RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 28 DE ABRIL DO 2023

Informamos a continuación a todo o persoal, como vén sendo habitual despois de cada reunión, dos temas máis relevantes tratados na xuntanza do Consello de Goberno da semana pasada na que participamos as tres persoas de CUPAS que representamos ao PAS neste órgano da universidade.

Como posiblemente se recordará, na anterior reunión do Consello de Goberno quedara sen aprobar a composición da Comisión de atención a situacións de acoso sexual, acoso por razón de sexo, orientación sexual e identidade de xénero, polo feito de que na proposta inicial, tal e como sinalamos dende CUPAS, non figuraba ningún membro do PAS.

Na xuntanza deste venres 28 de abril, rectificouse esta cuestión aprobándose por unanimidade a nova composición da devandita comisión na que se integra como PAS Ángeles Sandar, do Servicio de Vixilancia da Saúde, con destino no Campus de Lugo.

Dado que esta xuntanza do Consello de Goberno, en relación a outras veces, foi moi lixeira de puntos, só compre facer mención a unha modificación da RPT de PAS, que afecta á Área de infraestruturas. Tamén se aprobou un crédito extraordinario para atender a necesidades urxentes de persoas da comunidade universitaria que se atopen nunha excepcional situación de vulnerabilidade. Outro dos asuntos que se aprobaron foi tamén a adaptación do Protocolo sobre o uso de instalacións de videovixiancia na USC á normativa vixente.

Sinalar tamén que na Rolda aberta de intervencións plantexouse a preocupación por parte dos centros de cara ás prácticas externas, así como volveu a ser tratada a necesidade de modificación dos Estatutos e da normativa correspondente aos contratos derivados do artigo 83 da LOU.

Expuxo o xerente, entendendo que afecta á maioría dos alí presentes, a sentenza que afecta ás oposicións da escala auxiliar C2, aclarando que esta nova situación vai adiar máis do desexado a toma de posesión dos novos funcionarios de carreira, que se agarda para o 1 de outubro.

A nova representación de CUPAS no Claustro está composta polas seguintes persoas, ás que te podes dirixir para facernos chegar as túas opinións consultas e suxestións:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
BALEA COTOS, MARTAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINOREIRO FORMOSO, JUAN
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAEIROA ROSADO, ELISA
PÉREZ TRIGO, ELISEOFARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME