INFORMACIÓN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 11 DE MARZO DO 2025
Unha vez máis, logo dunha nova reunión do Consello de Goberno, os representantes do persoal agrupados en CUPAS, queremos trasladar a información máis salientable sobre os asuntos tratados na xuntanza, celebrada este martes 11 de marzo.
Oferta Pública de emprego 2025
Un dos puntos mais relevantes para o persoal era sen dúbida a aprobación da Oferta de Emprego Publico (OPE) do PAS para 2025 que chegaba ao Consello de goberno para a súa aprobación definitiva logo de ter sido negociada e acordada na Mesa de PAS. O voto de CUPAS foi favorable, e a OPE 2025 para o PAS foi aprobada polo Consello de Goberno con un único voto en contra.
Ao igual que nos últimos cinco anos, a OPE de 2025 inclúe unha importante oferta de promoción interna independente. Continuase así o camiño aberto pola aprobación das emendas de CUPAS aos orzamentos da USC destes anos, que viñeron a consolidar a existencia dunhas posibilidades reais de promoción para o PAS da USC, tanto laboral como funcionario. Posibilidades practicamente inexistentes antes desa data; e que coas acordadas agora xa fan un total de 325 prazas de promoción interna independente, ofertadas dende 2020.
Así, segundo o acordo do Consello de Goberno que agora deberá ser publicado no DOG, este ano ofertaranse por esta vía da promoción interna independente (sen cambio de posto) un total de 48 novas prazas, das cales 27 son para a promoción de distintas categorías de persoal laboral e outras 21 de promoción de persoal funcionario.
Da OPE deste ano 2025 tamén hai que destacar que permitirá a realización de novas convocatorias de concurso-oposición para un total de 47 prazas de acceso libre para distintas escalas e categorías, 36 delas para persoal funcionario e 11 de persoal laboral. Por parte de CUPAS consideramos que a universidade podería ter feito un maior esforzo, que fose máis al do 90% da taxa de reposición que representan estas 47 prazas a ofertar por acceso libre.
Planificación PDI 2025
Dos 33 puntos da orde do día desta xuntanza, seguramente o que concitou un maior debate foi a Planificación de PDI 2025 que tamén fora negociada e acordada coa representación sindical na Mesa de PDI. O Vicerreitor de profesorado destacou a contratación de Profesorado Axudante Doutor (34 prazas) en áreas avellentadas con previsión de déficit estrutural a cinco anos.
Tamén destaca a creación de 59 prazas de Profesorado Permanente Laboral, para a estabilización de Profesorado Axudante Doutor. Créanse tamén 57 prazas de Profesor Titular, por transformación doutras tantas prazas de profesor permanente; así como 48 prazas de promoción a Catedrático.
Outros asuntos
En relación tamén co PAS, nesta xuntanza do Consello de Goberno tamén se aprobou a modificación do Acordo de flexibilidade horaria que fora acordada previamente por unanimidade na Mesa de PAS e que vén a actualizar e mellorar algún dos seus contidos.
Neste Consello de Goberno tamén se aprobou o calendario académico para o curso 2025-2026, que queda como sigue:

Tal e como foi difundido pola Secretaria Xeral a toda a Comunidade universitaria, nesta xuntanza tratouse un amplo abano se puntos (33) na orde do día. Sobre calquera deles podes facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións. A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | CABADO LOURÉS, ANXOS |
GARCÍA ANGULO, MINIA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
BALEA COTOS, MARTA | OREIRO FORMOSO, JUAN |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | EIROA ROSADO, ELISA |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | TABERNERO DUQUE, FERNANDO |
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
