RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 31 DE MAIO DO 2023

Informamos a continuación a todo o persoal do tratado na reunión mensual do Consello de Goberno celebrada este mércores, na que participamos as tres persoas da candidatura CUPAS que representamos ao PAS da USC no Consello de Goberno. 

A esta xuntanza trouxéronse, como noutras reunións, algúns asuntos de trámite que se refiren a estudos oficiais e propios, así como modificacións orzamentarias ou convenios.

Cabe salientar tamén a aprobación de dúas novas regulacións:

  • Regulamento sobre o Sistema Interno de Información, co que se pretende acompañar e completar no noso ámbito a normativa europea sobre a materia,  de xeito que se protexa a confidencialidade e a garantía de quen informe sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
  • Regulamento sobre o Parque móbil, acompañado da aprobación das tarifas correspondentes

Pero o máis salientable, sobre todo polas consecuencias que ten, non só para a Universidade, senón para a cidade de Santiago, é a comunicación do reitor sobre o principio de acordo para a execución definitiva da venda do edificio de Galeras (antigo Hospital). O que pode dar por finalizado o proceso na vía xudicial, e rematar con máis de un lustro de espera para a finalización desta operación.

Recordamos, por se nos queres facer chegar as túas opinións, consultas ou suxestións, que a representación de CUPAS no Claustro está formada polas seguintes persoas:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR
DÍAZ PÉREZ, JOSÉMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
GARCÍA ANGULO, MINIACABADO LOURÉS, ANXOS
BALEA COTOS, MARTAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINOREIRO FORMOSO, JUAN
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAEIROA ROSADO, ELISA
PÉREZ TRIGO, ELISEOFARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME