RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 23 DE FEBREIRO DO 2023
O CONSELLO DE GOBERNO APROBA O CALENDARIO ACADÉMICO PARA O PRÓXIMO CURSO 2023-2024
Onte tivo lugar o segundo Consello de Goberno do ano, no que se trouxo para a súa aprobación o calendario académico do curso 2023-2024, a Oferta de Emprego Público de PDI de 2023, , actualización da táboa de asignación de complementos por mérito docente, así como outros regulamentos que afectan a distintas áreas da universidade.
Hai que resaltar en relación ao PAS que, a colación da aprobación da Planificación en materia de PDI, o Reitor tamén avanzou que se ía traer ao Consello de Goberno a planificación en materia de PAS, tal e como se acordara, por certo, a proposta dunha emenda de CUPAS na reunión do Claustro do pasado mes de decembro.
Cómpre destacar a aprobación de Regulamentos, como o de Publicidade Institucional Activa (o que vén crear un Diario Oficial da USC), Modificación do Regulamento de transformación Dixital, administración electrónica e desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación da USC.
O Consello de goberno tamén aprobou o novo regulamento da Escola Infantil Breogán e o de planificación académica; así como o que trouxo máis debate, o referido ás modalidades híbrida e virtual nas Titulacións de grao e mestrado universitario na USC. Este último regulamento abriu o debate sobre a necesidade de definir a estratexia da Universidade de cara ao futuro, deixando o equipo de goberno clara a súa postura en canto á docencia presencial.
O reitor avanzou a vindeira aprobación da LOSU, a cal implicará a necesaria modificación dos Estatutos da Universidade, na cal amosou intención de que sexa efectuada de xeito áxil.
O xerente tamén informou ao Consello de Goberno da presentación por parte dos sindicatos CC.OO, CIG, UGT e CSIF dos preavisos para as eleccións sindicais o próximo 9 de maio en todos os sectores de persoal da USC, sendo a constitución das distintas mesas electorais o 9 de marzo.
A representación de CUPAS no Claustro está formada actualmente polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións, consultas ou suxestións:
CAMPUS DE LUGO
TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE |
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER |
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA |
CAMPUS DE SANTIAGO
LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUAN | ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR |
DÍAZ PÉREZ, JOSÉ | MARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA |
GARCÍA ANGULO, MINIA | CABADO LOURÉS, ANXOS |
BALEA COTOS, MARTA | PAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ |
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTIN | OREIRO FORMOSO, JUAN |
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENA | EIROA ROSADO, ELISA |
PÉREZ TRIGO, ELISEO | FARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME |
