas que se vai financiar o Campus da Saúde, aclarando dúbidas sobre a cuestión.
  • Tamén informou o Reitor, a petición de CUPAS, sobre o inminente proceso para a elaboración dos novos estatutos, que vén esixido pola entrada en vigor o pasado mes de marzo da nova Lei Orgánica do Sistema Universitario (LOSU)

Noutros puntos da orde do día tratáronse cuestións relativas á creación de cátedras institucionais, planificación e prazas de PDI e algunha cuestión de organización académica.

Recordamos, por se nos queres facer chegar as túas opinións, consultas ou suxestións, que a representación de CUPAS no Claustro está formada polas seguintes persoas:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
DÍAZ PÉREZ, JOSÉCABADO LOURÉS, ANXOS
GARCÍA ANGULO, MINIAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
BALEA COTOS, MARTAOREIRO FORMOSO, JUAN
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINEIROA ROSADO, ELISA
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAFARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME
PÉREZ TRIGO, ELISEOTABERNERO DUQUE, FERNANDO
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR