RESUMEN DA REUNIÓN DO CONSELLO DE GOBERNO DO 23 DE FEBREIRO DO 2024

Como vimos facendo habitualmente despois de cada xuntanza, informamos a continuación da intervencións de CUPAS e dos demais asuntos de maior interese para o persoal tratados na reunión do Consello de Goberno, do pasado venres 23 de febreiro.

Os puntos da orde do día que concitaron maior atención nesta sesión foron sen dubida os relativos á Planificación e a OPE de PDI para 2024, así como a aprobación do calendario académico para o curso 2024-2025. Dende CUPAS aproveitamos o punto de Planificación de PDI 2024 para traer a colación que aínda non teñamos Plan de PAS, pese a que xa en decembro de 2022 se aprobou no Claustro unha emenda nosa que comprometía á USC a elaborar en tres meses un Plan para o PAS 2023-26.

Expuxemos no consello de goberno as dilacións que se nos foron dando dende entón, ata que na Mesa de PAS de novembro se presentou un borrador por parte da Xerencia e unha proposta de actuacións por parte de CC.OO; acordándose a creación dun Grupo de Traballo, do que seguimos agardando pola 1ª reunión. Terminamos a intervención apoiando a proposta de Planificación de PDI 2024, e co rogo de que se convoque ao Grupo de traballo ou á Mesa de PAS, para contar tamén con unha planificación de PAS e avanzar na súa implementación.

En nome do equipo de goberno, o xerente respondeunos a CUPAS recoñecendo o retraso no Plan de PAS, alegando unha “carga brutal de traballo nos últimos meses” e escusándose en que un sindicato non designou ata febreiro os seus representantes no grupo de traballo. Finalmente comprometeuse a convocar unha xuntanza do grupo a próxima semana.

O xerente tamén asegurou posteriormente, no seu informe, que a sentenza do TXUE dada a coñecer estes días sobre o abuso de temporalidade na administración pública, non tiña afectación ningunha na USC e reiterou que a final de ano a temporalidade ía a estar por debaixo do 8%; felicitándose do éxito dos procesos de estabilización levados a cabo na USC e agradecendo o traballo das organizacións sindicais.

Tamén deu conta o xerente da creación dun grupo de traballo na Facultade de Dereito, acordado no Claustro, sobre as cargas de traballo e necesidades estruturais.

En canto á planificación de PDI, o Vicerreitor de profesorado destacou a contratación de profesorado axudante doutor (53 prazas) en áreas avellentadas con previsión de déficit estrutural a cinco anos. Tamén destaca a transformación en indefinidas de 192 prazas asociados, de acordo coa nova LOSU. Créanse tamén 19 prazas de profesores titulares e 60 de Profesorado permanente laboral. En canto a promocións destacan as 43 prazas de catedrático.

Neste Consello de Goberno tamén se aprobou o calendario académico para o curso 2024-2025:

Noutra orde de cousas, nesta xuntanza completouse a liquidación definitiva de UNIXEST, e aprobáronse distintos asuntos como cátedras institucionais, modificacións de regulamentos, etc. O Reitor no seu informe tamén deu conta da posta en marcha do grupo de traballo sobre o novo Plan Estratéxico da USC, avanzando a previsión de que se presente no próximo Claustro e que dará lugar a un proceso participativo.

Recordamos, por se nos queres facer chegar as túas opinións, consultas ou suxestións, que a representación de CUPAS no Claustro está formada polas seguintes persoas:

CAMPUS DE LUGO

TACÓN FERNÁNDEZ, ENRIQUE
RODRÍGUEZ NUÑEZ, JAVIER
PIÑEIRO GÓMEZ, VERÓNICA

CAMPUS DE SANTIAGO

LAMAS ALVARIÑO, JESÚS JUANMARTÍNEZ MAQUIEIRA, ALEJANDRA
DÍAZ PÉREZ, JOSÉCABADO LOURÉS, ANXOS
GARCÍA ANGULO, MINIAPAZOS GULDRÍS, M. JOSÉ
BALEA COTOS, MARTAOREIRO FORMOSO, JUAN
CACHEIRO MARTÍNEZ, MARTINEIROA ROSADO, ELISA
VÁZQUEZ MARTÍNEZ, ELENAFARIÑA FERNÁNDEZ ,JAIME
PÉREZ TRIGO, ELISEOTABERNERO DUQUE, FERNANDO
ALONSO MOUGAN, ANA M. PILAR